[Redacción] O abruíño é un froito silvestre propio deste tempo do ano, que adoita medrar á beira das leiras e camiños rurais. O seu sabor agre, que deixa na boca unha lixeira sensación de sequidade, é difícil de esquecer. En castelán, coñécese co nome de "endrina", e no galego estándar, como “abruño”. A palabra que usamos na Arousa para nomear esta clase de cirola, “abruíño”, forma parte do noso particular “Dicionario de ausencias”.
o de "deixa na boca unha lixeira sensación de sequidade" é unha mentira piadosa, porque de lixeira nada!!pero aínda así a min gústanme, recordanme os meus vrans da infancia ó voltar da praia...
ResponderEliminarAo mergullalos en anís dan o pacharán. Supoño que tamén estarán bos coa caña.
ResponderEliminarEn Vilanova chámalle eu, na nenez, ambruíño.
ResponderEliminarA froita dos pobres dos anos da postguerra e dictadura franquista.
ResponderEliminarNon che sabía eu que o pacharán sale dos abruíños. E aljén sabe como se fai? Estaba ben provar, a ver que sae.
ResponderEliminarAquí tes a receta:
ResponderEliminarhttp://www.conpan.es/content/view/120/36-patxaran-pacharan-casero