Nunha illa inzada de pisos baldeiros de nova construción, parece mentira, pero resulta unha tarefa difícil atopar unha vivenda en aluguer. Os propietarios prefiren reservar os pisos para os meses do verán, nos que chegan a cobrarlles 1.500 euros mensuais aos inquilinos, antes que facer un contrato de aluguer de longa duración a alguén que desexe vivir na illa todo o ano.
Por outra banda, a renda mensual do aluguer xa acadou a barreira dos 400 euros, un prezo moi superior aos que se fixaban hai só uns poucos anos, e por riba, as inmobiliarias obrigan a pactar o abandono do piso no mes de xuño. O incremento da oferta de pisos nin baixou os prezos nin incrementou as posibilidades de emancipación da xuventude local. O negocio do aluguer está no turismo de sol e praia.
estou moi enfadad@ con este tema... "su vivienda de vacaciones" ¿e nós qué?
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminareu queria aclarar que non e a inmoboliaria a que obriga a abandonar os pisos en xuño senon que son os amos dos pisos o que o exixen.
ResponderEliminarA esta situacion le podemos dar gracias a nuestro querido ayuntamiento. Viva la especulacion urbanistica! Prohibir hacer unifamiliares a los que somos de aqui( si, si prohibir porque no me digas que todos tenemos un terrenito que nos han dejado los abuelos o padres y para que?) y dejar construir barbaridades de edificios con apartamentos de 60M2 para los turistas.
ResponderEliminarEn fin como muchos otros que somos de la Isla, vamos a vivir fuera como a vilanova, Ribadumia, Barrantes, Cambados.
Estiven falando cun madrileño que ten catro pisos na Illa para alugar.Como estou buscando un piso para todo o ano, e "su fuerte es el verano" propúxome facer un contrato para todo o ano pero pactando que a 1ª quincena de agosto me vaia "o de vacaciones o a casa de tus padres", para así poder el aluga-lo aos turistas, desta forma él non me cobraría ese medio mes, menos mal!!! qué amable!! esto é insultante!!!
ResponderEliminarPor certo, estos catro pisos que ten o madrileño, situados ó lado da biblioteca municipal, son enanos.... ningún deles para habitar unha familia con fillos. De maneira, que tal e como está o tema do terreo urbano na Illa, o que se cosntrúe son minipisos para alugar no verán ós turistas...Bravo, xusto o que necesitamos!!! Creo que non se debería permitir construir pisos tan pequenos!! con este panorama solo se me ocurre unha cousa: tirar o puente abaixo!!!
ResponderEliminar