A comparsa de arousás Persil, de visita no Grove, a finais dos anos 60
[María García] Foi a finais dos anos 60 cando se formou a que cremos que foi a primeira comparsa carnavaleira da Illa formada integramente por mulleres. Un grupo de mozas tomou a idea dun anuncio da televisión no que se ofertaba un deterxente para lavar a roupa, no cal se podía ver un grupo de majorets resaltando a brancura de “Persil”. As mozas trasladaron o anuncio ás rúas da Illa, de Cambados, do Grove e de todas as vilas veciñas que visitaron, enarborando unha pancarta co lema ”La Isla de Arosa se une al desfile del blanco”. Con letra do señor Juan de Albertina, a comparsa Persil alegrou o Entroido e causou gran expectación, porque o traxe era orixinal, as mozas bonitas e, porque non dicilo, as saias subían do xeonllo, cousa que neses anos non se podía ver a calquera hora.
que jran pueblo o da illa, sempre sorprendendo!!!!
ResponderEliminarmmmm...pois sí que estaría ben leer as letras destas tamén!!
ResponderEliminarfalta MARITA D D NA FOTO
ResponderEliminarboa idea para o disfraz das Rumorosas do ano que ben, sería unha homenaxe as súas predecesoras!!
ResponderEliminar