A "rambla", un dos poucos comercios de alimentación independentes que quedan
Todos os comercios tradicionais de alimentación que existían na illa desapareceron. Xa non queda ningunha tenda con mostrador, na que mercar en confianza os recados miúdos e de última hora. A última en pechar foi “a de Barral”, nas Laxes, e antes xubilaron “a de José de Elisa”, “a de Marujita”, “a do Sr. Viana”...
Os únicos comercios de propiedade familiar que sobreviven son o Autoservicio Esperanza, coñecido popularmente como “a rambla” ou “a de José”, e mais El Súper, ambos os dous cun formato comercial de libre servizo que supuxo, no seu día, unha renovación do comercio local. No camiño tamén quedaron outros supermercados de plantexamento similar, como o Vivó (antes o “Economato”) ou o Spar.
Non debe ser fácil resistir fronte ás grandes cadeas de distribución alimentaria establecidas na Illa, como o Froiz, o Día, o Claudio e o Touriño. Pero a estes tamén lles plantou cara, hai un par de anos, un peixe máis gordo, o mega Eroski situado no Terrón, á saída da ponte. Estes establecementos teñen un maior surtido e un equipamento comercial que facilita a compra, pero nin hai tendeiro co que falar, nin se fía.

Aínda me acordo eu de cando iba comprar vinte pesos de chuches á de Marujita! Que tempos aqueles! ^^
ResponderEliminarE ó vir da guarde ir hasta ó Super a comprar un paquete dos que teñen na mais entrar ^^
Bueno, eso inda o fagho cando vou buscar a meu irman á guarde, pero non é o mismo :(
Vinte pesos... Non está nada mal, Modesto! eu acórdome cando pasaba o domingo con sinco, pero debe ser que teño máis anos :)
ResponderEliminarEU DEBO ESTAR NO MEDIO PORQUE EU ERA DAS DE 50 PESETAS, 10 PESOS POS QUE SOLO RECORDAN O EURO...AII...CANTO TEMPIÑO!!!
ResponderEliminarQuedouche atras a tienda de Juansuco, nas Laxes, que ainda esta aberta, e leba ai mais de 45 anos.
ResponderEliminar