O galego perde forza entre o alumnado do instituto

 


A posición hexemónica da que gozou o galego na Arousa está en claro retroceso, como amosa o Informe de usos lingüísticos elaborado polo Equipo de Dinamización Linguística do IES Illa de Arousa. O estudo presenta unha análise da realidade sociolingüística dos adolescentes arousáns, baseada nos resultados de 190 enquisas realizadas no instituto en novembro de 2020. 

 Aquí van algúns datos:

  • O galego é a lingua materna do 60% do alumnado. 
  • O alumnado relaciónase coas amizades maioritariamente en castelán. 
  • O galego obtén os peores resultados no eido das redes sociais, que acaparan o tempo de lecer dos adolescentes. O 61% só usa o castelán ou máis o castelán. 
  • Un 12% do alumnado declara que ten dificultades para expresarse en galego.

Se hai vinte anos nas aulas da Illa de Arousa había algúns nenos e nenas que podían presentar dificultades para falar o castelán con fluidez pola falta de práctica, esta tendencia inverteuse na actualidade, de xeito que nos atopamos cun reducido pero crecente número de adolescentes que teñen dificultades para expresárense en galego. 

Poden ler o informe completo na web do IES Illa de Arousa.

Comentarios