Veciños e propietarios do terreo enfrontáronse ante as cámaras de "España Directo"
A veciña en cadeira de rodas sae da casa, unha vez que lle arranxan o camiño
Un grupo de veciños das Laxes reivindicou hoxe no concello, e ante as cámaras do programa televisivo España Directo, que se asfaltase o acceso á casa dunha veciña, que está en cadeira de rodas. Aínda que as autoridades municipais intentaron atender esta solicitude anteriormente, trátase dun camiño de servidume cuxos propietarios se opoñían ás obras. Finalmente, a presión cidadá e a atención mediática desencadearon o inmediato acondicionamento do terreo, ante o aplauso dos veciños e a ira dos propietarios.
Tanto no conflito da fonte do Charco como agora no conflito do camiño das Laxes, púxose de manifesto a solidez das redes de solidariedade veciñal na illa. A falta de asociacións de veciños, ás persoas que queren facer valer as súas reivindicacións non lles queda outra que chamar de porta en porta e organizar un acto de protesta colectiva no concello. Trátase dunha canle de participación informal, pero eficaz.
Os Barral, que son os que se opoñian a que se lle asfaltara ese camiño á pobre señora que está invalida, levanse mal con media laxes, un dos do clan, que vive nos pisos de encima do dia, ten denunciados a mais de dez veciños por diferentes cousas,os outros veciños como e obvio estan unidos contra el...xa vedes hai xente mala no mundo...
ResponderEliminarEu creo que dende a distancia non se pode opinar. Claro que unha persoa invalida da pena e deberiase ter sensibilidade con ela. Dito esto os problemas enquistados entre veciños durante anos, e a legalidade, digase con esto os donos lexitimos do terreno son cousas distintas. O mellor nestes casos e non chegar a estes puntos nos que o orgullo xa esta por riba do sentido comun. Oxala todo se solucione polas boas.
ResponderEliminardébese poder opinar sempre! esteas onde esteas! era o que faltaba!
ResponderEliminarClaro que se pone opinar, quizas me expresin mal, o que queria decir e que desde a distancia non conocemos o que realmente ocurreu entre os veciños e os problemas que poden ter entre eles. Nada mais que iso.
ResponderEliminarSi sólo se levaran mal con media Laxes... pero é que nadie os pode ver, e a filla mais ghrande saleulles ighual, vai no mismo autobús que min ó instituto de Vilanova e sempre vota as mismas miradiñas nada mais entrar e sentase sin falar con nadie mais que có moso. Radio patio 24h. xD
ResponderEliminar