Buscar neste blog

20 de feb. de 2008

Un escudo sen consenso

O novo escudo oficial do Concello da Illa

CarcamánX inicia a súa andadura con varios temas de interese no escaparate, entre eles, o novo escudo oficial da Illa, aprobado en pleno o pasado mes de xaneiro, co voto en contra do PP e a abstención do BNG. É unha pena que na elección dun símbolo heráldico que representa a toda a comunidade insular, o equipo de goberno, de maioría socialista, non buscase o consenso de todas as forzas políticas. As principais críticas que recibiu o escudo por parte da oposición referíronse ás cunchas de vieira, que non son representativas da Arousa.
O novo escudo, conforme ás reglas da heráldica, substitúe a estoutro de inspiración libre, que se creou de xeito provisional despois de que a Illa se segregase do concello de Vilanova.

4 comentarios:

  1. Feo non esta. Pero como todo en este pueblo, o que din os socialistas do ayuntamiento esta ven feito sin consultar a nada mais. Esto deberia ser elegido polo pueblo e non por 3 caciques do ayuntamiento, que estan supuesto a representar a o pueblo.

    ResponderEliminar
  2. Paréceme moi acertado poñer o faro na ponte, así non nos quedaríamos ás escuras cando non encenden as luces da parte de Vilanova.
    Felicito a quen tivo a feliz ocorrencia.

    ResponderEliminar
  3. Eu flipin ao velo. A insinuasión da bandeira de Jamaica é o mellor sen dubida!
    E que fan as cunchas arredor?
    http://commons.wikimedia.org/wiki/Image:Flag_of_Jamaica.svg

    ResponderEliminar
  4. http://commons.wikimedia.org/wiki/
    Image:Flag_of_Jamaica.svg

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.