Buscar neste blog

17 de mar. de 2009

Talasonimia da Arousa



[Redacción. 17/03/09] 17/03/09 Aquí presentamos, por orde alfabética, a listaxe provisional e en construción permanente dos talasónimos da illa de Arousa. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas para completar a listaxe a través dos comentarios.

A
-Abilleira: praia. Tamén existe "Abilleira pequena".
-Aguiuncho: praia. O nome provén de aguia
-Aguillón, punta
-Alcansón grande: fálase de "pedras do Alcansón".
-Alcansón pequeno
-Area da Secada: (imaxe) praia do norte da illa
-Areoso: (imaxe) illote constituído maioritariamente de area, que pertence ao termo municipal da Illa de Arousa. Nel atopáronse restos megalíticos.
-Arnela, punta: do latín, arenella. Denomínase así as praias situadas na desembodura dun río ou regato
-Arruda, punta



B
-Bao (ou Vao?)
-Banqueira
, punta
-Barbafeita, punta

C
-Camallón: laxes de Camallón
-Cabalo, punta: tamén existe este topónimo en Cíes
-Cabodeiro
-Camaxe
-Camaxiñas

-Campelo, punta
-Canteira, A: (imaxe)
-Comboa: vén de camboa?
-Castelo (punta)
-Con Serrado (punta)
-Con da abella
-Con da bicicleta
-Con da gralleira
 -Con da ovella
-Con de Tres Pés (imaxe)
-Con Caghado ou Con de mesa. Rocha situada ao suroeste da illa. Recibe este nome pola súa ubicación, en soidade no medio do mar, e pola súa forma, plana e rectangular. Ten unha ampla extensión, 20 metros aproximadamente. Visible aínda coa marea chea.
-Con das camas: formación rochosa ubicada na Salga, chamada así porque os cons presentan grandes pías de orixe natural.
-Con do Chinchorreiro 
-Con de Navío
-Conchoa (A): pedra da zona do Campelo.
-Corveiro (O): illote rochoso situado ao sur do Areoso. A denominación fai referencia aos corvos mariños presentes no lugar.
-Cova (A): praia
-Cuña (A): rocha no sur leste do illote Areoso.

D

-Dente de can:
pedra ao sur de Carreirón, que pola súa forma pode lembrar a un canino. Coñecida polos mariñeiros, á rente hai un carreiro para pasar as embarcacións menores.


E
-Espiñeiro
-Espiños

G
-Galiñeiro (illote)
-Gradín: praia
-Golfeiras de Barbafeita

L

-Lagartiño:
praia situada entre o porto do Chufre e a praia do Aguiuncho. Posúe un manancial de auga que flúe de entre as pedras.
-Lavanqueira: praia
-Laxe do chan: pedra somerxida de amplas dimensións, situada entre o illote Areoso e a praia de Gradín. É perigosa para a navegación mesmo con media marea. Se unha persoa sube enriba dela, quedará con medio corpo mergullado e outro medio na superficie, producindo a impresión de que acala, estando no medio do mar.
-Lombeira (punta)
-Loba (A):
masa rochosa mergullada, situada ao suroeste do illote Areoso. Tamén denominados baixos da Loba.



M
-Mallón
-Milhomes

N
-Naval
-Niño do Corvo (punta)
-Nazo (O)


O
-Ouriceira (punta):
saínte rochoso situado entre as praias do Mallón e de Gradín, no Oeste da Arousa.

P

-Peteiruda: puntal rochoso situado a continuación do campo de Gradín. A denominación provén de "peteiro", que fai referencia á forma na que están dispostas as pedras no mar, en punta.
-Pedras do Sal
-Pedras de Polbar
-Peirán:
masa rochosa que fai de embarcadoiro, situada na praia de Riasón.
-Peirao dos carcamáns: (imaxe) puntal rochoso na banda oeste da praia do Lagartiño. Constitúe un abrigo natural para as embarcacións, e recibe este nome porque probablemente foi usado polos carcamáns que traficaban nas augas da Arousa no século XIX.
-Petón: pequena rocha no noroeste do Areoso.
-Pombiña, enseada: entrante de mar na terra situado no norte da Arousa, entre a punta de Barbafeita e a punta Cabalo. Tamén hai unha praia na mesma zona que recibe o nome da Pombiña, entre a praia da Area da Secada e de Sualaxe.
-Praia de Dona Anita
-Praia do arroás:
pequena cala rochosa situada entre o Naval e o Campelo.
-Praia do peixe

-Porto das mulleres: abrigo natural situado no parque de Carreirón, contra o Oeste, preto da punta Castelo.
-Portiño (O)
-Poza do sal

Q
-Quilma, punta

R
-Revello, punta
-Riazón (
imaxe) : praia. O nome provén do latín rivaceolum, co significado de pequeno regato. Na Arousa, denominado Riasón
-Ribeira do Chazo
-Roncadeiras
-Ruvas

S
-Salga (puntal)
-Salinas (punta)
-Sapeira
-Semuiño: (
imaxe) praia
-Serradela (A):
pedra situada no leste do illote Areoso.
-Sinal de Xestas (O): coñecido tamén como "con do tubo".
-Sualaxe, praia
-Sucavirto

T
-Tarais
-Testos (punta)
-Tousa :
do latín tautia, en galego touza. Significa conxunto de rochas que quedan en seco na praia ao baixar a marea. Na illa hai, polo menos, dúas tousas, na praia de Gradín e en Concerrado.


X
-Xastelas
-Xidoiros: illote
-Ximeliño



32 comentarios:

  1. Últimas entradas na listaxe:
    A Loba (baixos rochosos) e Carcamáns (peirao natural).

    ResponderEliminar
  2. Eu coñezo As Lobas e a Lobeira, mais non a loba. Desculpa, acabo de ler o comentario e penso que é en plural, miaro ben. Por outra banda, nalgún post falas do traballo de Barborecha sobre a toponimia. Con todos os respectos case que non dá unha, ten o valor da iniciativa, mais sobre todo é errado e intuitivo, o que tamén é normal tendo en conta a escasa normalización e normativización da lingua que existia cando el o fixo que era un mozo. Pódesllo pedir a Juan Dopico no Concello que seguro que o ten, el é o auténtico arquiveiro da Arousa.

    ResponderEliminar
  3. Creo recordar ter visto o traballo do que falas nalgunha revista de Dorna, pode ser?... Si o lembro apuntareino. Ánimo.

    ResponderEliminar
  4. Penso que tiveches medo en empregar só peirao cando te refieres ó dos carcamáns. Eu así llo teño escoitado a un mariñeiro, que che podo asegurar que non era lusista. Haberia que confirmalo con mais xente, pero lembra que o topónimo peiran (non rematado en ao, iso é verdade) existe na Arousa, en Riasón, todo o mundo lle chama ó embarcadoiro daquelas rochas o peirán. Saúdos

    ResponderEliminar
  5. Pós Abilleira grande e pequena e non pos a Piteiruda, non te bañastes nunca por alí? Pero vamos empezar por orde: Alcansón, tamén o hai grande e pequeno. O grande é o que está ó final de "obras de puerto" se mal non me lembro, confirmao.

    ResponderEliminar
  6. Que ben, cantas achegas novas! Ireinas engadindo todas estes días e completándoas cos datos novos que atope. Grazas.

    ResponderEliminar
  7. O Con do Chumbadero, no Peirán en Riasón. O Con da Bisicleta, xa non lembro onde era, que pouca memoria, pregúntallo a calquer mariñeiro que cho di. As Pedras de Polbar no oeste de Carreirón. A Serradela, no leste do Areoso. O Petón, pequena rocha no noroeste do Areoso. A Cuña, rocha no sur leste do Areoso. O Sinal de Xestas, coñecido temén como con do tubo. A Laxe do Chan, unha laxe que hai a medio camiño do areoso. A Conchoa, non che digo onde é, herdeina do meu abó, dá as mellores fanecas da ría, e moi pouca xente sabía as marcas, hoxe coas sondas cambiou todo, queda por fora do Campelo. O Corveiro, illote rochoso ó sur do areoso, o nome supoño que fai referencia ós corvos (mariños), sempre os ten enriba coas ás abertas a secárense. O Con da Escorregadoira ou Sualaxe, penso que é o mesmo, non o sei, é a laxe moi grande que hai entre o faro e a area da secada, ten unha gruta polo norte, frecuentábamola os domingos cando non íamos á misa.

    ResponderEliminar
  8. A carbonera e o muelle de pau

    ResponderEliminar
  9. Xa están incorporados na listaxe todos os talasónimos suxeridos (falta algún por confirmar) nos últimos comentarios. O seguinte paso será completar as definicións en engadir imaxes.

    ResponderEliminar
  10. Recordo que na escola fixéramos un traballo preguntándolle a nosos pais e abós dos nomes de cons e praias da Arusa. Xa fai moitos anos. Fora con Don José. Seguro que o conserva. Fala con el, ou que envie os datos, xa que penso que visita o blog.

    ResponderEliminar
  11. Nova incorporación: Con Caghado ou Con de Mesa.

    ResponderEliminar
  12. Vexo que falta O Barnal, castelanización de braña ou brañal. É a zona que está ao norte das Laxes

    ResponderEliminar
  13. Bandeira, Carballas e Vixía tamén faltan. Carballas está ao lado do Santo, A Vixía no camiño que vai do Santo a Testos e Bandeira por riba desta zona.

    ResponderEliminar
  14. Olá a tod@s. Moi bo o blog e a idea de recoller a talasonimia da Illa. Son de Rianxo e comenteille a uns amigos da Illa de Arousa o que estades a facer. Conectámonos a un ordenador e enseguida empezaron a citar sitios que non recolledes no listado. Como non os anotei, só vos podo dicir algúns dos que me acorda que dixeron: Dente de Can (unha pedra ao sur da Arousa), Praia do Arroás (que estaría frente da lonxa hacia poniente), Semuiño e Con Tellado (no sur da Illa, creo que na zona de Milhomes) e Suaigrexa (creo que decían que estaba ao lado da praia da Naval e que agora lle pasa por riba o paseo marítimo).
    Bueno, pois iso. Parabéns polo blog.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  15. Boa tarde Rianxeiro. Quería facerche unha pregunte. Nun post deste blog saleu a palabra "carcamán". Así é como nos chaman ós da Arousa, pero tamén hai un lugar no norte da Arousa que se chama peirao dos carcamáns. Eu enlazara todo esto co relato de Castelao "A cova dos carcamáns". Quería saber, xa que el era de Rianxo, si se conoce tal cova pola túa zona. Moitas Grazas.

    ResponderEliminar
  16. Boas a todos. Aquí de novo o de Rianxo. No que respecta ao que preguntas sobre A Cova dos Carcamáns, por Rianxo non se coñece ningún sitio con ese nome, nin os vellos acordan algo parecido. E é raro, porque Castelao nos seus contos de Retrincos e Cousas (onde aparece A Cova dos Carcamáns) parte de lugares e xentes do Rianxo da súa nenez e mocidade para tecer uns relatos emotivos nunha homenaxe marabillosa á súa vila.
    A única posibilidade (e nada científica) é o que contou hai un tempo un amigo meu de Rianxo (e que hai dous ou tres anos estivo temporalmente destinado coma profesor na Illa). Este amigo dicía que a súa aboa, ao enterarse de que ía dar aulas á Arousa, dixolle que ela só coñecía aos da Illa de, cando nova, vía como viñeran nunha ocasión á zona de Tanxil, Quenxo e Punta Fincheira,... para, xa non lembraba ben, se preguntar ou recoller os corpos duns afogados no mar, e que o efecto das mareas arrastraba ata Rianxo e que quedaran nunha cova costeira. E a frase foi "a cova onde apareceron os carcamáns". Pero, xa digo, non convence moito.
    O máis probable é que Castelao inventase o sitio butizándoo cun nome, carcamán, que de certo lle interesaba.
    Apertas desde a Banda do Mar.

    ResponderEliminar
  17. Moitas grazas. É verdade que os da Arousa sempre acudiron a recuperar corpos de afogados a tódolos lugares da Ría, fosen estes de onde fosen. Abandonaban o seu traballo e adicábanse á procura do cadáver ata que este aparecese. Eu lémbrome de pequeno cando acontecía unha desgraza, meu pai e tódolos mariñeiros da Arousa poñíanse a buscar. Hoxe afortunadamente estas cousas non son moi frecuentes, pero fai anos as embarcacións e os motores eran moi limitados e por desgraza acontecían amenudo, sobre todo no inverno.

    Sigue indagando na cova dos carcamáns. Estou convencido, sobre todo despois do que dis dos contos de Castelao, que ten que ver máis con Rianxo que coa Arousa. Saúde e terra.

    ResponderEliminar
  18. Outra cousa. A túa aboa tamén coñecería ós da Arousa polas festas da Guadalupe. De pequeno recordo que saían unha chea de barcos para a festa, tamén para a do Nazareno, para Ribeira. Onde houbese festa non podiamos faltar os da Arousa. E si ó final había catro hostias, pois mira, tamén animaban. Para que despois digan que os galegos son brandos. Somos xente brava. Todo esto é broma.

    ResponderEliminar
  19. Xa sei que o Nazareno é na Pobra. Digo Ribeira poque alí tamén íamos.

    ResponderEliminar
  20. "Oído cociña" Na Arousa, seguirei a ver se a alguén por Rianxo lle soa o da Cova do Carcamán. E no que respecta á Juadalupe, pois si que foron (e van) da Arousa, e moitos, e ben porque axudan a animar a festa coma o que máis. Agardo que os de Rianxo, como anfitrións, estemos á altura dos convidados.
    E, por último, e no referente ao comentario de Pepíño que pon o de "chinglán", pois o certo é que nós de pequenos (e teño agora 36 anos) diciamos moito o de "pareses un chinghlan da Arousa" cando queriamos amolar a alguén. Sen malicia, eh!, que os de Vilaxoán cando queren dicir que unha persoa é parva din "coma o Dios de Rianxo", ou sexa que hai para todos.
    Unha aperta e, de novo, parabéns polo blog.
    O rianxeiro.

    ResponderEliminar
  21. Sobre Chinglán e Rei Pedro. Tódolos pobos tiñan daquela un "parbo do pobo" co que se metía todo o mundo. Hoxe aínda temos na Arousa a Martínez. De cando era neno teño un recordo moi débil de Chinglán; pero coñecín ben a Rei Pedro que era o mellor mazador de polbos e cando os rapaces nos metíamos con el lanzábanos os maghorros. Chamábase Ramón e era unha boa persoa cun certo retraso intelectual.
    Pola contra, Martínez, antes de substituír a Rei Pedro, era moi intelixente cando non estaba bébedo. Non había quen lle gañara xogando ás damas.
    Son persoas que existiron, motivo das burlas de propios e estranos e que cumplían unha función moi importante antes do invento da televisión.

    ResponderEliminar
  22. As festas da Guadalupe eranche moi sonadas. Xa daquela o baile contaba nada máis e nada menos que con dúas orquestras. Segundo lembro, meu pai falábame de que o campo da festa era moi grande, e que acudía xente de toda a Ria. O grandioso non era só que houbese dúas orquestras, senón que cada unha contaba co seu palco, un frente do outro. Practicamente non había parada entre conxunto e conxunto, co cal, aqueles que gostaban de bailar cerca do escenario tiñan que andar vivos. Según parece, cando se producía o cambio de orquestra, había unhas carreiras que metía medo, e ó ser o campo tan grande chegaban abafados á outra banda. Nunha ocasión era tal o pique que cando a orquestra do palco de enfrente empezou a prepararse, a xente botou a correr xa, quedando a orquestra soa a tocar, polo que parou e non rematou o tema.

    ResponderEliminar
  23. Acho que há dois nomes de praias que não estão na lista e que acho têm o seu aquele. Uma é a do chaço. Um chaço é uma ferramenta que se usa para por os aros aos barris. Meu sogro, que é de Catoira, usa-o cada vez que arromba os bocois. Eu acho que na carpintaria de litoral também se usa, mas haveria que confirmar com o Cubano ou qualquer um carpinteiro da Arousa.
    Outro nome curioso é o da praia de Doña Teresita. Acho que era este o nome que se lhe dava a praia que está debaixo da casa da família Parada, no caminho que vai do dique do Campo ao Regueiro pela beira-mar.

    ResponderEliminar
  24. Por certo, quem seria esta Doña Teresita?

    ResponderEliminar
  25. Non era a praia de dona Anita?

    ResponderEliminar
  26. Pois seria. Já vou velho. Mas o nome é simpático igualmente. Obrigado.

    ResponderEliminar
  27. Esteve na Arousa e perguntei pela praia de Doña Anita e resulta que esta senhora existiu e não em tempos muito remotos. Tinha uma casa com jardim no solar que agora ocupa o prédio dos chamados "Pisos de Marcial". Suponho que a gente de certa idade conhecerá bem a história desta mulher.
    A da praia do Chaço, lembrei estando lá que em realidade denomina-se Ribeira do Chaço. Se Chaço é uma ferramenta de carpinteiros da ribeira, pois isso, que dois mais dois...

    ResponderEliminar
  28. Hola a tod@s,xa que temos talasonimia,fraseoloxía e diccionario de ausencias,porque non facedes un "algo" cos apodos? poderia ser moi interesente é divertido. Saudos.

    ResponderEliminar
  29. Hola a tod@s,xa que temos talasonimia,fraseoloxía e diccionario de ausencias,porque non facedes un "algo" cos apodos? poderia ser moi interesente é divertido. Saudos.

    ResponderEliminar
  30. Á caza de talasónimos polos mares de Baiona

    http://www.vieiros.com/nova/76037/a-caza-de-talasonimos-polos-mares-de-baiona

    ResponderEliminar
  31. Talasonimia: completada a definición de Laxe do Chan.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.