Xa vai sendo hora de que o Céltiga, o equipo de fútbol da Arousa (en terceira rexional) galeguice o seu himno e, de paso, adapte a letra ós tempos que corren. Pode que a iniciativa choque nun principio cos afeccionados acostumados a cantar “Loooos coloores, rooojo y blanco...” pero todo é cuestión de facer unha boa adaptación para que encaixe ben coa melodía de sempre. A tradución literal da letra ao galego non serviría, así que desde este blog convidamos a facer propostas.
Por certo, a data de fundación do Céltiga non está moi clara. A foto máis antiga do equipo, en posesión do club, data de 1925. E a revista galeguista do mesmo nome, Céltiga, creouse en Bos Aires no 1924. Non é unha hipótese arriscada considerar que os dous nomes están relacionados...

Himno do Céltiga
La bella isla de Arosa
tiene un club de gran valía
con su furia deportiva
orgullo de nuestra ría
siempre juegan sus muchachos
con gallardía y valor
club Céltiga de la isla
entre su clase el mejor
(retrouso)
Los colores rojo y blanco
lleva nuestro campeón
y luciendo con orgullo
en su escudo un balón
Tiene alma deportiva
y juego de gran belleza
eres la perla de arosa
con gallardía y nobleza.
(retrouso)
Proposta para o retrouso ou estribillo:
ResponderEliminar"A cor vermella e a branca
leva o noso campión
e lucindo con orgullo
no escudo un balón"
ou:
"Son as cores vermella e branca
ás do noso campión
e lucindo con orgullo
no escudo un balón"