Fariña, ovos, azucre, manteiga de vaca, unhas pingas de anís e raspadura de tona de limón. Estes son os ingredientes das orellas, un dos doces tradicionais do Entroido máis gorentosos, sen desmerecer ás rosquillas.
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
[Manuel Suárez Nieto] Cantas veces os militantes do PSOE, PP, BNG e calquera que estivese nunha organización política ou doutro tipo tivemos que defender cousas coas que non estabamos totalmente de acordo? Ou é que acabamos de caer dun carballo agora mesmo? O Bloque, en clave de país, entende a día de hoxe que a alternativa ao PP pasa polo necesario entendemento entre PSOE e BNG, se non, non hai alternativa. Ningunha das forzas ten a masa crítica suficiente para ser alternativa en solitario. Polo tanto, traballar nese camiño é o normal, e ademais é o que se leva facendo durante bastantes anos.
[Redacción] O BNG da Illa de Arousa, a través do seu alcaldable Carlos Otero, vén de comunicar nunha rolda de prensa celebrada esta mañá en Vilagarcía de Arousa que apoiará a investidura do candidato socialista Manuel Vázquez, "para evitar un goberno do PP no noso Concello". "Estamos convencidos de que a decisión adoptada é a mellor para o traballo diario do BNG e, por suposto, a mellor para a Illa", sinalou Otero, que estivo acompañado no acto de Xoan Allegue, responsable comarcal do BNG. Carlos Otero tamén aproveitou para agradecerlles aos arousáns "o enorme apoio recibido" e reiterou o seu "compromiso de traballar todos os días para devolverlles aos veciños esa confianza en conseguir servizos que redunden na mellora da súa calidade de vida". A partir de agora, ábrese un período de negociacións entre o grupo socialista e a formación nacionalista arousá, xa que, segundo explicou Otero, a decisión foi tomada pola asemblea local do Bloque, sen ...
Comentarios
Publicar un comentario
A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.