[Susi Rial] Continuas subas, prohibicións cada vez máis estritas de fumar en lugares públicos... as continuas medidas do goberno relacionadas co tabaco están creando un cerco ó fumador, que cada vez ten que agudizar máis a imaxinación para gozar dun cigarro. O feito de que calquera paquete de tabaco, incluso as marcas clasicamente máis accesibles, acadasen altos prezos, fixo que na Illa cada vez sexa máis habitual que os fumadores se pasen ó tabaco de lear, máis económico, pero tamén con necesidade de accesorios "extra", como filtros, papel e ata un sofisticado aparello que axuda a facer o cigarro de maneira perfecta en apenas uns segundos. A nova lei antitabaco prohibirá fumar en calquera lugar público, incluído bares de tódolos tamaños, a partir do 1 de xaneiro, aínda que estará permitido na noite de fin de ano. Serán as últimas festas de Nadal nas que se fume nos bares. A partir de aí, os cafés, as partidas de cartas e os "cubatas" nos bares e cafeterías, non poderán ser compartidos co pracer dun cigarro. Na Illa, a primeira gran proba chegará o día do Patrón, pero todo indica que haberá que fumar o puro no traxecto dun bar a outro. Por se todo isto fose pouco, o goberno anunciou a semana pasada unha nova suba do tabaco, unha media do 7,3%. As alternativas dos fumadores cada vez son menos. Dende aquí imos propoñer unha que, sen dúbida, non será a máis popular, pero... por que non deixar de fumar?
Buscar neste blog
10 de dec. de 2010
A Illa prepárase para vivir sen fume

Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
eu como fumador, estou dacordo coa prohibicion en lugares publicos , e sin duda estou dacordo coa ultima opcion, encantariame deixar de fumar, e se algunha de estas medidas directa ou indirectamente me empuxa a elo , pois perfecto.
ResponderEliminarpor certo, 3´75 un paquete de ducados rubio en maquina....
En canto o dos bares da illa, eu ainda non o teño moi claro, que polo menos , nos dias de festa non se fume en eles, a verdade e que non o vexo......pero bueno, esta ahi a volta da esquina, pronto sairemos de dudas.
saudos
Pois eu fumo, nunca me planteín deixalo e creo que o día que o faga será unha decisión propia miña, non me gusta que me empuxen a facelo. Máis do 70% da cajetilla son impostos asíque xa teño sufragados os costos sociais que se poidan producir en caso de que teña unha enfermidade derivada dél. E gústame como está ahora porque podo ir con máis xente a un bar de fumadores e non fumadores e poñernos a un lado ou a outro da mampara; fumar na rúa é tan inxusto como a xente que antes non fumaba e tiña que chupar fume en todas partes, nas tendas, nos trens, nos bares, pero ahora podemos escoller. Limitalo ó uso doméstico parece esaxerado. Que pasaría se isto pasase por exemplo con algo máis arraigado coma o alcohol? Tería o mesmo sentido porque tamén é un producto tóxico que causa moitas mortes, problemas e xera custo social a maso, sobre todo nas mortes produsidas en accidentes.
ResponderEliminara diferencia entre o alcohol , e que si bebe o que esta o teu lado a ti non che fai mal, en cambio o fume do tabaco esta demostrado que e moi malo para a saude......asi que como fumadores, os fumes para nos.
ResponderEliminarsaudos
Que vá un que bebe un par de copas non lle fai mal a nadie ese non é un problema sosial, non hai enfermidades nen accidentes nen familias estrajadas polo alcohol.
ResponderEliminarNon estou de acuerdo en que haxa fumadores pasivos pareseme moi inxusto que a xente teña que chupar o meu fume e que se fume diante dos nenos pero creo que o que se está facendo tamén é moi radical.
Hai unha diferensia abismal entre o porsentaje de impuestos que soporta unha cajetilla comparado có de outros productos similares e non me parese moi xusto ter que salir ó frío a fumar o pitillo e na porta tamén somos moitos.
É obvio que fumaremos menos e nos acabaremos acostumbrando pero os resultados veránse na sijiente jenerasión, si realmente as medidas teñen éxito a xente olvidarase do tabaco.
más o menos nº3, siempre, claro está, que el borracho no coja el coche. En este caso las diferencias se multiplicarian, pero a la inversa: tanto por el probable riesgo de accidente inminente como por el humo tóxico que también desprenden los vehículos. En fin, salud para todos
ResponderEliminarA todo o dito habería que engadir o que xa todos temos comentado algunha vez, que existe moita hipocresía gubernamental: increméntanse os impostos, recáudase máis, pagan gran parte do buraco do déficit os fumadores, xógase ca excusa da saude..., pero non se da o paso da prohibición total.
ResponderEliminarNon, porque lles é moi rentable, mira si o é que dá pra gastar millóns en campañas antitabaco e inda sobran beneficios a saco
ResponderEliminarEu non son fumador, gustame tomar un cubata de vez en cando ou unha birra, é que suban os impostos do alcol e do tabaco dentro do malo, vexoo mellor que o fagan cos carburantes algo que o teño que comprar si ou si, para ir o mar, o para usar o coche. A gasolina esta a punto de chegar o seu prezo máximo historico, nese momento o barril estaba a 147 $ americanos, agora esta a 91 $. Asannos vivos, non sei onde estan os tirbunais de defensa da competencia ou seo estado esta levando toda a tallada. Que suban os vicios podese criticar pero e un luxo, nembargantes hai cousas básicas cas que non se debia xogar, xa que nos afectan a todos e tanto imposto por todos lados esta facendo que a xente non teña un can, os comercios de todalas clases non venden, cerren, boten xente o paro, xente que hai que pagar subindo mais impostos, etc etc etc. A verdade e que vexo a cousa moi jodida
ResponderEliminarQuizais dicir que o tabaco e o alcol son luxos non fose o adxectivo mais acertado, pero con eso quero dicir que son "vicios" dos que en maior ou menor medida, podemos prescindir.
ResponderEliminar