para tratar de recuperar un xogo que se asocia ao
patrimonio oral e ao ludismo universal.
Como en cada vila que presuma de tradición, na illa os trompos teñen unha linguaxe e unhas normas de seu. O xogador carcamán distínguese polo costume de cortar o cu do trompo, largar de punta e xogar en grupo ao “risco”, trazando un círculo no chan . O vencedor moral sempre é o que máis “chochas” fai, é dicir, o que consegue impactar o seu trompo contra o do compañeiro, deixándolle a marca na madeira.
Aos trompos máis grandeiros e gordos chámanlles “vacas”, logo están as "cebolas", de menor tamaño que os anteriores, e os pequeneiros son as “piorniñas”. A corda de enrollar é o “liñón”, e a forza de xiro do trompo é a “escorrendela”. Por exemplo, se largas o trompo e non baila, pódese dicir “non me colleu escorrendela”.
É certo que este xogo de rapaces xa non goza do tirón que tradicionalmente tivo nesta época do ano, pero na illa aínda hoxe se poden ver algúns chabaliños xogando aos trompos nos camiños e no patio da escola. Non acontece o mesmo cos "tutelos", un enredo case extinguido que consistía en lanzar a través dun tubo cucuruchos de papel ou unha semente coñecida como "samugueiros".
Agora é moi raro ver os nenos e nenas xogar no camiño ós trompos, ás bolas, ao"trúquel?", á corda, á goma de saltar... é unha pena que se perdan estos xogos da infancia!
ResponderEliminar