Desde que comezaron as obras dos pisos da punta do Furado, xurdiron entre os veciños todo tipo de rumores e especulacións sobre os promotores, xa que se daba o paradoxo de que esta gran edificación á beira do mar tiraba para adiante con todas as da lei, mentres as casas unifamiliares situadas por detrás, e polo tanto máis lonxe da liña de costa, estaban ameazadas de derribo. A empresa promotora, Residencial Illa de Arousa S.L, foi constituída no ano 2004 e ten a súa sede en Vigo. Está participada por Nova Urbe, o accionista maioritario, e por Promociones Invelux, ambas as dúas compañías, tamén con domicilio social en Vigo. Verán na web que a construtora pretende “distanciarse de las propuestas urbanísticas cuyo norte es exclusivamente la venta” (non sabemos lojo que farán cos pisos).
Que jodidos! Inda enriba con cachondeo...
ResponderEliminarEsto e o que tiñan que modificar os politicos, que o alcalde de turno poida recalificar uns terrenos si e outros non, sirve para que haya estes agravios comparativos. E como os axuntamentos viven das licencias interesalle mais as grandes construccions que as vivendas unifamiliares. Eu vexo os pisos dende o mar e de vedade eses monstruos de formigon son unha vergoña. Un saudo.
ResponderEliminar