[Helena Domínguez] Ata hai ben pouco, nada máis rematar un enterro, xa había quen facía unha pequena fogueira de loureiros diante do cemiterio para afumarse e evitar así que algún meniño co que tivese contacto collera o “aire do morto”. Aínda quedan persoas que se afuman, sobre todo os máis vellos, pero en xeral, a poboación da illa desprendeuse deste ritual de fondas raíces.
Na cosmovisión para a morte propia da sociedade tradicional galega, considerábase que os mortos podían deixar “aires” enfermizos –hoxe diriamos virus-, que se metían nos meniños, facendo que estes murcharan e quedaran cativos sen aparente explicación médica. Era entón cando se recorría á curandeira experta en sacar o aire e poñíase en marcha o tratamento.

Aínda que resulte difícil de crer, era costume poñer o neno nunha pa e introducilo e sacalo do forno do panadeiro varias veces, de xeito rápido, sen que lle fixera ningún mal ao enfermo. A cerimonia completábase coa aplicación dun remedio de herbas, só coñecidas pola curandeira. O lume, primeiro para afumarse de xeito preventivo, e logo para sacar o aire, adquiría aquí todas as propiedades máxicas e purificadoras. que lle atribúe a antropoloxía galega. Sobra dicir que o único potencial terapéutico de todo isto, era actuar a nivel sicolóxico sobre uns pais preocupados (ou non?).
O artista arousán Antón Millán gañou no 2003 o primeiro premio do Certame de Videocreación da Universidade de Vigo, cunha curtametraxe sobre este tema, que nunca foi estreada oficialmente.
O artista arousán Antón Millán gañou no 2003 o primeiro premio do Certame de Videocreación da Universidade de Vigo, cunha curtametraxe sobre este tema, que nunca foi estreada oficialmente.
A MIN SACARONME O AIRE DUAS VESES, DE UNHA DELAS CREO QUE ME ACORDO, TEÑO UNHA VAGA IMAXE DE DENTRO DO FORNO,ESTABA TODO VERMELLO,FACIA CALOR,EU CHORABA E MEUS PAIS MAIS...
ResponderEliminarOUTRA CURIOSIDADE DESTA TRADICION E QUE NON TE PODES CRUZAR CON NINGUEN CANDO VAS DE CAMIÑO A PANADERIA, SINON XA NON VALE.
A VERDADE E QUE E UNHA BONITA TRADICION, NA QUE, A PESAR DE QUE MIÑA ABOA ME INTENTE CONVESER DE QUE ME CUROU, NON CREO, ESO SI, SIGO FACENDO O RITUAL NOS ENTERROS, POR SI A CASO...HABELAS HAILAS!!!
que me parece algo parvo!!
ResponderEliminarmeterse nun forno porque e de sunormales jaja
Pero qué necesidade haberá de xulgar tan duramente. Pois gracias por comparti-la experiencia para que poidamos saber como eran as cousas...
EliminarPero seguro que non che gusta que se che cruce un gato negro verdade?
ResponderEliminar