Buscar neste blog

15 de set. de 2008

A Lavanqueira e o Comaira, case listos

Á Lavanqueria xa só lle faltan os detalles (imaxe collida do blog de Fasquía).

O estaleiro de Manuel Mougán, na praia de Riasón, xa rematou a construción da Lavanqueira, unha dorna de tope encargada pola asociación Fasquía, no marco do proxecto de recuperación de embarcacións Desafío a tope. No blog de Fasquía podedes ver unha completa reportaxe fotográfica dos traballos de carpintería, desde os inicios ata o final, acompañada de explicacións técnicas.

Mentres, a poucos quilómetros de distancia, avanza a bo ritmo a restauración do galeón Comaira, no estaleiro de Evaristo de Castrelo. Un grupo de mozos da illa está arranxando este antigo barco de batea, coa intención de dotalo de vela, tal e como lucía orixinariamente.

4 comentarios:

  1. E pregùntome eu:¿porquè si ai asteleiro na illa restauran ò "comaira" en Castrelo?.

    ResponderEliminar
  2. A iso xa che contesto eu, o certo é que no asteleiro da illa son os carpinteiros de dita empresa os que se encargarían dos traballos de restauración, mentres que no de Castrelo son os propios socios do Comaira, os que desempeñan ditas labores, o que abarata bastante os costes, pero non solo é iso xa que logo de traballar unha tardiña no Comaira os rapaces aproveitan para logo tomarense uns viñetes de camiño á illa...

    ResponderEliminar
  3. Entón, non debe haber viño na Illa nin carpinteiros en Castrelo.

    ResponderEliminar
  4. mais ou menos...jejeje!!!

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.