Buscar neste blog

16 de mar. de 2011

O turismo do vento


[Susi Rial] Ben coñecida é a forza coa que o vento sopra na Illa. Iso fai que cada vez sexan máis os que nos visitan para aproveitar esta enerxía que tanto abunda. Por iso, nas inmediacións do Bao é doado atopármonos con xente facendo surf, ski surfing e ata facendo voar unha cometa. O reclamo do vento é un factor do que case non se fai promoción, pero iso non evita que os visitantes veñan espontaneamente. Ademais, trátase dun turismo máis limpo e menos agresivo ca o de sol e praia. Tampouco se trata dun turismo estacional, porque para a práctica destas actividades non son imprescindibles as temperaturas agradables.

2 comentarios:

  1. Hai peña durante todo o ano, cada ves que ven un día bó pétase, eso que o sitio e pequeno

    ResponderEliminar
  2. a pena e que non halla infraestructuras ,para darlle servicios a este ,turiosmo,o exemplo claro da deisadez das distintas administracions,e a escola de vela tradicional que ten aquel miserable galpon ali,unha escola que ten a mañor flota de barcos tradicionais de españa,que consige a participacion de tanta xente cas suas actividaes culturais e deportivas ,que e o unico museo flotante que existe en galicia e no estado español,ten un miserable galpon como infraestructura, de pena bamos,algen se pode immaxinar un-as boas infraestructuras a li no bao,donde esta escola de vela tradicional ,terira a sua sede permanente, y a mañores poder atender a este turismo ecoloxico que temos todo o ano no bao,a ver si ahi sorte,y algen escoita esta voz que clama no deserto,

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.