Buscar neste blog

17 de xan. de 2010

Quen paga as festas?

As vendas na lonxa están gravadas cun imposto festeiro,
tal e como se aprecia neste albarán

O financiamento das festas do Carme, a celebración máis importante da Arousa, corre a cargo da sociedade civil. Hostaleiros, empresarios, comerciantes, bateeiros e mariñeiros contribúen anualmente á organización do programa de festas con desiguais cotas, que poden dar lugar a siuacións inxustas. Dáse a circunstancia de que a comisión de festas adoita pedirlles ás agrupacións de mexilloeiros 60 euros por batea, unha cantidade similar á que achegan algúns bares, sendo estes os principais beneficiados das festas do verán.
Pero sen dúbida, o colectivo máis gravado é o dos mariscadores, que queira ou non queira, ha de destinar unha porcentaxe fixa de todas as súas vendas na lonxa ás festas. Esta especie de imposto revolucionario-festeiro permítelle á confraría contribuír á festividade do Carme con cantidades que se achegan aos 20.000 euros.
A xenerosidade da confraría é en realidade un lastre que carga directamente nos albaráns dos traballadores do mar e que dificilmente se podería aplicar noutras profesións. Alguén estaría disposto a destinar unha porcentaxe fixa da súa nómina ao divertimento colectivo?

16 comentarios:

  1. Así é. Mais unha aclaración. Si non me equivoco, o 0,55 creo que se corresponde coa suma do 0,30 das festas e do 0,25 do deporte, que esa é outra...

    ResponderEliminar
  2. Outra aclaración que se me esquecía. Non é un imposto revolucionario, foi acordado en asemblea polos asociados, sempre sensibles e solidarios, que si pasado o tempo se foron desencantando foi polo comportamento doutros "sectores".

    ResponderEliminar
  3. Digo eu que o Concello e outras administracións tamén contribúen coas festas. As diferentes administracións nútrense de impostos que pagamos os veciños. Cal é pois a xustificación de que algúns veciños, fundamentalmente mariscadoras e mariscadores, teñan que contribuír en maior medida que os demais, incluso que aqueles que obteñen un beneficio directo da celebración das festas. Pasa isto nalgún sitio?

    ResponderEliminar
  4. eu creo como apunta un arriba, a noticia esta mal redactada , non sei si por ignorancia ou por mala intencion, pero esa porcentaxe esta aprobada en asamblea polos socios da cofraria, e todo-los sectores da illa aportan, non sei as cifras exactas , pero non creo que sexan os mariscadores os mais penalizados , a verdade e que non o sei, o que si sei e que non toda-las agrupacions aportan esos 60€ por bateas , sinon pregunta pola casa nailla, ao mellor levas unha sorpresa..........


    saudos

    ResponderEliminar
  5. Un mariñeiro ou unha mariscadora aportan o 0,3 % das súas vendas ás festas. Si aplicásemos esta mesma fórmula a unha batea que produzca 100.000 euros, tería que aportar 300 euros, e unha batea que produza 20.000 tería que aportar 60 (seguramente estas cantidades non son as destes últimos anos, pero para redondear). Unha mariscadora que facture 10.000 euros aporta 30. Si a cantidade que pagan as bateas son 60 euros fixos, claramente os mariscadores aportan moito máis e fan un maior esforzo xa que aportan máis gañando menos. Si a isto lle sumamos que hai agrupacións, ollo, que lexítimamente, deciden non aportar ou aportar menos, a diferencia de esforzo é máis que evidente.

    ResponderEliminar
  6. Non son quen de entrar no debate, xa que non teño candea neste velorio; pero aínda así permitídeme a licencia de decirvos que as festas do Carmen na Illa son un magnífico escaparate das vosas praias, dos vosos portos, da vosa xeografía en xeneral.
    En todos os pobos cocemos fabas para o asunto das festas. Sempre hai liortas de como debería e non debería ser; pero o importante sempre é que o pobo rexurda vivo neses días de xullo que tanta xente, de Galiza e de fora, está na Illa disfrutando do voso esforzo.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  7. exactamente, ten que vir un "de fora" a dicilo, parece mentira en nos, pero que queixas podemos ter??? temos unhas festas que nas merecemos, vale que son moi monotonas, pero non me quero imaxinar o dia que a xente que as organiza mande todo o carallo, cada un da o que pode, o que lle toca, ou o que quere, non entendo a intencion de este debate, si todo o mundo pensase asi non haberia nada, nin futbol, nin piraguismo, nin baloncesto , nin ximnasia ritmica, nin ningunha outra actividade que teñen os nenos da arousa para disfrutar.

    Creo que o artigo e un pouco desafortunado.

    PD: como dato, de unha conversa que oin este ano, os bares do regueiro aportan 240€ mais libro , asi que van a dar os 300€.

    ResponderEliminar
  8. Temos unhas festas que son unha merda... esa e a verdade.

    ResponderEliminar
  9. E lo no Grove non hai todo eso que ti dis? sin descontarlle nada os mariñeiros.

    ResponderEliminar
  10. Nos na casa sempre damos para as festas. A veces mais, outras menos pero 20€ casi sempre caen. Non somos mariscadores nin bateeiros, traballamos en outros temas. Pero creo que esto deberia ser un aporte si un quere e non semi obligatorio. Tampouco entendo porque a xente do pueblo ten que estar a manteñer os deportes, eso debe ser as administracions.

    Tamen ei de decir que eu a parte de ir mirar os fojos artificiales, xa fai anos que non vou a festa no regeiro. Non por mal o por ben, solo qu eno me apetece. Tamen hai que decir que o diados fogos ven moita xente de afora, e asi como ven asi se vai, o unico que deixan na Illa e trafico porque non paran nin a tomar un refresco.

    Unha idea para axudar as festas, que talvez non sea a mais acertada, e recuadar mais diñeiro.... Habilitar un parking e cobrar ainda que fose 1 ou 2€. Eu cerraria toda a rua do paseo donde se amontonan todos os coches e habilitaria mismo detras do rolipoli o campo ese para estacionar, ou xunto a lonxa. Non sei, facer algo para que a xente que solo ven a mirar e non gasta nada na illa aporte algo tamben.

    ResponderEliminar
  11. O que di que temos unhas festa que son unha merda......para o ano poste ti na comision e despois falas , porque eu nunca estuven, pero ten que ser a hostia de chollo e como sempre para que che poñan a pingar.

    Para o que di si no Grove non hai todo eso que eu digo , as comparacions son moi feas, non ten nada que ver o Grove coa arousa, nin por nº de habitantes , nin por empresas grandes , nin por outras moitas cousas.

    O que hai que pensar , e que na arousa a gran empresa esta formada por cada un de nos , por eso cada un aportamos un pouquiño , e asi se fan as festas, e a unica forma de que se fagan, o dia que este sistema falle, xa veredes o que queda.......

    Sigo esperando algun comentario de Nailla, preguntaches si todas as agrupacions dan cartos para as festas????


    saudos

    ResponderEliminar
  12. A ver, cando redactei a noticia, sabía de antemán que a decisión da confraría se tomara en asemblea, o que non quita que, ao meu parecer, sexa unha medida inxusta para os mariscadores/as.
    Tamén coñecía o feito de que non todas as agrupacións de mexilloeiros contribúen. Se te fixas, na noticia simplemente explico o que se lle pide a cada batea, non digo que o paguen. Cada un é moi libre de facer o que lle pareza oportuno.
    Espero que a miña resposta che satisfaga. Nin hai malas intencións (nalgúns comentarios teus, pola contra, si), nin considero que estea mal redactada. Tampouco me parece inoportuno un necesario debate sobre o financiamento das festas. E con isto, non estou cuestionando a quen as organiza, que como ti dis, bastante traballo teñen.

    ResponderEliminar
  13. pero enton e unha contradiccion, si esta aprobado en asamblea , non e un imposto revolucionario, eles mismos o aprobaron polo tanto o dia que non queiran dar levarano de novo a asamblea a votaran que si ou que non.
    O inxusto e que todos os mariñeiros e a maior parte das agrupacions dean cartos para as festas e o deporte(conven recalcar que non solo e para as festas) e que ti desaprobes este metodo , e na illa todos nos coñecemos ,e sabemos quen da e quen non.



    saudos , por min dou por cerrado o tema.

    ResponderEliminar
  14. para comparar:
    en rianxo hai que pajar 60 euros por "matrimonio",xubilados a mitade(se viven os fillos con eles,da ijual a edad,pajan os 30 euros ijual),solteiros nen patacon,matrimonios con 1 ou mais fillos ijual(da o mesmo que teñas tres fillos entre 3 e 6 anos que tres entre 23 e 27)bares que non pajan..... ijual en casi toda a ria ou sexa os probes pajandolle as festas os ricos

    ResponderEliminar
  15. Seguide así, que no que se refire á organizacion de calquera festa ou evento que necesite que todolos veciños arrimen o hombro, aí está sempre a Arousa. A envidia de toda a ría. seguide con esa tradicion de financiar as festas, que o dia que deixedes eso morrevos o pueblo. Xa non seran as mismas festas, e si desaparecen as actividades dos rapaces e todos eses deportes que tendes para a xuventud... Esa xuventud que son os que dan vida a un pueblo, e son os continuadores de todo o que lles ides inculcando (traballo do mar, festas,tradicions... etc)e que na Arousa podedes estar ben orgullosos deles. Tanto no traballo como nas festas como en todo. Ejemplares.

    Este sermón soltavolo unha persona "de fora" que veu como o seu pueblo se arruinou en gran parte por culpa desto. Antes financiabanse as festas asi aqui tamen, descontandolle ós mariñeiros ó largo do ano, ós daquí e ós que viñan de fora vender aqui,ademais de polas portas de quen non eran mariñeiros e nadie protestaba.NUNCA.Todo o mundo contribuía.tiñamos ese orgullo.E que vida non había anos atrás aqui? casi tanta como tendes oxe na Arousa. Aquel sanmartin marcando o paso alí donde xogaba, aquela pista do campo chea de rapaces sempre a enredar. tabernas cheas de xente, mozos a cantar en calquer rincon...chegaba o carnaval e salian mil peñas e comparsas,todo porque abía xuventud... E oxe, donde está eso? Eliminouse aquel sistema,moitas actividades non resistiron e desapareceron, a xuventud marchouse pa outros sitios a buscar o que antes tiñan aqui... E que é esta vila hoxe en día? nada. Casas vellas,bares vacios,calles desiertas e 4 vellos no muelle falando mal do pouco que nos queda. é triste decir que chega o dia da festa e ai que andar de porta en porta a buscar homes e pedindolles porfavor para quitar o Carme en procesion.e xa non digamos para facer 2 dias de festa, que ai que ir pedir polas aldeas hasta sabe dios donde para xuntar 4 chavos.

    Pois eso é o que tendes que seguir conservando como hasta ahora,e ben orgullosos.Cada entidad dentro das suas posibilidades,sin que axa moitas diferencias entre uns e outros pa que nadie se sinta perjudicado. E que o pueblo da Arousa siga en pé, siga dando o mismo ejemplo que da oxe, durante moitos anos mais. Si se fixo asta ahora...porque non seguir?

    ResponderEliminar
  16. Eu tamen quero dicir aljo sobre isto. A min pareceme ben que hai que dar aljo pas festas si, o que non me parece nada ben e que me poñan unha cantidade obligatoria. Eso ten que ser algo que ser a voluntade. A min non me gustan al festas do veran. nos anos que teño sobranme dedos pa contar as veces que fun a procesion do Carme recoñezo que es una festa das mas bonitas que hay, pero vista un ano ya vistes todo, sempre e o mesmo. as orquestas no regueiro non me gustan. gustarariame que gastasen mas cartos en grupos de folk galegos e mais gaiteiros polas ruas que cando vexo pasar dous ou tres pareceme ridiculo. Vale e a miña opinion e evidente que non me gustan este tipo de verbenas, pero ainda asi non me importa colaborar pa que outros disfruten delas. pero volvo a repetir non que me impoñan unha cantidade.


    E sobre o tema dos mariscadores, si foi aceptada en asamblea pois eu non recordo nada diso, esa asamblea seria antes de nacer eu je, seria interesante volver a preguntarnos os mariscadores si queremos seguir facendo ese aporte obligatorio as festas. Os bares? e verdade aportan moito pero tamen son os unicos que saen beneficiados.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.