A partir desta fin de semana, na illa incorpora unha nova colaboradora, Susi Rial Guillán, que nos irá achegando ocasionalmente novos artigos de temática arousá. Licenciada en Xeografía, Susi Rial xa ten colaborado hai tempo neste blog, coa redacción do artigo A ditadura do metro cadrado. Agora inicia unha nova etapa, que se estrea cunha entrada sobre os patos de Semuíño, o seu barrio. Os artigos de Rial irán identificados cunha etiqueta propia, que facilitará o seguimento das súas colaboracións.
Por outra banda, tamén foi mellorado o motor de busca do blog. O buscador anterior só permitía localizar palabras nos títulos das entradas. Co novo sistema, o buscador rastrexa as entradas completas e tamén os comentarios, un avance que tamén foi implantado en na illa 2, o blog de apoio no que se aloxan o dicionario de ausencias, a talasonimia e os outros proxectos de participación colectiva. Deste xeito, pódese recorrer ao buscador para consultar o significado dun termo e o debate que xenerou nos comentarios, ou para comprobar se xa está incluído ou non.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.