Descontento coa proxección mediática
[Redacción] Ningunha das enquisas realizadas ata o momento foi tan rotunda coma esta, sobre a representación da Arousa nos medios de comunicación. O 95% dos participantes están descontentos coa imaxe do pobo arousán que reflicten os medios de comunicación. Temporais, sucesos, narcotráfico e campañas marisqueiras adoitan ser os temas recorrentes nos que aparece enmarcada a ínsula, cando é noticia nos grandes medios. As delegacións locais da prensa galega, con sede central en Vilagarcía, adoitan cubrir un rango de temas máis variado e cercano ás necesidades dos veciños, pero aínda así, contemplan a comarca enteira, coa Arousa incluída, dende a lonxanía, como se se tratase da periferia da “Vila”. Por outra banda, non é raro que moitas das reportaxes referidas á Arousa deixen un pouso de prexuízos, que se moven entre a fascinación antropolóxica, a condescendencia e o descoñecemento. Nalgunha ocasión, xa temos falado aquí da visión mediática ( Cen por cen illa ; caso Willisch ) e, na mes...