A I Festa da Ameixa Roxa, no Chufre, coas bandeiras en homenaxe á selección de fútbol
Coincidiu esta fin de semana a primeira festa da ameixa “roja” coa victoria da “roja” no Mundial de Fútbol de Sudáfrica. Dirán vostedes que ten que ver unha cousa coa outra, pero os amigos das cábalas de seguro que non pasan por alto tanta casualidade. Habendo no mar incontables especies de viandas comestibles, foi precisamente a ameixa “roja” a escollida para facer de engado dos turistas, unha vez máis. Non existe en Galicia ningunha outra exaltación gastronómica especializada na venerupis rhomboides, e inventámola nós. Fíxense vostedes, ademais, no acertado da tradución: á hora corrixir o castelanismo co que se denomina na Arousa a ameixa, optouse pola forma “roxa”, desbotando outras posibilidades como “vermella” ou “encarnada”, máis axeitadas para traducir o termo castelán “roja”. “Roxa” tiña que ser, e con razón. A venerupis rhomboides chámase tamén “ameixa rubia”, e polo tanto, tamén poder ser “roxa” na acepción deste termo en galego, aínda que sexa un adxectivo que, asociado á ameixa, careza de tradición.
E vai a selección española de fútbol, a “roja”, un equipo sen tradición vencedora, e conquista, por primeira vez na historia, o título do mundo na fin de semana da “roxa”. Os astros estaban aliñados, e numerosos arousáns botáronse á rúa a celebralo. E as bandeiras españolas, gardadas no fondo do baúl á espera da festa do Carme, saíron do armario.
Que "la roja" gana los partidos decisivos con "la azul".
ResponderEliminarazulgrana
ResponderEliminarAhora resulta que a victoria de españa no mundial,vai axudar a millorar a situación economica do pais,o resto do mundo miranos con outros ollos.
ResponderEliminarFoi unha pena que a final fora en domingo e non en sabado. Ainda asi as ruas estaban cheas de xente celebrando o éxito da selección nacional. Gracias os integrantes do equipo porque amosaronlle o mundo que se pode gañar con unidade, con sacrificio, sin prepotencia, e con moito traballo. Del Bosque e os internacionais foron un exemplo para o pais e para o mundo.
ResponderEliminarhttp://botefamundial.blogspot.com/2010_07_01_archive.html
ResponderEliminarspam puro e duro, botefilla.........(botefa da illa)
ResponderEliminar