Os blogueiros mecos presentan o Grove como "a vila dos blogs", pero os carcamáns ímoslle á zaga. Aquí temos outro blog destinado a reflexionar sobre a Illa, Arousa a debate, da autoría de Sito Vázquez, ex alcalde de Vilanova -e da Illa, cando estaba integrada neste concello- e profesor xubilado. Na súa presentación, describe as súas prioridades de contidos: "as relacións sociais, a Natureza, o urbanismo, as artes plásticas, e todo tipo de divertimentos que tamén me fagan pensar". Benvida sexa unha nova opinión na rede!
Como vexo que pos accesos a traballos sobre a Illa de Arousa, creo que che pode interesar un que se atopa neste enderezo e que foi premiado por AFRIFOGA na feira de Silleda de 1986.
ResponderEliminarhttp://portaldarousa.iespana.es/manuais/montes.pdf
Grazas, xa está engadido!
ResponderEliminar