Buscar neste blog

4 de xul. de 2011

Declarado un pequeno incendio pola Area da Secada


[Susi Rial] Na tardiña do pasado domingo, ó redor das catro e media, foi declarado un incendio na zona do Faro, nas proximidades da praia da Area da Secada. Como podemos xulgar a raíz da imaxe, o fume visto dende o peirao do Chufre facía presaxiar un desastre considerable a nivel forestal nunha das paraxes naturais máis aprezadas da Illa. Por fortuna, a rápida chegada do helicóptero anti-incendios e a case total ausencia de vento evitaron que o lume se propagara, sendo o incendio controlado rapidamente. Cada ano, coa chegada das altas temperaturas, os incendios forestais constitúen unha enorme ameaza para o monte galego. Na memoria de todos perdura o desastre dos incendios de 2006, uns actos de terrorismo forestal sen precedentes, dos que tamén foron víctimas os montes da Illa, tal e como se relatou neste espazo no seu día. Daquela, a colaboración veciñal foi clave para evitar que o desastre tivera maiores dimensións.

3 comentarios:

  1. Suerte que esta ves chejou o elicóptero a tempo e nun tuvo que faser todo a xente e porque ía de camiño ao Grove que si non... E lamentable a actuación das cuadrillas que pretendían deixar que o lume chegase a pista assfaltada para que ésta fixese de cortalume.
    O que máis lástima dá é que só un 4% dos incendios se producen por causas naturais polo que o máis probable e que fose intencionado, non entendo como tanta xente pode dedicarse a facer cousas dese tipo.
    Dende logo o 4 de agosto de 2006 non se me olvidará na vida, estivo o ceo tapado durante semanas e estabas coa cañita nas terrazas e caínche charamuscas de Xiabre, e máis tarde da Arousa.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que é moi triste que se produzan estes incendios. A solución para acabar con eles, ainda que radical, e seguro que moitos farían comigo a solución que propoño, é que os que plantan lume, deixalos morrer dentro do mesmo. Pois farta estou de que estes incendios acaben cos nosos montes, que son a envidia de toda a peninsula. Seguro que en tres ou catro anos non volvería a haber incendios.

    ResponderEliminar
  3. O malo e que nunca os collen pa que ardan no medio.
    E dijo eu: resultaría moi inviable poñer unha ou dúas bocas de riejo no monte? E que se se puidera coller ajua directamente alí sería un puntaso.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.