Buscar neste blog

4 de feb. de 2008

M.D.A. versus As Rumorosas

A formación M.D.A., composta por homes, e As Rumorosas, formada exclusivamente por mulleres, constitúen a nova fornada de comparsas carcamanas, cunha media de idade que non chega aos trinta. Dáse a particularidade de que algúns mozos da primeira teñen a súa parella na segunda, e que ambas as dúas comparsas rivalizan amistosamente e que se autorreferencian nas súas letras. Os M.D.A., disfrazados de mulleres en traxe de aeróbic, tráennos este ano as letriñas máis frescas de todo o Entroido carcamán, na mellor das tradicións críticas e retranqueiras, cravando ben o aguillón onde toca (Noraboa!). Recomendámoslles que lean as historias que compuxeron e, en especial, o emocionante (para algunhas xeracións) exercicio de nostalxia da letra titulada “Brindo”. As Rumorosas, de azafatas con minifalada, poñen a nota “sexy” do Carnaval e tamén teñen moito que dicir.

Letras M.D.A.
Brindo pola nostalxia
King Peter
Arousa is not Spain

Letras As Rumorosas

2 comentarios:

  1. O mais importante e que haxa comparsas. non podemos perder o espiritu do carnaval na arousa.

    ResponderEliminar
  2. As dúas son boas pero voto polas Rumorosas (sólo pola familia, que conste! XDDD)

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.