Buscar neste blog

22 de dec. de 2010

O Nadal, de novo

 O alumeado de Nadal

[Susi Rial] Como se adoita dicir nestes casos, aínda o outro día estabamos no verán, cando de súpeto nos sorprende o Nadal. E é que estas non son unhas festas como as demais. Quizais porque son longas, porque requiren máis gasto que calquera outra data sinalada, ou porque, dunha maneira inconsciente, nos obriguemos a nós mesmos a aparcar os problemas cotiáns durante estas semanas. Polo que sexa, pero do Nadal ninguén pode escapar.
Durante os últimos anos, apréciase un descenso de xente nos bares as noites de Nadal e de Fin de Ano, pode que debido á situación económica ou mesmamente ó frío. Iso si, nunca falta alguén que diga aquilo tan vello de "Feliciano" coa ilusión da primeira vez. E é que son tantos os días especiais, que xa non sabe un para cal reservarse, posto que se dá na Illa a especial particularidade de que, cando nos arredores van retomando a vida normal, a nós aínda nos queda a maior das festas, a do noso patrón San Xulián.
Nós seguiremos aquí, un ano máis, como fieis observadores da realidade arousá. Pero non esquezan que o que enriquece este lugar son os seus comentarios, críticas, suxestións e demais. Porque, por riba de todo, este é un espazo no que a súa voz pode ser escoitada e onde somos moitos os que estamos desexándoa escoitar. Que pasen unhas felices festas.

3 comentarios:

  1. Noraboa polo esforzo que facedes por manter aberta esta fiestra de informacíon do acontecer da Arousa. Meus parabens a todo o equipo de redacción. Feliz Noiteboa.

    ResponderEliminar
  2. pois sumome a noraboa, e desexovos unhas felices festas de nadal a todos.....desfrutadeas con sentidiño.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.