Bateas de peixes, o futuro inmediato?
Batea de peixes do Instituto Galego de Acuicultura ( Igafa ) O plan de ordenación dos cultivos mariños , plasmado polo momento nun proxecto de liñas xerais, aposta polo impulso de especies diferentes do mexillón e da ostra, algunhas delas con viabilidade probada. Segundo apunta o documento, en Galicia existen 3.362 bateas dedicadas ao cultivo de mexillón, 101 á ostra, 75 centradas en policultivos e outras 193 instalacións experimentais de moluscos, crustáceos e peixes (polbo, navalla, ollomol, algas, ameixas...). Entre as plataformas experimentais, por certo, figuran tamén as bateas de reparqueo de mexillón, pensadas para aquelas zonas con risco alto de mareas vermellas, que precisan un lugar ao que trasladar o produto cando pechan os polígonos. Actualmente funcionan con éxito nas rías de Arousa e de Vigo. Tendo en conta a aposta do goberno Feijóo pola piscicultura –e cuxo máximo expoñente é a recuperación do polémico proxecto de Pescanova en Touriñán- é de esperar que a política para...