A panadería Alfonso, máis coñecida pola de “Pacholo”, pechou para sempre o primeiro de marzo. O panadeiro, Alfonso, cansou dun oficio que non coñece festas nin domingos, e ninguén da súa familia quixo continuar o negocio. Pacholo –a el non lle gusta este alcume- era o panadeiro máis reputado da Arousa: as súas empanadas eran as máis demandadas na fin de semana; as súas roscas, as máis vendidas na Semana Santa; o seu pan de ovos, o máis aprezado no San Xulián. Co adeus de Pacholo, despedímonos tamén para sempre dun sabor, e dunha xeración de panadeiros que iniciara seu avó. Marchou deixando a súa clientela en mans da cadea “La boutique del pan”.
Penso que tamén se vai a acabar o pan de ovos que é un producto típico da Illa de Arousa. Penso que se deixa abandoar un producto que podería ter saída como recurso turístico.
ResponderEliminar