Buscar neste blog

24 de xuño de 2010

Arquitectura de vangarda da Illa de Arousa


[Susi Rial] Os seus teitos nin son triangulares nin teñen tellas. Non están construídas de ladrillo nin están revestidas coa pedra convencional. Sinxelamente, son casas que nada teñen que ver coas que habitualmente viñan enchendo os escenarios da Illa. A construción dunha casa case sempre supón a inversión máis importante da vida e este pode ser un dos motivos polo que incluír innovacións no seu deseño, adoita ser unha decisión difícil de determinar. As casas como estas defínense polo seu deseño minimalista e o seu gran sentido da funcionalidade. Un dos precursores deste estilo foi o arquitecto Walter Gropius, fundador da escola Bauhaus en 1919. Os arquitectos da Bauhaus utilizaban como principais materiais o formigón, o vidro e o aceiro e nos seus deseños predominaban as formas simples e as liñas rectas nos edificios. Pero a Illa non só conta con deseños innovadores nas casas de particulares. Nos últimos anos vén sendo toda unha referencia na arquitectura debido á construción de edificios como os do Concello e o Auditorio multiusos, obra do premiado arquitecto Manuel Gallego Jorreto.

31 comentarios:

  1. Creo que as cubertas planas estan prohibidas no pxom, por eso que estes tellados non se poden facer. Porque hai xente que os pode facer no sei pero do primeiro eso teño entendido.
    Falando da estetica, a min parecenme horribles, pero para gustos pintanse colores.

    ResponderEliminar
  2. O que debería estar prohibido é o encefalograma plano dalgúns.

    ResponderEliminar
  3. A oscura historia da Bauhaus na Alemania nazi.

    http://www.coagpontevedra.es/?p=2782

    ResponderEliminar
  4. Espero que o do encefalograma plano non sea polo meu comentario.

    ResponderEliminar
  5. eu diría que sí, non sei se están prohibidos ou non pero parece unha chorrada non poder poñer tellados planos; non?

    ResponderEliminar
  6. non son feas a min gustanme pero penso que non pejan có resto das construccións típicas; eso non se chama feísmo?

    ResponderEliminar
  7. Eu penso que cada un cos seus cartos deberia poder facer o que quixese, pero realmente a normativa non di eso. E chorradas como os tellados planos, as buhardillas que tamen estan prohibidas e moitas mais tonterias que impiden os veciños facer as suas casas como lle pete. Eche o que hai.

    ResponderEliminar
  8. En certos aspectos parécense a algunhas das casas da rúa "isla de Arosa" en Guadalajara (Jalisco-México). Déixovos o enlace para que poidades facer unha viaxe virtual a través do "Street View" de Googlemaps. Basta con levar o boneco encima do signo + ata a rúa.

    http://maps.google.com/maps?f=q&source=s_q&hl=es&geocode=&q=Isla+Arosa,+Villa+Guerrero,+Guadalajara,+Jalisco,+M%C3%A9xico&sll=37.0625,-95.677068&sspn=47.080837,77.080078&ie=UTF8&hq=&hnear=Isla+Arosa,+Villa+Guerrero,+Guadalajara,+Jalisco,+M%C3%A9xico&ll=20.628286,-103.388557&spn=0.001709,0.002352&t=h&z=19

    ResponderEliminar
  9. Encefalograma plano teñeno os que pensan que poden facer o que queiran, e os demais temos que calar a boca. Porque si dicimos a verdade somos tontos. Quedadevos coa vosa intelixencia.

    ResponderEliminar
  10. Gustaríame dar o meu apoio á persoa do comentario anterior. Ninguén é quen de xulgar quen é máis ou menos intelixente. E ó final todos opinamos sen ter idea de nada. Creo que a persona que dixo o do encefalograma plano equivocouse completamente dicindo eso, porque a outra persoa só dou unha opinión de forma educada.

    ResponderEliminar
  11. Hoxe non hai por qué construir coma hai 100 ou 200 anos. Antes non se facían cubertas planas porque na práctica non se podía. Tampouco se podía facer un cristal dun metro cuadrado, e as xanelas debían ser moito máis pequenas.

    Lástima, iso si, que na Arousa se conserven tan poucas casas de construcción tradicional.

    ResponderEliminar
  12. Ao comentarista que puxo o link do colexio de arquitectos no que se fala da implicación de "algúns" membros da Bauhaus co réxime nazi teño que decirlle que o verdadeiramente importante é o valor das ideas e a innovación que estas supoñen e a corrente Bauhaus está limpa de calquer culpa.
    Por certo, esqueceches mencionar o pasado comunista do arquitecto Franz Ehrlich.

    ResponderEliminar
  13. Hai tantas cousas que o PXOM non permite, ou non deberia permitir, Que dicir de "Villa Pesoe"...

    ResponderEliminar
  14. Que dicir de "Villa Pesoe"... pois que é feo de carallo. Tamén podes dicir "Villa Pepé".

    ResponderEliminar
  15. Gracias o comentario que me apoia. Eu non expresin unha opinión, din un dato que creo que e relevante e esta contrastado. Outros insultan. Cada loco con su tema.

    ResponderEliminar
  16. "Eu non expresin unha opinión, din un dato que creo que e RELEVANTE e esta CONTRASTADO"


    1.10. Cubiertas y construcciones sobre la altura
    máxima: Se permiten las cubiertas planas, las inclinadas con paños no quebrados y cualquier rema
    te o construcción que se pueda incluir en la envol
    vente definida según el gráfico anterior. Sobre el
    paño de cubierta sólo podrán sobresalir los elementos de ventilación, chimeneas, las antenas de cualquier tipo y cualquier elemento de aprovechamiento de la energía solar."

    ResponderEliminar
  17. ¿E porque a min non ma deixaron facer?

    ResponderEliminar
  18. Tes pouco enchufe.

    ResponderEliminar
  19. Pero non desias que che paresian horribles?, en que quedamos?. Son horribles e ti querias faser unha igual. Hai que ter cara para falar de ilegalidades sin ter nin idea.

    ResponderEliminar
  20. Non me gustan esas casas da fotos sobre todo a do santo que para min e horrible. Pero si que preguntin para facer a cuberta plana, con outro estilo de casa e dixeronme que non se pode. Ou mentironme ou teño pouco enchufe. Eu non falo por falar. Insultades, e dicides que non teño nin idea porque non vos gusta o que digo. Pero e tipico neste pobo, de certa xente non se pode esperar mais. Tampouco se poden facer muros de mais de dous metros de alto para cerrar terreos e Sercoysa fainos de catro, queres que siga con cousas que non teño nin idea, porque hai mil casos.

    ResponderEliminar
  21. Claro que non falas por falar, falas pa enrrollar. E xa que falas de sercoysa direiche que Agustín Hernández, conselleiro, foi traballador desta empresa e despois da diputación, e sendo traballador da diputación de pontevedra certificou o remate dunha obra que non estaba nin empezada e agora esta imputado por estes feitos.

    No desenvolvemento das areas de reparto inclueuse a posibilidade das cubertas planas. Que foi o que che dixeron que non se podia faser? a cuberta ou o estilo. Esto non é insultar, o que insulta es ti enrrollando todo, falando de ilegalidades e de mentiras e de enchufes, que non digo que non os axa, pero neste caso metestes a pata, e agora non veñas con muros ou outras cousas que sobre eso non che dixeron nada, non lies todo.

    ResponderEliminar
  22. Dama igual quen traballe ou quen traballou, se prevalicou ou roubou que o prendan que me contas. Non falo por enrrollar, dou un dato, de que hai empresas que teñen trato de favor e punto. E insisto a min nun terreno que non esta en area de reparto, coa coalificación 3.1 no Pxom da Illa non se pode facer cuberta plana. O exemplo que puxen si o queres entender e para dicir que non a todo o mundo se trata igual. O ilegal para uns e legal para outros. Non vos gusta pero e a verdade, porque non vos gusta oir as cacicadas que fan no axuntamento. A tua resposta e que os do PP son moi malos e ladrons, e no dubido, pero os que nos gobernan aqui non son mellores.

    ResponderEliminar
  23. Dende o 2002, ano no que se aprobou o pxom, permítense as cubertas planas, con algunhas precisións, en zonas coma o barrio das Aceñas, toda a zona catalogada coma colchón, e en todo o solo onde a ordenanza específica o permita. A ordenanza 3.1 non exclúe en absoluto as cubertas planas. O asunto é algo máis complexo, pero como non interesa pois tanto ten. Empezouse falando da prohibición das cubertas planas para insinuar que había trato de favor, como se demostrou que as mesmas están permitidas nalgunhas situacións pasamos a falar de empresas e muros. En fin, o que queira entender que entenda.

    ResponderEliminar
  24. Exemplos claros dos distintos tratos que hai neste pobo. Do que non interesa non se fala e punto.

    ResponderEliminar
  25. aaaaajjjjjjjjj!!!!!!politiqueo, en fin, aqui a xente, faga o que fagan os socialistas ou os peperos nunca van a dar o brazo a torcer, tanto por un lado como por outro cando alguen fai algo que non che gusta como e da tua cor ou partido politico ai que decir que teñen razón ainda que asi non o creas, unha pena que con tan boa letra que escriben algúns que sean tan ignorantes e ipocritas!
    Idevos todos a merda, da pena ler os vosos comentarios.

    ResponderEliminar
  26. Deronvos cos papeles nos fusiños e ainda segides erre que erre co fanatismo, ¿quen e aqui o fanatico?

    ResponderEliminar
  27. O que se diga aqui que é respeteble e tamen opinable non e mais que eso. A realidade e ir o Concello é preguntar. Ir a un arquitecto ou a varios e preguntar. O fanatismo non sei cal e, criticar o que vemos inxusto, ou raro, ou sopeitoso. A critica construcitiva esta ben, eso non e ser fanatico, fanatismo son outras cousas. Pero deixemolo ahi, polo menos pola miña parte, non quero convencer a ninguen pero si contar a miña experiencía. Nada mais e un saudo.

    ResponderEliminar
  28. Que se vaian po carallo
    os ladrons da nosa terra

    ResponderEliminar
  29. El encefalograma plano, lo tiene el que no conoce las normas urbanisticas impuestas por el psoe en la xunta de galicia, son los primeros infractores y si no ahy esta "VILLA PSOE" lo de los tejados planos estra prohibido por la climatologia del lugar en el que vivimos, por los riesgos de inundaciones y la falta de protección de la construcción para las personas que lo habitaran, esto no es andalucia, por so el retrasadito no se entero aqui vivimos en galicia y nuestra casas son lo mas seguras posibles no son de rasillones y cal

    ResponderEliminar
  30. Existe moita hipocresia, pero ley de costas que non investigara, por que o psoe esta no poder, todolos edificios que construiron (villa psoe) son ilegales, que fixeron no concello ........eso quixera saber, contos novos ricos esixten na Arousa, gracias ao concello, e ese pinar que destruiron pra facer os edificios.....quen di que todo e legal, e que vay de viños con eles

    ResponderEliminar
  31. pero q di? sinto moito pero esta claro q o q dis non ten pes nin cabeza, hai q informarse, comentarios como o anterior da pena lelos, aqui da igual o desinformados q estemos, a historia e emporcar todo o q poidamos da igual si e verdade ou mentira. investigade de quen era o pinar, e como o venderon, e sobre todo quen dou a licencia para facer esa obra, (obra q personalmente non me gusta pero esto e outra cousa), pero ainda q nos joda a obra e legal, e o de chamarlle Villa PSOE, non deixa de ter a sua gracia, o q di estas cousas non sabe de quen son os pisos q ali hai construidos, pq si o soubera, seguramente teria a boca ben cerradiña.
    Sres. Un pouco de rigor

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.