Buscar neste blog

23 de dec. de 2010

A Arousa acada os 5.000 habitantes


[Redacción] Nin un máis, nin un menos. A Illa de Arousa conta na actualidade cun censo oficial de 5.000 habitantes, de acordo cos datos que acaba de facer públicos o Instituto Nacional de Estadística. Esta cifra supón un incremento da poboación en 18 persoas con respecto ao 2009,  pero non logra a ansiada meta demográfica que lle permitiría ao Concello ascender de categoría, e aumentar así o seu financiamento. Na enquisa que publicamos hai uns días sobre este tema, a maioría das persoas que participaron consideraban a consecución dos 5.000 habitantes un fito relevante.

Faltounos un

[Manuel Suárez Nieto] Despois da lotaría, hoxe o BOE publica o Real Decreto 1612/2010, de 7 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación referidas a 01/01/2010. Xa somos 5.000 veciños. Estes dados, como xa apuntáramos, valen, entre outras cousas, para fixar a participación nos fondos do Estado e tamén para establecer o número de concelleiros que compoñen a corporación municipal. Pero tanto o Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, coma a LO do réxime electoral xeral fixan os distintos tramos ata 5.000, e dende 5.001. Así que o dito, faltounos un para dar o salto. Paréceme que nisto non hai o premio ese das aproximacións.
"Sempre andan dicindo para o ano que vén, e chega outro ano e pasa tamén... Ala Celta".
Bo nadal

3 comentarios:

  1. Creo que errades, de consecución de meta nada de nada. A meta sería acadar os 5001 e pasar de categoría. Neste caso é como o balón que da voltas polo aro no último segundo para acabar saíndose, en fin, nin empadroando a xente de fora, nin mantendo empadroada a xente que vive lonxe desde fai anos. Socialistas chapuceiros.

    ResponderEliminar
  2. Tes razón, había un erro de interpretación que xa está corrixido. Grazas!

    ResponderEliminar
  3. E moitos mais que seriamos si as cousas se fixeran ven na nosa Illa. Nos somos 3 que estamos empadronados en Ribadumia, porque aqui tanto os pisos como edificar e prohibitivo. E como nos moitos mais.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.