Buscar neste blog

6 de xul. de 2011

As alertas de toxina


[Redacción] Os mariscadores arousáns, especialmente os que traballan a vieira e o mexillón, están afeitos a recibir avisos periódicos de toxina, que obrigan á veda temporal dalgunha especie ou zona. O respecto ás alertas alimentarias non impide que haxa voces no sector que cuestionen a existencia de determinados episodios tóxicos, unha desconfianza que ten o seu caldo de cultivo nas deficientes formas en que se comunican e explican as alertas por parte das autoridades competentes. Nesta mesma liña, un 76% dos participantes na enquisa que nos ocupa considera que non existe suficiente transparencia no peche dos bancos marisqueiros por toxina, fronte a un 23% que cre que si.
Un dos últimos episodios tóxicos rexistrados na Arousa afectou a comezos de maio á amexia rubia. A Confraría recibiu o aviso ás oito e media da tarde, unha vez celebrada a poxa na lonxa, o que provocou a devolución do marisco e a perda de 15.000 euros. Fontes do pósito lamentaron non ter recibido o aviso antes de que os rañeiros saíran a faenar. Había anos que a ameixa non rexistraba niveis elevados de toxina ASP.

10 comentarios:

  1. O problema destos analises empezou cando aumentaron o tempo de estudo do bioensaio de 12 a 24 horas. Cando eran 12 horas as 8 da mañan xa se sabia se o marisco pasara satisfactoriamente os parametros esixidos pola UE.
    Agora o seren 24 horas podes descargar mexillon pola mañan e cerrar a tarde, ou como pasou no caso da ameixa rubia. Eu persoalmente como bateeiro antes de salir da casa para o mar sempre miro a paxina do intecmar para ver como evolucionan os ratos e mirar se morreu algun. Pero a verdade que a solución mentres haxa este método non e doada ou non extraer marisco da zona analizada que se sospeita que poida cerrar ou arriscarse a que pase un episodio coma este.
    O que non entendo eu e porque os depuradores non devolveron a ameixa e se tirou o mar. Hai camions de mexillon que teñen dado volta da sua ruta para devolver a partida tóxica.

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente, as depuradoras devolveron a ameixa e botouse ao mar. Pero a metade da produción non se puido aproveitar porque a ameixa estaba morta. Segundo fontes do pósito, os depuradores non coidaron o molusco axeitadamente, ao saberen que ía ir para fóra.

    ResponderEliminar
  3. Que poñan unha cámara web en directo na gaiola dos ratos, e así imos véndolle a cara ao bicho, se ten boa saúde ou ten mala cara. Isto é de película...

    ResponderEliminar
  4. aseguroche que si ves o proceso quedas coa boca aberta un mes, metenlle un xeringazo que queda o rato medio escarallado, inlase como un globo , a proporcion de peso do animal o mexillon que lle meten ten que ser bestial, de ahi que estean tan en contra do metodo quimico.

    ResponderEliminar
  5. Aljén me pode explicar cómo se interpretan os datos da páxina de intecmar? Eu non sei ler a táboa:

    http://www.intecmar.org/informacion/biotoxinas/ratos/Diario.aspx

    ResponderEliminar
  6. non entendo, que parte non entendes , creo que esta moi clara.

    De cada poligono pinchanse tres ratiños ,rato 1, etc, etc . O nº e o numero da xaula , o punto e a cuadricula donde se obten a mostra, a Data non ha lugar a explicalo , o especie/ prof e a parte da corda donde se saca a mostra , en este caso 1-5 e 10 metros ,non e moi dificil de entender.

    Nº Data Punto Cuad. Especie/Prof.

    Rato 1 Rato 2 Rato 3

    ResponderEliminar
  7. Hai un marxe de erro, pode morrer un rato en cada altura. E o numero que aparece na cuadricula son as horas que durou o rato.

    ResponderEliminar
  8. que quere dicir o número 3 que hai debaixo de cada rato?

    ResponderEliminar
  9. pois que esos ratos morreron as tres horas, esa mostra sale moi mal, a medida que van mellorando van morrendo os ratos mais tarde, hasta que duran 24 horas dous de eles, entonces xa estaria limpo de toxina.

    ResponderEliminar
  10. Grazas. Sigo pensando que isto non é serio.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.