Buscar neste blog

22 de xan. de 2010

A pérgola que nunca deu sombra

Pérgola no paseo marítimo do Cantiño

Será porque a salitre queima as prantas, porque non se escolleu a especie gabeadora axeitada, ou porque non recibiu os coidados que precisaba; o caso é que a pérgola do paseo marítimo do Cantiño xace desde a súa construción nun estado de triste nudez, sen follaxe que a envolva, nin en inverno nin en primavera. E así van pasando as estacións.

60 comentarios:

  1. Sorprendeche que este abandonado? Igual que o resto da Illa. Aparte do parque que esta donde era o agro do cura, o resto da Illa esta en estado abandonado. No concello teñen cousas mais importantes que facer rapaz, que andar coidando os parques e zonas publicas. Mais os anos que pasara asi ainda.

    P.D. Xa falara anteriormente das paradas do autobus pos crios, o das Aceñas, que pasei onte mesmo por ali, ainda esta entre silvas e toxos, fai mais de 3 anos que leva asi. E os rapazes usano, bueno, tratan de usalo porque ali nin as ratas. INDECENTE. O Señorito alcalde deberia caerlle a cara de vergoña. Pero que se vai esperar si o tipiño ese nin anda pola arousa a interesarse por nada. E o do PP que e mesmo das Aceñas parece non importarlle tampouco a parada dos crios. Todo importa nas eleccions, eso si, cando andan po las casas coa sonrisiña pidindoche o voto. A limpar e adecentar a Illa carallo, espabilade palanquins que non facedes mais que chupar do bote.

    ResponderEliminar
  2. ¿Pero onde as pérgolas teñen vexetación? En Vilanova, as pérgolas tampouco teñen, tiveron nin terán vexetación a pesares de non estar afectadas polo mar. Como di o anónimo anterior, os alcaldes, sen importar do partido que ao que pertenzan, teñen cousas máis importantes (para eles) nas que pensar... pero para estes detalles importantes para a cidadanía poderían recorrer aos concellais.

    ResponderEliminar
  3. Que a que boa pérgola se arrima, boa sombra o acubilla

    ResponderEliminar
  4. As últimas duas semanas antes das anteriores elección municipais anduveron a lume de carozo lavandolle a cara a Illa, hasta pintaron a escola de pau, ca pintura por riba do limo e do musgo. Aquelo pareceume quererlle dar un caramelo a un nenon a ultima hora, pero o triste e que lles funciona e deben pensar que facendo o mesmo dentro de catro anos, seguiran hai mangoneando e chupando do bote a esgalla.

    ResponderEliminar
  5. Estou completamente de acordo con este último comentario. Solo con ver como están estes días nos medios de comunicación cargando contra a oposición, dun xeito vomitivo e rastrero, e votando gasolina ao lume das desgracias.
    A que está por vir pode ser de aupa. Os Socialistas coma sempre van a poñerse como gatos panza arriba sacando fora deles o que mellor saben facer que é o discurso do odio, do medo e do resentimento.
    Por certo, quixera propoñer a Isidro Carallada a nobel de literatura pois xa aprendeu a asinar as notas de prensa que lle escribe o Alcalde-literato que temos. Sigue así Isidro, ilumina este deserto de ignorancia.

    ResponderEliminar
  6. jajaja, canto pepero resentido visita estos lares, vergoña vos debia de dar, vir a illa unha conselleira a mirar o pantalan do igafa, ten collons a cousa, para iluminarnos xa nos chegan as notas de prensa de Juan Jose , e o voso blog con enlaces a sitios falangistas, eso si que ilumina o deserto de ignorancia.

    PD: como tendes moita man coa diputacion, chamadelle e dicidelle que esta semana teñen boa sason, haber si se dignan a facer a rotonda das laxes, si fose en ribadumia xa estaria feita.....

    ResponderEliminar
  7. Vergoña tiñas que ter ti, socialista ignorante, facedes un proxecto de porto que é unha engañina para os mariñeiros, unha ratonera de ventos feito para que as embarcacións se vaian a pique e agora tendes a cara de emcambarlle o morto ao PP. Claro, como pensábades que solo "o voso amigo Pepiño e, como diría o Ilustrado Carallada "a súa Troupe" " iban a ser usuarios VIP vendéstedesnos unha merda que agora outros terán que remediar.
    En canto á rotonda espero que non a faga a Diputación, que se joda todo dios e espero que ti particularmente. Xa solo faltaba que lle quitasen as castañas do lume ao pailán do alcalde, a quen lle arranxou as esquinas o de Islafer, e como ahora solo ten cartos para manter concelleiros liberados e comprar audis ten que mendigar e arrastrarse ante Louzán.
    Pois así, seguide chorándonos, e mentras ide arreglando a rúa da torre que cada dous por tres tendes que arranxar a merda de rúa que alí se fixo.
    O dito, quero vervos mendigar as axudas.

    ResponderEliminar
  8. Por certo, a conselleira ten máis collóns que todos vos xuntos e, desde logo, que a porca da anterior, que ten o Chalet a pé de praia e que espero que llo tiren a baixo por delincuente...claro, como todos os sociatas.

    ResponderEliminar
  9. non vou a cair o teu nivel , de insulto gratuito, si lees o meu post no leeras ningun insulto(se non consideras pepero insulto , ou falangista).

    Imos por partes, si criticas que o primeiro proxecto do muelle estaba mal, podes ir 16 anos atras de xunta do Sr. Fraga, ao mellor gustache mais ese proxecto, eu non sei exactamente quen redactou o proxecto do muelle, pero dame que xa debia de ser heredado de esa epoca.

    En canto a rotonda, iluso que non ves mais ala da tua cor politica , e unha carretera da diputacion, e a obra ten que facela a diputacion , o concello xa fixo a sua parte que son as beiraruas , o asfaltado correspondelle a diputacion, por min que non a fagan, eso si , cando haia un accidente con un rapaz, despois non vir a lamentarse, e si podo elixir que che pase a ti, para que despois estes tan contento porque non a fagan.

    En canto a chorarvos axudas, non me explico como se pode ser tan nulo , a min nom me fai nada a rotonda, pero podeste leer , que tendes a diputacion como si fose unha tenda vosa?? e penoso, e o peor e que o aplaudides.

    Por ultimo , si lle teñen que tirar o chalet a anterior conselleira de pesca, que llo tiren, eu serei o primeiro en aplaudilo, como aplaudirei o dia que tiren a de treviscoso e catro mais que teñen que cair, o que fai unha obra ilegal que se ateña as consecuencias, si queres miramos as casas de dudosa legalidade que hai na illa, e vemos si hai moitas de sociatas ignorantes, ou de peperos resentidos....fai un sol de carallo.

    un saudo

    ResponderEliminar
  10. Tirar as casas, que non molestan e aplaudir os edificios de catro prantas a pe de praia. Eso si e talante. O que escribeu este ultimo comentario entendo que sea un socialista defensor do indefendible. Agora que desee o mal os veciños e moi triste.

    ResponderEliminar
  11. Pero a de que nivel me falas. O teu nivel é o dun sinverguenza rastrero porque ti méteste co meu comentario falando de "pepero resentido". Pero bueno, quen carallo te crees que eres? quen falou contigo para dirixirte a min neses termos? por qué collóns falas de falanxistas e mencionas ao portavoz do PP? pero haberá máis fascistas que vos, panda de apedrea casas dos collóns asusta miniños, que si vos deixaran pasaríades pola pedra a todos os que non pensan coma vos. Que ides de proletarios e sodes os máis fachas e caciques capitalistas que hai nas dúas marxes da ría.
    Incluso, caradura, nomeas a Treviscoso pero esqueces deliveradamente ao Jueso que vive ao lado e que non ten expediente de derribo nin sanción porque é quen é.
    En canto ó do muelle habíadesvos de joder con él, o proxecto era socialista e bendecido polo Alcalda e o resto da comparsa, do que nunca dixeron mú hasta agora, que choran axudas, claro, si gobernara carmiña galego xa llas estarían dando ós Caralladas e para o resto...OSTIAAAAAAS.
    En canto ó da rotonda, si eu fora Louzán terían que vir arrastrándose o alcalde e Genito, e si non que llo dixeran ao de Islafer que foi o que máis cartos puxo para a modificación das aceras, pois dudo que o concello puxera un céntimo daquela desfeita.
    E para finalizar direiche que o de desexarme mal a min súdama, teño os collón coma cabezas de allo de jordos como para reirme de catro sociatas e recordareiche que neste pobo os socialistas son tan miserables e rastreros que desvían as culpas e buscan sacar tallada de lamentables accidentes coma o do outro día

    ResponderEliminar
  12. Pois eu digo que a min gústame esta...

    música...

    http://www.youtube.com/watch?v=dtG5zqbDNXA

    ResponderEliminar
  13. Un tema que di un señor hai das casas. Xa que nombrastes a Treviscoso, persoa ca que non teño nada nin e santo da miña devoción, para que che vou mentir. Cando estaba todo este follon en apogeo picoume a curiosidade, e entrin nunha paxina que se chama sixpac que mide as distancias e as areas das leiras. A casa dese señor esta mais de 100 metros alonxada da costa, unha esquina pasa dos 110 e a outra se mides dereito anda nos 100 raspados. Eses 100 metros raspados son para el, porque outros que estan bastante mais cerca da praia non teñen eses problemas, entre eles a que esta o lado del que comentou un señor hai arriba e a que recentemente esta construindo un familiar do ex concelleiro de urbanismo que todos sabemos quen e pero non necesito nomear e que ten todolos permisos en regra. Que e ilegal o que incumpre a lei, ou o que denuncia o axuntamento en funcion do amigo que seas. Si tiran todolas casas que estan a menos de cen metros da costa, haberia que tirar moitas, tamen en riason, e noutros lugares que che aseguro que non cumpren a normativa. Nunhas fixeron a vista gorda e a outras denunciaronas, e eu penso que non hai que tirar ningunha, pero hai xente que cree todo o que lle contan, eu informomo e non creo todo o que me din catro ignorantes porque eu non son coma eles. Teñoo claro si a esa xente lle tiran a casa o dia siguiente ten que haber moitas denuncias enriba da mesa, non e a solución, nin conven facer unha guerra civil no pobo, pero o que a provocou o que lle dixo a xente que construira, que foi o axuntamento non se pode lavalas mans, e mirar pa outro lado. Aqui o que protestas insultano, a xente que defende o seu traballo de tantos anos fai ben, e a moitos veciños parecelles mal, eso di do talante e da pouca autocritica de moitos. Seguimos pintando por enriba do limo pero non pasa nada, vivan as chapuzas.

    ResponderEliminar
  14. Vamos a ver , como xa vexo que non hai con quen falar, solo che vou a responder a unha cousa, non poñas na miña boca que eu lle chamara falangista a Juan Jose, porque eu non dixen nada de eso, o contrario creo que e unha persoa seria e que traballa po-lo que cree, dixen que hai enlaces a paxinas falangistas no blog do pp, na miña vida lle chamaria iso ao Sr. Gonzalez.



    Contigo xa remato, por que debe ser certo que tes os collons moi grandes, e mais hasta creo que debes de ter o cerebro neles.

    O anterior que comenta, solo lle vou a aclarar unha cousa e a preguntar outra.

    Eu non quero que lle tiren a casa a ninguen, e mais non vexo o dia e que o goberno que sexa , lle de unha singularidade a illa, que permita os que somos de aqui aproveitar os poucos terreos que temos, sen facer animaladas pero aproveitar os maximos posibles , treviscoso obviamente tampouco e santo da miña devocion , pero si che son sincero non me gustaria que lle tiraran a casa, nin a el nin a ninguen.

    e agora fagoche a pregunta, de donde sairon os expedientes que penden sobre as casas da illa?? creo que todos o sabemos, asi hai que mirarse o ombligo un pouco, porque moito ir a encerrarse no concello , e o final o recurso que presentou o concello foi o que dou a vida para as casas do furado, e os expedientes viñan da xunta do PP , hai que ser menos hipocritas.

    un saudo

    ResponderEliminar
  15. Disposición transitoria terceira da lei 22/1998, do 28 de xullo, de Costas.

    Punto 3. (Redactado segundo a Lei 53/2002) Os terreos clasificados como chan urbano á entrada en vigor da presente lei estarán suxeitos ás servidumes establecidas nela, coa salvidade de que a anchura da servidume de protección será de 20 METROS.

    Non é o mesmo polo tanto As Laxes que Espiñeiro. As Laxes é un núcleo urbano, Espiñeiro non.

    Tamén é curioso o que expón algún comentarista dos expedientes de infracción da citada lei. NON SON COMPETENCIA MUNICIPAL. Eu engado, menos mal que non son competencia municipal escoitando a algúns. O artigo 110 da mesma lei establece que corresponde a Administración do Estado, letra c, a tutela e policía do dominio público marítimo-terrestre e das súas servidumes. Non é mérito nin demérito de ningún Concello. Outra cousa son as denuncias. Descoñezo o dato, pero non sei si haberá nin a primeira. Os expedientes saíron da infracción da lei.

    E digo eu, o que constrúe unha casa fora de ordenación, sen permiso, será porque ten cartos para facelo, porque o banco non llos vai prestar, non se pode hipotecar. Así que a priori, logo xa sabemos que caso a caso as cousas cambian e hai matices, os que construíron nesas condicións non son pobres. O pobre igual tivo que vender a leira e comprar un piso.

    ResponderEliminar
  16. Ti vaille dando... expresión mafiosa que algúns pronunciaban e que outros querían ouvir. Non houbo ninguén que denunciase ese comportamento, nin veciño afectado nin técnico municipal. Vergonzoso. E si algún denunciaba unha infracción... era o malo da película. Así nos foi.

    Para min moita culpa téñena os arquitectos, individualmente e tamén como colectivo, incluído o colexio de arquitectos. Como se pode redactar e visar un proxecto nunha parcela que non é apta para a construción ou non adaptado á normativa urbanística en vigor, como se pode cobrar por un proxecto que non se pode executar, como non se denunciaba esta situación polos arquitectos que teñen coñecementos técnicos e sabían o que de verdade estaba a pasar... Neste país todos a chupar do bote e ao carallo!, e que se foda o pobo. Penso que a maioría das vivendas que infrinxen a normativa urbanística, ou a de costas, por non dicir todas, contan cun proxecto que tiveron que pagarlle a un arquitecto, que custou de media 3.000 euros, e pagar taxas municipais, ou algunha sanción menor para compensar o mamoneo, ou algunha ronda de cubatas. Para esta viaxe non precisabamos tantas alforxas.

    ResponderEliminar
  17. Esta ben que non queiras que lle tiren a casa a ninguen e agradezoche ese comentario porque demostrase que se pode discutir contigo. O axuntamento da Illa sacou fotos dalgunhas casas e mandoullas a Xunta do PP, que fixo o correspondente expedientes. Podoche asegurar que hai casas ilegais, sin denuncia porque o sei de primeira man. Neste pobo antes da entrada en vigor do Pxom fixeronse moitas casas fora da lei, moitas delas legalizaronse o aprobarse o PXOM, que foi a principal cuestion para que todolos grupos o apoiaran, xa que habia moitos problemas con este tema. A moita xente dixoselle dende o Concello que fixesen a casa, a maioria estan hoxe legales, pero hai outros que non. Poñovos un exemplo, a dia de hoxe se te pos a levantar unha casa ilegal, o axuntamento non cha deixa ir para arriba porque a denuncia, es ningunha deasas as denunciou, porque apoiou os promotores e dixolles que non habia problemas. Por eso digo que o Axuntamento non se pode lavalas mans, e pasar da xente e insultala coma a insultou. Todo o que defende a sua vivenda ten toda a lexitimidade do mundo, hai outros que defenden outras cousas.

    ResponderEliminar
  18. Curiosa reflexión. O que defende algo ilegal ten toda a lexitimidade do mundo, e o que defende o cumprimento da lei non. Moi ben.

    ResponderEliminar
  19. pois si ,como aclara o comentario de arriba e unha reflexion cando menos curiosa.
    Creo que te equivocas en unha cousa, eu sin sabelo de primeira man, pareceme moi raro , que o axuntamento sacase fotos e as enviase a Xunta do PP , cando dou manga ancha para obrar antes do Pxom, coa famosa frase de ti vaille dando , creo que todos sabemos que as denuncias viñan de arriba, asi que quererlle botar a culpa o concello (das denuncias)non me parece de recibo , que por outra parte si a ten, xa que como institucion nunca debeu deixar obrar sen licencia, porque despois pasa o que pasa, que ainda encima que vas de bo rollo , caenche paus.

    Hoxe saia algo na prensa de unha modificacion da franxa de proteccion dos 500 metros do bipartito, non tiven tempo a leela, pero veredes como a illa queda outra vez fora de calquer tipo de singularidade.

    saudos

    ResponderEliminar
  20. Si senhor, agora as ilegalidades chamanlle "bo rollo"...o mundo o revés, oes. Os sociatas trampons sempre queren levar a razón

    ResponderEliminar
  21. Podoche asegurar que o Concello, por medio da policia local, sacou unhas fotos en algunhas obras e non en outras, e mandoullas a Xunta. Ir de bo rollo, non me parece unha frase acertada. De bo rollo foron con alguns que si teñen as casas legais facendo o mesmo que outros. Eu non vin nin autocritica, nin compromiso, nin nada parecido por parte do Concello. Pero si as trampas, os engaños, as mentiras, e as manipulacións son bo rollo, teñen moito, moito bo rollo.

    ResponderEliminar
  22. A verdade é que no do bo rollo lucícheste. O bo rollo é para manterse no poder, o cal non é alleo a ningún Concello, tampouco ao noso. As ilegalidades cometéronas algúns veciños e o Concello mirou para outro lado... e a oposición tamén, sobre todo o pp.

    A desfeita urbanística, na Galiza costeira fundamentalmente, non é exclusiva da Arousa, máis ben somos unha excepción. Non hai aberracións destacables, e as que hai, paradoxalmente están permitidas polo vixente pxoum, aprobado por tódolos grupos con representación municipal. Curioso.

    O debate de ideas e de puntos de vista distintos está ben, os insultos non axudan a clarexar nada.

    A prohibición de construír a menos de 500 metros da costa era para aqueles Concellos que non tiñan adaptada a normativa urbanística á lei do 2002, entre eles o noso, o que motivou a famosa modificación do plan xeral disfrazada de vivendas sociais. É dicir, ou os concellos poñían ao día os seus plans de ordenación, ou os redactaban, porque a verdade é que moitos carecen del, ou non se pode construír a menos de 500 metros. O bipartito chegou e mandou parar, e dixo que ou se cumpre a lei e se planifica ou non se constrúe. Que menos vendo as barbaridades que se cometeron na costa. Isto xunto outras actuacións como as normas do hábitat motivaron o recoñecemento europeo á política urbanística da anterior Xunta. Para algúns a política do bipartito era continuísta. Loxicamente os especuladores protestaron e feijoo díxolles que tranquis, que cando chegue eu seguiremos desfacendo o país. Agora imos ver o que vai pasar, non lle resultou tan sinxelo porque en Europa están ata os collóns de nós, de mandarnos cartos para que os invistamos en cemento e ladrillo improdutivo. Dicían que era en aras do progreso. Si, xa se veu, do progreso deles. A costa desfeita e o problema da vivenda sen resolver, Galiza diverxía de Europa e da media española. Aínda hai quen comulga con rodas de muiño.

    Sen esta prohibición non sería preciso todo o conto que se montou na Arousa. Non sería preciso o voto do independente, e dos do psoe. As áreas de reparto implicadas nunca se terían visto afectadas pola prohibición dos 500 metros. En resumen, a avaricia rompeulles o saco, tiñan tanta presa para poder construír, pensando que se vendía todo incluso antes de facelo, que se compraron vontades para finalmente non facer nada xa que a burbulla inmobiliaria estalou, levando consigo as vivendas sociais, e non descartes que finalmente tamén ao equipo de goberno do Concello. Apenas catro anos despois chegou derribos feijoo e quitou a prohibición. Se non modificasen o plan, hoxe esas áreas valían máis que antes da modificación. Viva a boa xestión.

    ResponderEliminar
  23. Eu non estaba a favor de algunhas cousas que fixo o bipartito, que no imos enumerar aqui. Pero o das normas habitat pareciame algo moi bo, si gastas os cartos polo menos que sea nunha cousa decente e non en nichos sin luz. O de comprar voluntades tamen me parece que este ultimo comentario esta no certo, as aberracions mais grandes son legais, en todolos concellos goberne quen goberne, porque son de xente que tiña pasta, agora o mellor estan arruinados. Os poucos dias das eleccions municipais, o Alcalde da Illa dixo en Telesalnes, que todo o que salia no DVD aquel tan bonito, era para facer en catro anos, obxectivo ambicioso dixo pero para catro anos. O das vivendas sociais que era o mais interesantes, xa sabemos que a Sercoysa de momento non lle interesa, a porta da illa e de chiste. Poñer aquelo cas carencias portuarias por exemplo que temos no chufre. O triste e que despois de tantas mentiras, engaños, e despilfarro, vira contarnos un conto e irmemos todos a votarlle. Eu non pero si a maioria. Respeto a que no vote, pero a sua xestion e catastrofica, eso creo que o pensa ata os que o votamos nalgunha vez.

    ResponderEliminar
  24. joder pois si que dou de si a frase de bo rollo, notase que non son politico , que son un mais que so expresa a sua opinion, chamadelle como queirades , pero si cada obra ilegal que se empezaba mentres non habia pxom , o concello a parase e abrise exepdiente de derribo, haberia moitas casas menos na illa, e os do concello serian uns fillos de puta, como miraban para outro lado, e permitian manga ancha, ahora son uns cabrons, en fin...

    Esta discusion xa tivemos en este blog, uns estamos de acordo en construir con xeito, para que todo o mundo intente aproveitar as suas leiras, outros queren todo verde e que non se construa mais, opinions para todo-los gustos, como na feira, eu persoalmente xa sabedes que estou a favor de evouliconar con xeito.

    O que esta claro e unha cousa, o Pxom foi aprobado por unanimidade , pese a quen lle pese, agora e moi facil criticar, pero non quero pensar o que houbese ocurrido si en esta epoca de burbulla inmobiliaria estivese gobernando o PP , a illa pareceria Benidorm, e sinon tempo o tempo...

    ResponderEliminar
  25. Político non serás pero falo bastante ben.

    Non che vou recordar que os Alcaldes e Concelleiros xuran ou prometen o seu cargo, o día que toman posesión do mesmo, dicindo que cumprirán e farán cumprir a Constitución e as leis. A lei 1/1997 do solo de Galiza, obrigaba aos alcaldes a suspender de inmediato calquera acto de edificación ou de uso do solo que non tivese licenza ou que non se axustase ás condicións outorgadas pola mesma, arts. 157-180, se a obra non era legalizable, procederíase ao seu derrubamento inmediato a custa do interesado, no caso de non facelo, sería a propia administración municipal quen efectuase o derrubamento, ou ben impoñendo multas coercitivas...

    Finalmente, e aquí ven a solución aos teu pesadelos, a lei do 97 establecía que se un municipio incumpría coas obrigas da lei, poñamos por caso o noso, é un supoñer, ou non adoptaba as medidas necesarias para protexer a legalidade urbanística, debía ser requirido con indicación de prazo polo Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e si o concello persistira no incumprimento estaríase ao disposto na lexislación de réxime local e, no seu caso, poríase en coñecemento Ministerio Fiscal para esixir as responsabilidades a que houbera lugar. E obvio que nada disto aconteceu.

    Agora penso que sería xusto que lle recoñeceses á Xunta gobernada polo pp que posibilitase, de bo rollo, que se construíse á marxe da legalidade urbanística na Arousa. Viva a evolución con geito.

    ResponderEliminar
  26. Si gobernara o PP esto pareceria Benidorm, e agora que temos, é mais edificios porque non lles dou tempo. Si hasta querian edificios no con do forno, xa non hai que dicir nada do Cabodeiro, Furado, as fabricas de conserva recalificadas, donde querias que deixaran mais os do PP, no campo da bouza. Si gobernaran eles serian tan malos o mellor, pero peoros dudo moito. Eso si quen non se consola e porque non quere. Son moi malos e corruptos pero mais vale malo coñecido... que trite

    ResponderEliminar
  27. que merda de politica!!!pero non vedes que tanto un vando como o outro que tanto defendedes os dous teñen que rascar?oxe en dia non hai politica honrrada, son todos uns putos ladrons, eu personalmente fun sosialista pero hoxe en dia e que me repugnan todos, solo saben sacar o peor de cada un e votalo todo na cara en ves de preocuparse do que de verdad fai falta, de verdad que son penosos e un fato de mafiosos, esta demostrado tanto por un lado como polo outro!!! e porfabor que dimita o señor genito...o de señor asi o contrario claro!!!

    ResponderEliminar
  28. e xa sei que teño faltas de ortografia pero dame polo cu!!!!!

    ResponderEliminar
  29. Vale, agora xa podes opinar.

    ResponderEliminar
  30. Tes mais faltas de educacion que de ortografia!

    ResponderEliminar
  31. hacia os politicos ainda teño poucas!!!aaaaajjjj,ladrons!!!

    ResponderEliminar
  32. Faltou recalificar carreiron, e facer un piscina privada na lagoa. E todos caladiños. O que falou de Benidorm, e mellor que cale para dicir tanta burrada.

    ResponderEliminar
  33. AY! QUE PENA ME DADES!!!!NIN QUE A POLITICA VOS DERA DE COMER.DEIXADE DE PELEAR ENTRE VOS. DEIXADE AO VOSAS PREFERENCIAS POLITICAS O MARXEN E EMPEZADE A PREOCUPAROS DE VERDAD POLOS PROBLEMAS QUE TEMOS NESTE POBO E NO TRABALLO.

    P.D. O tempo que perdedes insultandobos uns a outros mellor seria que os invirtirais en coller una plantiña de jazmin que non vos van arruinar, plantadelas nesa pergola e en dous anos ya podedes ir sentar o culete ali debaixo a sombra e tirarbos os trastos a cabeza.

    ResponderEliminar
  34. Eu plantaba unha de maria pero non sei si iba a durar moito.

    ResponderEliminar
  35. Planta o carallo, que o plante o concello que pa eso esta.

    ResponderEliminar
  36. eu creo que seria unha boa actividade para a asociacion de veciños que recibe subencions da diputacion, non me acordo como se chama , buscarei no google.....

    saudos

    ResponderEliminar
  37. Nadie se escapa de Google,orixinal o nome, bucenado atopei esto, o dito , seria unha boa iniciativa, porque traballando como levan desde o 95 , eu non sei nada deles e vivo na illa.

    http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=578&idEdicion=895&idNoticia=359349



    "A Deputación de Pontevedra ven de conceder unha subvención de 3.000 euros á Asociación de Veciños San Xulián, na Illa de Arousa, que servirá para adquirir mobiliario de oficina e equipamento informático.

    A devandita asociación, que organiza actividades de ocio e tempo libre e cursos formativos para distintos colectivos desde o ano 1995, acolleuse ó Programa de Acción Comunitaria da Deputación posto que, dende a súa constitución, non tiña renovado o material de oficina.

    Xa que, ademais de asesorar en solicitudes e tramitación de documentos, a Asociación tamén atende ás distintas queixas dos veciños, consideraba indispensable dispor tamén dun equipamento informático acorde ás súas necesidades.

    Esta colaboración económica procede do Plan de Acción Comunitaria (PAC) da Deputación que ten como obxectivo colaborar coas agrupacións veciñais da provincia en aspectos relacionados coa mellora do medio rural e dos barrios mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.

    Segundo establecen as bases do PAC, as obras deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 2009.
    Chuza esta noticia A Deputación concelde 3.000 euros á Asociación de Veciños de San Xulián, na Illa de Arousa Añadir a Menéame la noticia A Deputación concelde 3.000 euros á Asociación de Veciños de San Xulián, na Illa de Arousa"

    ResponderEliminar
  38. Pero quen carallo é Esther? a de Amalia?

    ResponderEliminar
  39. debe de ser...jejeje!!!!

    ResponderEliminar
  40. Que triste os progubernamentales neste pobo. Que os unicos argumentos que teñen para defender o jefe superior e que louzan e moi malo malisimo. Primeiro querenlle calar a boca a xente e despois non teñen argumentos para defender a corruptela que teñen montada en palmeira, con irmans fillos y demas amigos que xa sabemos todos. Si os vosos argumentos son os outros son peor, que pode ser eu non como de ningun, ides moi mal. Triste, tristisimo, viva o caciquismo local, faltan milicias que mandastedes cando veu a Caride e apedrear a xente, a perdon eso xo fixestedes.

    ResponderEliminar
  41. Si te decides por a Maria que sea da boa haber si vos da por reir un pouco en vez de tirarbos os trastos a cabeza por cousas tontas como a politica. Quen e Esther a da Amalia?. Non sabia que habia unha asociacion de veciños. Onde esta? que teño moito de que queixarme.

    ResponderEliminar
  42. Flor de millo03/02/10, 14:40

    A ver Esther, que e para ti falar de cousas serias, dos geranios en maceta?

    ResponderEliminar
  43. hola esther, explicoche donde creo que esta a asociacion de veciños, si viches a foto da casa que ten o pinche coas cunchas de vieira, ali en suaviña donde estaba antiguamente correos, pois metendote por esa casa hai un corraliño e hai creo que esta a asociacion de veciños antes nombrada.


    saudos

    ResponderEliminar
  44. A ver Esther, tes duas alternativas mais, si vas polo cruceiro en dirección a panadería de Mascato, atoparas a man esquerda o local dunha delas, apenas ten actividad, pois solo se reúnen unha vez cada catro anos. A outra esta no primeiro piso do edificio da antiga Caixa Pontevedra ainda que ten múltiples subsedes, proba do poder económico e caciqui que detentan, desde Palmeira ata o Regueiro. Pero claro, si non te fas socia VIP non tes moito que facer.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  45. Venenos lousán03/02/10, 18:45

    Si, si, estas dúas eu xa as coñecía. Grazas pola información pero o que necesito saber é onde está esa asociación chamada san xulian. O que non sabía era que o ano pasado o psoe mailo bng na Arousa recibisen 3.000 euros da deputación do golpista, mafioso e analfabeto lousán... estás seguro do que dis ou falas por falar?.

    ResponderEliminar
  46. retranca jalleja....


    saùdos

    ResponderEliminar
  47. A sede teñoa eu03/02/10, 22:08

    Huy, huy, se mosquea el erudito displicente. Por cierto, ¿quién es el chino LHOU TSAN?

    ResponderEliminar
  48. joder, a pergola non dara sombra , pero mira que da que falar.......

    ResponderEliminar
  49. Alguén sabe onde está esa asociación de veciños?. Non che vou dicir quen é o golpista analfabeto porque é quen che paga, a ti e a moitos coma ti. Iso si, todo cos nosos cartos.

    ResponderEliminar
  50. Flor de millo.Os geranios son un tema moi importante por si no sabias, hay que coidalos moito pa que esten bonitos.
    Cousas importantes de que falar hay moitas, como por ejemplo como solucionar os problemas que temos no pobo.podiachos enumerar un a un pero non creo que faga falta, xa todos sabemos de que carecemos.

    O que vos facedes non e falar de nada seerio, ni aportar nada, o unico que facedes e.PSOE. nos que guapos que somos!.PP. Nonnnn nos somos os mas guapos!!!!!!. BNG. diso nada os guapiños somos nos!!!!.
    como non vos poñedes dacordo de quen e o mais guapo e mais listo dedicadesvs a insultarbos uns a outros sin aportar solucions a nada. eso si, tamen sin dar a cara, aunque tampouco en necesario non e tan dificil saber quen esta detras dun anonimo. esto da tegnoloxia avanza tan rapido. benditos programiñas informaticos!!!

    Sean ustedes buenos y disfruten del dia de lluvia y viento.

    ResponderEliminar
  51. Flor de maíz04/02/10, 14:46

    Pues que raro Esther, yo tengo una IP dinámica que se refresca cada vez que enciendo el ordenador, así que me rio de los programiñas iformaticos tuyos.

    ResponderEliminar
  52. Metíchesme o medo no corpo. Xa non escribo máis. Agora vin a luz, a juapa es ti.

    ResponderEliminar
  53. Xa sabe quen esta detrás dos anónimos e eso q a Esther non e da arousa...tocate los pistilos.

    ResponderEliminar
  54. joer, canto intelectual e canto listillo ai na miña arousa, a maioria da pena leer os seus textos, pouco a pouco vai desaparesendo o dialecto da nosa arousa...en fin, que pena.

    ResponderEliminar
  55. ahora resulta que todo o mundo fala o jallejo normativo pero non por eso se e mais listo ou mais culto!

    ResponderEliminar
  56. O galego normativo non o sabemos nin os que o falamos sempre. Un idioma inventado, que non se axusta a realidade e que conseguiran que cada vez o fale menos xente. Uns fenomenos os RAG e os da mesa da normalizacion, ou aportuguesacion linguistica.

    ResponderEliminar
  57. A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentou o pasado venres 5 de febreiro a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.

    http://prolinguagalega.org/2010/01/26/55-mentiras-sobre-a-lingua-galega-a-primeira-publicacion-de-prolingua/

    Agasalláronnos cun adianto de 20 mentiras que se poden ver na rede. Dan resposta á maioría dos tópicos sobre a nosa lingua, algúns deles repetidos nos últimos comentarios publicados.

    Mentira 17

    http://www.slideshare.net/a_profa/prolingua-20-mentiras-2010

    Podedes mercar o libro, é barato, ou pedir que a biblioteca se faga con algúns exemplares.

    ResponderEliminar
  58. Deslenguado08/02/10, 16:36

    A min súdama...

    ResponderEliminar
  59. Para suarcha emites xuízos sobre a lingua cando menos discutíbeis. O mellor para a suor é unha boa ducha. Catro palabras incluíndo o nome e dúas grallas, cincuenta por cento, non está mal para quen se atreve a opinar da RAG, da Mesa, da AGAL...

    Dicíame un vello que un home sen información non pode ten opinión. Ti es un ousado.

    Mil primaveras para a nosa lingua.

    ResponderEliminar
  60. O Estatuto de Autonomía da Galiza di:

    ARTIGO 5

    1. A lingua propia de Galicia é o galego.
    2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
    3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
    4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

    Vese que o punto terceiro, neste caso no tocante a "facilitalo seu coñecemento", asunto que compete aos poderes públicos, non tivo moito éxito. Van alá cerca de 30 anos e, para algún, a responsabilidade deste fracaso non é daqueles que tiveron a responsabilidade de gobernar e polo tanto a competencia e potestade que lles outorga o Estatuto para acadar tal fin, senón de institucións e asociacións que non teñen poder para facelo nin lles corresponde estatutariamente tal obxectivo. Afortunadamente, os bos e xenerosos galegos non pensan así.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.