Quen está detrás

Desde que comezaron as obras dos pisos da punta do Furado, xurdiron entre os veciños todo tipo de rumores e especulacións sobre os promotores, xa que se daba o paradoxo de que esta gran edificación á beira do mar tiraba para adiante con todas as da lei, mentres as casas unifamiliares situadas por detrás, e polo tanto máis lonxe da liña de costa, estaban ameazadas de derribo. A empresa promotora, Residencial Illa de Arousa S.L, foi constituída no ano 2004 e ten a súa sede en Vigo. Está participada por Nova Urbe, o accionista maioritario, e por Promociones Invelux, ambas as dúas compañías, tamén con domicilio social en Vigo. Verán na web que a construtora pretende “distanciarse de las propuestas urbanísticas cuyo norte es exclusivamente la venta” (non sabemos lojo que farán cos pisos).

Comentarios

  1. Que jodidos! Inda enriba con cachondeo...

    ResponderEliminar
  2. Esto e o que tiñan que modificar os politicos, que o alcalde de turno poida recalificar uns terrenos si e outros non, sirve para que haya estes agravios comparativos. E como os axuntamentos viven das licencias interesalle mais as grandes construccions que as vivendas unifamiliares. Eu vexo os pisos dende o mar e de vedade eses monstruos de formigon son unha vergoña. Un saudo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.