Buscar neste blog

6 de dec. de 2010

De cando a roupa se botaba ao clareo

O  río da Abilleira

[María García] Os maiores de 40 anos acordaranse de que non sempre se lavou a roupa na lavadora. Antes de que este bendito aparello entrara nas nosas casas, eran as mulleres as que ían ó río a lavar a roupa; non é que foran a un río a lavar, é que así se lles chamaba ós puntos onde había lavadoiros con pozo. Nos lavadoiros xuntábanse a diario moitas mulleres, así que había que madrugar para coller sitio. As que chegaban máis tarde tiñan que esperar a que algunha madrugadora acabara de lavar. Era o lugar de rexouba por excelencia; as mulleres non ían ás cafeterías, non ían andar, pero no río tamén se fasía “vida social”.

A roupa branca botábase ó “clareo”. Isto é algo que me gustaría explicar por se alguén non sabe de que vai a cousa: despois de lavada, a roupa enxaboábase e estirábase ben nun campo de herba. Deixábase desde a mañán ata a tarde, pero non se podía deixar que secara, así que había que mollala de vez en cando.
Era costume deixar una bañeira con auga ó lado da roupa, así, a que ía botarlle auga á súa roupa botáballe tamén a toda a que había no mesmo campo. Despois de recollida, lavábase en abundante auga e xa estaba lista para tender. Todo un proceso para que a roupa quedara coma a patena. Logo as sabas cheiraban a campo, un cheiro inesquecible.

2 comentarios:

  1. jose luis cores otero07/12/10, 20:15

    Ee que vivia en bouzas tiña que ir todos os dias o rio da abilleira pa encher a balda, abia veces que iba tan jorado que collia das bañeiras que tiñan a auga pa botarlle a roupa e auga esta choca.

    ResponderEliminar
  2. Eu teñoo oído pero non sabía que era así, que guay, eso do cheiro a campo vende máis que o anunsio de mimosín, jeje, justaríame habelo probado, tiña que ser un justaso meterse nas sábanas despois. Eso sí eu recordo unha vella que fasía trinta anos que non lavaba no río pero inda tiña o callo nas rodillas, eso tiña que ser moito...

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.