Buscar neste blog

16 de set. de 2008

As protestas dos bateeiros radicalízanse

Ao fondo, os antidisturbios, que cargaron sen miramentos contra os bateeiros

Os piquetes tentaron impedir o paso dos camións que transportaban mexillón

Numerosas persoas da illa achegáronse ata Vilanova, para apoiar os manifestantes

As accións dos piquetes radicalizáronse


Despois de sete semanas de mobilizacións, negociacións, piquetes, manifestos e folgas, o sector mexilloeiro acusa o desgaste. Sen vender e sen lograr un acordo de consenso que una a todo o sector, os bateeiros amosaron hoxe no porto de Vilanova a súa desesperación. Centos de produtores afíns a Pladimega concentráronse desde primeiras horas da mañá no peirao vilanovés para impedir que Virxe do Rosario vendese mexillón aos cocedeiros, burlando a folga. Os piquetes, que trataron de frear o transporte da mercadoría, foron contestados cun contundente dispositivo de antidisturbios. Os enfrontamentos entre ambos os dous bandos sucedéronse durante todo o día e recibiron amplo eco mediático. Á tardiña, os directivos das diferentes asociacións que integran a central reuníanse de urxencia en Vilagarcía, á procura dunha saída ao conflito.

A competencia entre as diversas agrupacións de mexilloeiros desplomou no último ano o prezo do molusco ata mínimos que chegaron aos 20 céntimos o quilo, unha tarifa insostible para un pequeno produtor. O descenso das vendas, debido á masiva entrada de mexillón foráneo, e o incremento do prezo do gasóleo, sementaron o resto das condicións para que o sector entrara en crise.

Neste contexto, unha representación maioritaria dos sector decidiu crear unha plataforma unitaria de comercialización do mexillón, “Pladimega”, para fortalecer o conxunto dos produtores, cun reparto equitativo das vendas por batea e uns prezos fixos. Pero non a todas as agrupacións lles pareceu boa a idea.

29 comentarios:

  1. Os que conocemos un pouco este sector sabemos quen é jb... está disposto a facer o que sexa para acadar ós seus obxectivos. Paréceme mentira que pretenda ir de víctima cando é o mafioso por excelencia! pero claro, non todo o mundo o coñece...

    ResponderEliminar
  2. A min esto pareceme unha guerra e os jefes de arriba tanto de pladimega como dos outros son os culpables de encender a xente.
    Aqui esta semana fallaron os 2: -pladimega botalle a culpa das bombas do outro dia a os outros e eso pareceme increible.
    -E onte ocurrirselle o norte e v.r sacar mexillon non ten nombre.
    Eu coñezo a xente de opmega que non esta de acuerdo con pladimega e a xente do norte que si.
    Temos que xuntarnos canto antes mellor polo ben de todos sinon esto terminara mal.
    Nin uns son tan bos nin outros tan malos.
    Cando se empezaron as negociacions fai tempo a pladimega so lle interesaba unir a fabrica, porque varias agrupacions que teñen depuradora non lle interesaba,¿porque solo se parou o mexillon da fabrica?¿e os que venden pa fabrica e teñen todo o mexillon a bordo?
    Pladimega fixo as leis polos seus intereses propios pero a unica solucion e unirse.
    JB e compañia que acepten dunha vez que a xente pasao moi mal.

    ResponderEliminar
  3. Volvo a repetir
    JB mafioso

    ResponderEliminar
  4. JB estalle blanqueando cartos do narcotràfico aos burros dos de villajuán. NARCOTRAFICANTES!


    JB cabrón

    ResponderEliminar
  5. Si no sabedes Jb blanquea cartos non e narco, foi testaferro, pero a batea creo que non embarca. O do norte e banqueiro e vive de ser comercial, vendelle o mexillon e cobra por eso. Pladimega e o menos malo, quizas habera moitas poblemas polo medio pero xuntos resolvesense mellor que atomizados. O que crea que a cousa vai ben e ignorante,e esta xente queren que as cousas continuen asi. Eu desde logo non. E que o sepan que loitaremos ata o final, non nos van a amedrentar nin con grises nin a hostias. Prefiero que me enchan de ostias un día a levalas todolos dias cando vou o muelle. Un saudo.

    ResponderEliminar
  6. eu sijo pensando que hai uns malos e uns bos,sijo pensando que hai directivos que miran polo ben dos sosios, ainda que eles saljan perdendo, e que non todos miran polos seus intereses.

    ResponderEliminar
  7. e volvo a repetir!
    JB mafioso

    ResponderEliminar
  8. son a de uns bos e uns malos, por suposto, os bos os de pladimega...

    ResponderEliminar
  9. O que esta claro e que hai xente que cree que hai que renovarse ou morrer. Os tempos cambian os mercados perdense e temos que estar organizados. O triste e que catro esteamos a papar hostias para que moitos que estan a espectativa ganen cartos. Os que fan o xogo con JB e o Norte tiñan que ter un pouco de dignidade e abandoar a eses caciques que so queren vender eles como e cando queren sen importarlle nin o mais minimo o que pasa co sector. Esto podese poñer moi jodido e tal como estamos ahora non vamos a ningun lado. E cando esto pare ese poñan uns precios outros a vender e ti a mirar. Esperar eso e de carroñeros de animais e non de persoas racionais. Todos os que estades a espectativa dar un paso adiante polo ben do sector, senon seredes complices de estes individuos dos que quedou demostrado a sua falta de sensibilidade, solidariedade e sentido comun.

    ResponderEliminar
  10. Eu estou no outro bando e estou dacordo que nos temos que unir.
    O sector esta moi jodido e temos que arreglar as cousas, pola miña parte si non se arregla esto a semana que ven iremonos de donde estamos para meternos en pladimega.
    So estamos esperando un pouco porque penso que o acordo esta moi cerca.
    O follon do outro dia nunca teria que pasar, non e normal que uns estean parando polo ven do sector e otros intentar vender.
    Solo vos pido que non nos metades a todos no mesmo saco que non todo o mundo pensa igual.

    ResponderEliminar
  11. que bonito, estas no outro bando , esperando haber si se arregla, estano dicindo por activa e por pasiva, ainda que sexa a titulo individual que todo o mundo se una a pladimega, e a unica forma de recuperar a dignidade no noso traballo, por moito que lle joda a manuel mendez(o do faro) , e os xenros (blanco e franco) temonos que unir e deixalos en evidencia......

    acaba de sair unha noticia que se reanudan as descargas para o fresco pero solo en determinados portos, a illa o grove e Cabo de cruz, non sei o que tera de certo pero seria un golpe de efecto , presentouse unha taboa con precios mais altos, esto vai polo bo camiño........

    ahora haber como vai indo esto, seguramente sairan estos que estiveron a sopa boba , mirando desde a retaguardia, querendo vender con uns centimos menos, vexase os mexilloeiros de cambados, que nin arre nin xo, eles sempre a espectativa, pero que se preparen, que asi non se fan as cousas, hai que estar donde hai que estar......


    saudos

    ResponderEliminar
  12. Totalmente de acordo con este ultimo comentario. Hoxe vin na illa a un home que ten media batea mallado como un pulpo. Ese que se xoga moito menos que outros que viven moi ben gracias as bateas, estivo hai e ten e tera os meus respetos como o Carran que estuvo ali e botoulle moitos collons. Esa xente dou a cara outros desgraciadamente non. Eu fun defendelo meu pero jodeme que catro Carniceiros se rian de min. Viva a solidaridade, e ahora despois de tanta reunion non hai mais conto, xa se ve donde esta cada un. Xa vemos todos que e JB e quen e Arousa norte. Un mal arreglo fara que dentro duns anos esteamos igual e sinon o tempo. Cando vexas o veciño acarretar todolos dias e ti a irseche o mexillon irastes da tua organizacion e estaremos nuns anos no que andamos ahora. Hai que xuntarse amigos, e loitar xuntos a pesar de tanto ignorante que temos no sector, non son listos nin grandes negociantes, son aproveitados e eu quero vivir do meu traballo non aproveitarme do traballo dos demais. Un saudo

    ResponderEliminar
  13. o tempo pon a todo mundo no seu sitio, o carran e os fillos tirados como cans recibindo paus......

    e mentres, o laru e mais pupu paseando nos seus luxosos coches ,e acarretando mexillon todo-los dias nos fuciños de todos.....

    o tempo dara e quitara razons, pero claro como estos ultimos van todo-los domingos a misa teñen todo perdonado....


    fillos de puta....

    ResponderEliminar
  14. Estando dacordo no fondo non se pode estar nas formas, temos que intentar arreglar esto non desnuilo mais. Insultarse entre veciños esta fora de lugar por moitas que sean as nosas diferencias que estou seguro que non son tantas. Un pouco de cordura, o da misa e o de insultar sobra.

    ResponderEliminar
  15. "Estando dacordo no fondo non se pode estar nas formas, temos que intentar arreglar esto non desnuilo mais. Insultarse entre veciños esta fora de lugar por moitas que sean as nosas diferencias que estou seguro que non son tantas. Un pouco de cordura, o da misa e o de insultar sobra."

    non amijo non, o da misa non sobra, o que sobra son o esquiroles que se van para a virxen do rosario, para encherse de cartos mentras outros miramos, para que despois as suas fillas imiten as de sin tetas no hai paraiso.

    hasta aqui puedo contar, decia maira gomez no un ,dous ,tres.

    saudos

    ResponderEliminar
  16. A min a onde vaya cada un ou deixe de ir ou o que faga cos seus cartos non me importa. Sigo dicindo que estou totalmente dacordo en todo o que se fala neste blog, porque eu xa escribin algun dos comentarios de enriba nos que creemos a inmensa maioria. Fora deso o que teña cada un ou a onde vaya non e problema dos demais.

    ResponderEliminar
  17. totalmente de acordo.

    ResponderEliminar
  18. Grande serà o dia no que todos os mariñeiros se unan contra a desigualdade... Sexa de prezos, sexa de ideoloxía, sexa do que sexa...
    Se eses que estàn ai a mirar como outros pelexan polo seu traballo e polos cartos que necesitan para manter a unha familia, eses que non buscan a uniòn, eses insolidarios, qe so lles importa o seu, o seu peto... Se eses se uniran como fai o resto da xente NORMAL e DECENTE.. outro galo cantarìa.

    un Saudo

    ResponderEliminar
  19. ala! estaredes ven contentos os "pladimegas" polo ben que o fixestes. mandastedes a catro inorantiños da Arousa a montar follón a Vilanova e a Villajuan, viñeron mallados de paus e metidos en follóns mentres julian e o equipo estaban agachados.E ahora que? como as fabricas vos pagan ca misma moneda, ahora cededes, porque se vos vai o mixillón ó fondo e non vendedes coma antes. Porque non seguides ahora chamandolle narcotraficante a Blanco,e mais que lle blenquea os cartos ós burros de Villajuan (porque os listos estan todos nesta Arousa, xa o demostramos.IGNORANTES...) e porque ai que meterse con Larú e mais cos de Pupú?.Eu non teño nada con eles nin contra eles.son uns vesiños mais da Arousa.Porque temos que nombrar a ninguén aquí nin saber si van á misa ou si as fillas jastan coche descapotable ou teñen tetas ou as deixan de ter?.Porque aparte do problema temos envidia.Si teñen leiras boas casas, coches e barcos dos mellores, é porque o sudaron e o traballaron con moito esfuerzo, que non llo roubaron a ninguén nin o ganaron ó tabaco nin á droga. Ahora que o teñen,todos llo envidiamos, pero non nos damos conta que mentres o finado de sr. Luís e a filla traballaban día e noite, (por ejemplo) nós estábamos na taberna a beber cubalibres e a reírnos e acostumbrados a ir de vacasións 2 ou 3 veses no ano.eles non se permitiron tantos lujos e fondearon as bateas no sur, e nos que nos reíamos e emborrachabamos na taberna, ahora temos caramuxos de Camaxe.Si venden o mexillón barato, problema deles,como si queren regalarlle 1 viaxe a cada fábrica. o mexillón e deles e que fagan o que queiran con él. Asique si deixaramos de mirar quen vai cantar á misa e quen non,e si foramos faser algo á batea pola tarde tamen en ves de ir jlorear po cabodeiro, mellor nos iría.e si non ós chopos,como os jubilados. Deixade traballar a quen ten ilusion e jana de traballar, que do traballo sale todo, pero de criticar non sale nada.

    ResponderEliminar
  20. Como esperastes tanto a escribir esto. Eu non envidio nada a ninguen, nin son oportunista, coma ti. Toda esa parrafada que votastes que quere dicir, qu Jb e moi bo, pois pa min non. Que as fabricas nos queren ter de esclavos e hai alguns que nos negamos. Eu quero vivir dignamente do meu traballo. Eu estou dacordo en que non se debe insultar os veciños xa o dixen neste foro, porque o que este libre de pecado que tire a primeira pedra. Pero dito esto tamen e certo que a actitude de alguns bateeiros deixa moito que desear. Porque Jb esta vendendo o europeo a 0.55€ gracias a nos, porque o norte quere vender o que lle sale de dentro sin control ningun, e porque hai xente que apostamos polo futuro desto, pola diferenciacion do producto, e non aproveitar a coyuntura para joder todo.E leccions de traballo podeche asegurar que non chas acepto, xa non por min sinon por meus pais que puxeron esto a andar con moito sacrificio. Igual que esos que ti falas outros tamen traballoron moito para chegar o que teñen e por eso temos o mismo dereito que eles a vivir, eso no olvides. De listillos de e aproveitados estamos fartos, eu polo menos.

    ResponderEliminar
  21. Eu estou de acordo co de ensima, ademais ti tampouco tes por que nombrar a julian, nin a ninguién, xa que un dos que apañou foi o fillo, como se te queda el cuerpo¿?

    ResponderEliminar
  22. Eu non ye dou leccións a nadie que nos pa chejar a ter o que temos, tamen as pasamos putas.nós,meus pais e meus abuelos... pero era un ejemplo aproveitando que salía pupú aí nombrado.o fillo d julian omeyor tamén as meresía por eso o mayaron!.a él e a bastantes que quedaron sin mallar que ó mellor unha quentiña non lle viña mal. pero bueno, que quede ahí a cousa, que é o mellor pa todos. estou de acuerdo que o sector está mal, e non defendo tampouco a jb que todos sabemos do leite que dá,pero como ti dis, nadie está libre de pecado, que os vosos...tamen o fan ben de carallo!En todolos lados espija o pan! e por suerte fransisco franco xa morreu, e non temos porque estar ahora debaixo da dictadura vosa por ser mayoría.porque non cededes en algo tamén? fixestedes unhas propuestas e presentastelas coma quen disindo: "esto é o que ai, e ten que ser así por cojones". Pois no, non pode ser así. eu, personalmente,estou de acuerdo en moitas das vosas propuestas,en casi todas, pero ai outras... ese punto que tendes de "producción propia",(por ejemplo) eso... tocame a min a tolete.non será como ti dis "vender sin control? parese que estades inventando a lei, pero tamén a trampa ó mismo tempo, entendesme? entonses...non sei.a xente está tan queimada que a confiansa é minima.esto está tan liado que solo lle vexo dous camiños.seguir como se estaba, ou seguir a trucar uns con outros, porque de acuerdos co que pladimega pretende, nunca jamás en la vida.
    Eu perdin de levantar xa mexillón, pero no me importou. non quero arriesgar o barco nin as bateas, nin que os vesiños me señalen co dedo, asi de claro yo dixen á agrupasión.dóeme na alma, pero prefiero que se me vaya a cosecha ó fondo.mentres, a esperar como vos, a ver que pasa. e cando vós esteades claros e arreglados e traballedes normal, entonses eu tamen, porque inda que non comparta as vosas ideas, entendovos e non quero ser mais que ningúen. e si non... si queremos vivir coma pupú,pois o que temos que faser será acarretar coma eles tamén, porque si eles siguen vivindo ben, porque non vamos vivir nos ben tamen?. non sei...

    ResponderEliminar
  23. ben falado! por ser mayoría xa teñen que jobernar eles os polvos dos demais? deso ni hablar. é 1 dictadura lo¿? pero inda che quedou 1 cousa atrás que a vou desir eu.Os bateeiros estan,ou estamos acostumbrados a janar moi ben de cartos,e a permitirse o lujo de ir de vacasións a 2 e 3 veses no ano, coches do milloriño, si o meu vesiño fai un barco de 20 metros, eu inda teño o meu novo, pero como el o fixo, eu vou faser outro mais grande,pa non ser menos, ke carayo! e así con todo.así está a Arousa.chea de fantasía. coches dos melloriños, vestir ben, a comer de restaurante... e ahora como ai que apretar o cú un pouco, e xa non janamos tantos cartos e non podemos permitirnos tantos lujos, desimos que esto que é insostenible, que non dá pa vivir... no me explico como fai a xente que vive dun sueldo de 900 euros ó mes e que traballan metidos nunha fábrica todo o día, e quitan adiante casa e fillos coma calquera de nós. non sei. si non nos cheja a batea pa vivir teremos que buscar un complemento. iremos po rasto, ou ó que sea pa axudar. ou como fai todo o mundo? E bonito marchar as 6 da mañan po mar, vir pa terra ás 11 e ala! dia janado! os bateeiros vimos uns anos de bonanza económica e xa pensamos que esto iba a ser sempre así e que íbamos ser os jefes. pois xa vemos, xa. daquí en diante esto vai a ser así, si nós mismos no poñemos peor, porque a imagen que estamos dando de nos mismos...

    ResponderEliminar
  24. completamente!. ben falado. estou de acuerdo.é así! andamos de pantalleiros a lusir as mellores cousas,pasamos o día na de fina viñas a jlorear da mañan á noite e todo ou casi todo está a pufo. e despois a culpa levana as bateas que xa non dan pa vivir! CABESAS JUECAS DE CARALLO!

    ResponderEliminar
  25. Eu creo que confundides o tema. O que gasta o que non ten non e problema nin meu nin teu, xa se jodera.E si alguns pensades que o mexillon e moi caro que e o que dicides, vaya por Dios. Co que vale hoxe todo o mexillon e moi barato, que teñamos moito non significa que non teña valor, hay esta o gran problema. Valorar o que temos. O rollo aqui para min esta no seguinte. Ou vendemos o mexillon todos de maneira ordenada, ou vendemolo de maneira desordenada. De maneira desordenada xa sabemos que e safese cada un como poida e si mo levas da batea fasme un favor, e xa me pagaras, etc. Podemos vender de maneira MAIS ordenada e ganar todos mais cartos, non andar co saco o lombo e que non se rian de nos. O que eu non vexo xusto nin verei e que haya xente que en Octubre non teña mexillon para vender mentres outros nos jodemos con el ata abril, mayo, e sabe Dios. Podemos discutir o que queiramos, que Julian non e a persoa indicada, eu estou de acordo e miles de cousas pero sentadose a negociar.Os problemas arreglalos entre nos como irmans e si un no fai ben outro por sitio,pero hai xente non queria negociar nada que todo estaba ben. Si eu teño 3 bateas non podo pidir o cupo de 25, nin con produccion de aqui nin de ala. E si nos vai ben que nos vaya a todos non a catro. Porque xa non e problema noso, e que estan acarretando de todos lados mexillon e jodennos vivos, e ainda ai catro que defenden as fabricas, e cada anos compran menos mexillon, e meten mais latas de "las rias gallegas". E alguen lle ten que paralos pes,ca denominacion de origen co control unico, co que sea. Que catro vendades en negro ou os kilos que vos sala de dentro e os demais miremos, repito, repitirei, non,non e non. Eso tense que acabar, sinon estamos moi jodidos.

    ResponderEliminar
  26. Ten toda a razon a persoa de arriba, hai que ser un pouco sensatos, e mirar cara o futuro, non tirar pedras no noso propio tellado, eu, reiterome nesta frase: "Que catro vendades en negro ou os kilos que vos sala de dentro e os demais miremos, repito, repitirei, non,non e non"

    A parte eu penso que o medo que teñen eses incompoententes (porque o son) é a que ahora se lles "joda a vicoca..."

    E respondendo o dos cochasos...non se trata solo de janar pa pajar un coche ou unha casa ou as chiquitas, queremos traballar dignamente porque temos dereito, tanto ou máis que nadie.

    ResponderEliminar
  27. Moi sencillo. Faite a pregunta o reves.¿Por ser minoria xa teñen que jobernar eles os polvos dos demais? deso ni hablar, e esto a dictadura de uns poucos. A que non. Esto contentasche. Moi sinxelo catro queredes facer o que queredes, e por eso temos que entrar todos na tira. Nin de coña. Pensa o que dis, porque eses catro ignorantes non fomos catro, catro fostedes os que quedastedes na casa, pero ahora non vendedes o mexillon a 35 centimos non sodes tan ignorantes que o vendedes a 55. Xa se ve o que hai e quen ten decencia e quen un egoista interesado. Nada mais e reflexiona as tuas palabras. Que o que facedes vos faino calquera, o dificil e xuntar a xente e arreglalos problemas non deixalos ir. E pa min non estaba a cousa tan ben como pa deixala ir, o mellor pa vos si. Dudo moito que asi fora.

    ResponderEliminar
  28. TOTALMENTE DE ACORDO, HAI QUE PENSAR NO FUTURO, NOS NOSOS FILLOS, FILLAS E NETOS, SI NON LUCHAMOS POLO QUE A MAIORIA QUERE, QUE SI É MAIORÍA POR ALJO SERÁ...¿QUE LLES VAI QUEDAR?

    SI NOS VENDEMOS AHORA ÁS FABRICAS, COCEDEROS E DEMÁIS...QUE LLES VAI QUEDAR, NADA, TODO PA ELES, E EU NON LUCHÍN TODA A VIDA PA JB NIN NINGÚN DA SUA CALAÑA.

    REPITO, NON VOS SEJEDES, NON VOS DEIXEDES LEVAR POLO ORJULLO AHORA E PENSADE NO FUTURO, CANDO NON TEÑADES TANTO E HAIA QUE LUCHAR PA VENDER O MEXILLON A 55 PORQUE SI O VENDES A MENOS PERDES E INDA ASI...

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.