Buscar neste blog

14 de xul. de 2011

Tempo de abruíños


[Redacción] O abruíño é un froito silvestre propio deste tempo do ano, que adoita medrar á beira das leiras e camiños rurais. O seu sabor agre, que deixa na boca unha lixeira sensación de sequidade, é difícil de esquecer. En castelán, coñécese co nome de "endrina", e no galego estándar, como “abruño”. A palabra que usamos na Arousa para nomear esta clase de cirola, “abruíño”, forma parte do noso particular “Dicionario de ausencias”.

6 comentarios:

  1. o de "deixa na boca unha lixeira sensación de sequidade" é unha mentira piadosa, porque de lixeira nada!!pero aínda así a min gústanme, recordanme os meus vrans da infancia ó voltar da praia...

    ResponderEliminar
  2. Ao mergullalos en anís dan o pacharán. Supoño que tamén estarán bos coa caña.

    ResponderEliminar
  3. En Vilanova chámalle eu, na nenez, ambruíño.

    ResponderEliminar
  4. A froita dos pobres dos anos da postguerra e dictadura franquista.

    ResponderEliminar
  5. Non che sabía eu que o pacharán sale dos abruíños. E aljén sabe como se fai? Estaba ben provar, a ver que sae.

    ResponderEliminar
  6. Aquí tes a receta:
    http://www.conpan.es/content/view/120/36-patxaran-pacharan-casero

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.