[Susi Rial] O desfile de carros celebrado o pasado sábado marcou o punto final do Entroido, logo da suspensión do acto a fin de semana anterior. Tanques, gnomos, castelos e fantasías de Entroido, entre outros, paseáronse polas rúas enchendo de música e colorido o inesperado epílogo destas festas. O Entroido é unha das citas máis agardadas na Illa durante todo o ano, polo que xa durante a semana anterior ó seu comezo, eran moitos os que ían quentando motores. O luns de carnaval máis famoso, que non é outro que o da Illa, non defraudou. Autobuses e taxis estiveron en actividade frenética durante toda a noite, dando lugar a unha nova marca de asistencia no día grande da Illa. O mércores de cinza, as mulleres das Rubas volveron organizar o enterro do liborio. E este ano, o “afortunado” para ser botado á fogueira foi Berlusconi. Desta vez, non se repartiu pan de millo, tal e como viña sendo tradición. E é que a crise chéganos a todos. O Entroido 2011 foi inusualmente máis longo e pode que sexa lembrado como o ano no que houbo menos comparsas, menos disfraces e menos carros do que viña sendo habitual. Iso si, o sentido do humor e as ganas de festa foron os mesmos ou maiores ca os de sempre.
Este ano baixou tanto o número coma a calidade das carrozas... O Concello debería facer un concurso de carrozas para premiar as mellores, deste xeito, a xente animaríase a facelas e a facelas mellor. Un Saúdo
ResponderEliminarjajajajaja,a unica vez que o concello,tentou organizar o desfile das carrozas,foy un fracaso,o carnaval da arousa,e moy peculiar,por que algo que surge des nos de unha foma esponea, forma parte da indosincrasia do noso povo,cada un fay o que quere, ou, o que pode,sin organizar nada, pero a realidade e que a crisis acfetou ata o animo da xente,como en todos os povos ,por elo non ahi humos como cando a vida bay mellor.
ResponderEliminarun saudo. pablo
para o 2:
ResponderEliminaré imposible que teñas tantas faltas de ortografía sen ser apropósito
A realidade e que o concello colabora dando cartos para material e cartón para facer as carrozas, pero deberían poñer algo que servise de incentivo para que a xente se animala a facelas con tempo e ben. Creo que un premio económico animaría moito á xente. Agora a excusa sera a austeridade, pero se o concello quere, pode facelo. Ou si non, quen se anima a facer unha comisiñon de festas para o carnaval da Illa?
ResponderEliminar3,e marqueting,jajajajaja
ResponderEliminarmoi boa PABLIÑO
ResponderEliminaramincostamemáisentenderaosqueindanondescubrironabarraespasiadora
ResponderEliminarUn premio económico importante levaría o carnaval da Arousa a parecerse ao de outras localidades onde o gran público é espectador e non partícipe como aquí. Pola contra a escaseza de colaboración por parte do concello fai que o carnaval que de un pouco deslucido agravado este ano tamén pola crise economica. O punto intermedio sería o xusto, unha pequena implicación do concello non só no aporte económico sinón tamén en canto a infraestructuras e o que anunciaba o Nº4 da creación dunha comisión de festas do carnaval para organizar e impulsar o tradicional mesturado co mais moderno. Cada ano hai mais disfraces pero bótase de menos os liborios de antes.
ResponderEliminarPois veña eu apuntome o da comision esa,asi que, os que esten pola labor,aqui un voluntario.
ResponderEliminarA xente anímariase moito mais a facela, se o concello organizase uns premios. O carnaval da illa ten o potencial suficiente para ser unha das grandes festas de toda a comarca, e iso levaría a un impulso da economía, xa que os bares da illa, que non son poucos, aumentarían as suas ganancias. O que falta e un simple impulso, algo que nos diferencie de todo o demais que se pode ver por aquí. O encargado de facer ese impulso debería ser o concello. Considero que unha inversión no carnaval Carcamán, podería traer beneficios para a xente do pobo, que non vive do mar, que esa xente, tamén existe. Por certo, un inciso. NECESITASE UN HOTEL DE ALTA CALIDADE NA ILLA XA! Atraería a xente con potencial económico e que gastaría cartos na Illa, aparte de dar moitísimos postos de traballo, tan necesarios a dia de oxe. A illa non necesita ser un lugar pasa segundas vivendas.
ResponderEliminarque razon tes ,10.
ResponderEliminarpero a cuestion seria,esta e a minha modesta opinion,en que se fixese unha fundacion na que se agrupase todos os eventos gastronomicos e culturais da illa,aproveitando o sentido do asociacionismo que ten o noso povo,e penso que e hora de cambiar a forma de como se fan as festas gastronomicas e culturais de un povo como o noso,a filosofia non deve ser solo recaudar cartos,para o noso deporte y a nosa cultura,si non por en valor o noso producto y a nosa cultura,esa seria a labor de esa fundacion,por outra banda, as directivas das distintas asociacions da xa bastante traballo teñen,como para facer este tipo de eventos,penso sinceramente que a fundaccion resolveria un problema, que seria a mellor xestion de dintintos eventos,o longo do ano,que so se realizaan pola boa vontade da xente que os organiza,a noso povo ben demostrando dende tempos inmemoriales,que te capacidade de traballo por unha u outra causa,penso que donde fallamos e na organizaccion,esa seria a labor ,da fundaccion,xa ahi precedentes,donde a povo unido
logrou cousas realmente fermosas.
A si que animo,y os politicos que pensen seriamente,na creaccion de esa FUNDACCION DE TURISMO.
UN SAUDIÑO.
PAXARO(antes pablo,jejejeje)
A solución deixase entrever nas liñas de "Paxaro antes Pablo" unha festa gastronómica de carácter astronómica sería a solución. Poderíase facer a festa da filloa aproveitando a data, e como non podería organizala o CÉLTIGA e recaudaría cartos a punta-pala e poderían volver a ascender e ao fin de semana seguinte poderían organizar a festa do cocido por seguir co entroido e seguir gañando cartos e seguir subindo de categoría e para rematar e descansar uns días na Semana Santa ao rematar as procesións poderían facer a festa da Rosca de Pascua para incrementar o presuposto,traer mais xogadores de fóra e ver de ascender xa á 1ªdivisión que xa vai sendo hora.
ResponderEliminarbueno ,morgan, a minha idea no era esa,pero gustame o teu comentario,intelixente e divertido,jajaja,un saudiño.
ResponderEliminarpaxaro.