Pisos á venda na Avenida da Ponte
[Susi Rial] A aprobación do PXOM na Illa de Arousa, en febreiro de 2002, marca o inicio dun proceso de construción masiva. O ordenamento do urbanismo na Illa daba lugar á posibilidade de edificar e moitos construtores, promotores e inmobiliarias non tardaron en sentirse atraídos polo potencial da nosa Illa. O fenómeno da "burbulla inmobiliaria" tamén tivo lugar aquí, e o seu resultado é un exceso tal de oferta de vivenda, que non pode ser abarcada polo mercado. A consecuente crise económica mundial chegou a finais de 2007, chegando a fin do proceso. Cabe preguntarnos qué ocorrería se este fenómeno durase máis tempo, chegaría a converterse a Illa nunha vila pantasma?. Polo momento, quedounos unha morea de pisos inhabitados, eternamente á venda. Edificios enteiros cheos de frialdade e de eco retumbando. Sen cortinas, sen luces prendidas, sen nada. Poderíase pensar que isto débese á época do ano na que estamos, na que case non hai turistas. Pero o certo é que a cousa pouco cambia no verán. Quizais aparece algún que outro veciño solitario, pero pouco máis. Por si fora pouco, son pisos pensados como segunda vivenda, polo que só dispoñen de unha ou dúas habitacións, polo que non son apropiados para parellas novas ou familias con vistas ó futuro. O futuro destes pisos é incerto, cairán a cachos antes de que alguén entre a vivir neles?
Lástima,a ver si asi o prezo se acerca ó valor real.
ResponderEliminarMeus pais á mña idade xa tiñan casa e eu cada vez o vexo máis difícil para poder acceder a unha vivenda. Creo que temos moito menos poder adquisitivo que a xeración anterior. Pero os prezos non baixan, estamos predestinados a vivir cós vellos.
ResponderEliminarO mercado e lei de oferta e demandanda agora para restablecelo equilibrio hai que baixar o prezo e moitos siguen pedindo barbaridades por curruchos de 60 metros cadrados. Que os coman con patacas.
ResponderEliminarE os que estan vendidos tamen son edificios pantasma xa que pouca xente da Illa vive neles. Moito piso pero a xente nova ten que irse para fora, e non damos aumentado a población.
ResponderEliminarÉ certo que o Pxom da Illa marcou o inicio da construcción masiva na illa, pero non é culpa do Pxom. A culpa é dos especuladores que promoveron esta situación. Hai que recordar que a Igresia vendeu o seu terreno e mais de 400 millóns das antigas pesetas. Por outra banda o solar donde están a maioría dos edificios eran de xente de A Illa,que tamén se lucrou da situación. Esperemos ou volta atrás, ainda que édifcil que os pisos baixen.
ResponderEliminarNoraboa pola entrada. Interesantes as reflexións.
ResponderEliminarIsto é o que queremos para o noso concello?
Isto é "desarrollo"?
Como di o do segundo comentario. Meus pais con 2 anos de aforro, recen casados e sueldo de albañil e mariscadora, chegaron a poder edificar a sua casa hai mais de 40 anos. Eu aparte de ter que irme da Illa, quedanme 25 anos mais de hipoteca para poder decir que esta casa e minha. Curiosidad... vale mais a casa de meus pais na Illa que a minha en Ribadumia.
ResponderEliminarCreo eu que como non millore a cousa, estos micropisos que se fixeron aqui na Illa van quedar moito tempo vacios. Porque ainda que os precios baixen, como xa esta comentado aqui, quen pode vivir en eles? Unha familia non. Asi quedaron no olvido os pisos que planearon po con do sol (sercoysa) non hai mercado xa. Eu por lo menos alegrome. Seria triste ver toda a Illa masificada con micro pisos. Aqui necesitanse viviendas uni familiares e non tanto bloque que solo afea.
Si as áreas de reparto tuveran un fácil desenrolo, si se limitaran as alturas permitindo solo construir vivendas unifamiliares, si as áreas de reparto tuveran a clasificación 3.1, non habería a especulación que facilitou o PSOE da Illa nestes últimos anos.
ResponderEliminare a igrexa vendendo terrenos por 400 millons, e pedindo cartos os veciños para a campana......
ResponderEliminarhay que foderse coa especulacion..
As areas de reparto son unha tomadura de pelo. A unica posibilidad que eu vexo que se poida urbanizar unha area de reparto e si a compra un promotor. Eu tenho terreno en unha e vexo que nunca se vai a poder urbanizar. Demasiados dueños e con pouco diñeiro para que eso sala nunca adiante.
ResponderEliminarO ideal sería que o 10% do aproveitamento que lle corresponde ó Concello fora cedido por este ós propietarios para que o venderan e, cas ganancias, o reinvertiran na urbanización, abaratando deste xeito os costes e redundando nun aforro para os veciños.
ResponderEliminarO concello perdería patrimonio pero gañaría en cotizantes a través do pago do IBI, e taxas varias (previo pago de licencias urbanísticas, etc.)
E eso de deixar o 10% para os propietarios seria legal. Pareceme unha boa idea pero non sei se o concello o pode facer. Ainda que facer pode facer o que lle da a gana pero xa me entendedes. Si e legal porpoño o PP que faga esa proposta nas próximas eleccións municipais.
ResponderEliminar