Publicacións

Guerra de tutelos na noite de Defuntos

Imaxe
  [Helena Domínguez] Ata os anos noventa, era habitual que os rapaces da Arousa organizaran guerras de tutelos na noite de Defuntos. Normalmente, as cuadrillas organizábanse por barrios: os do Monte, os das Laxes, os de Pedraserrada, os das Aceñas... e enfrontábanse todos contra todos, nunha emocionante batalla campal que tiña por escenario o cemiterio e as leiras próximas.    O tutelo é un instrumento construído con canela, que se utilizaba a modo de canón para disparar. Introducíase dentro a semente das hedras ou dos loureiros e, ao soprar, saían as boliñas disparadas. Non había que ir moi lonxe para obter a munición, xa que no propio Agro da Torre medraban abundantes arbustos. O impacto dos balotes, por certo, revestía certo perigo e había que ter moito coidado de que a un non lle acadaran nun ollo. O tutelo de canela rematou sendo substituído por tubos de plástico ou de metal, que se obtiñan de material de refugallo. Neste caso, a munición consistía en “carteruchos”...

Etnografía do liborio

Imaxe
                                           Liborios no Entroido da Illa de Arousa   [Helena Domínguez] Un dos trazos característicos do Entroido da Arousa e único no seu contorno é a existencia dos liborios. A propia orixe da palabra é, a día de hoxe, unha incógnita. O termo liborio non vén recollido nin no dicionario de galego, nin no de castelán, nin no de portugués. Si que aparece documentado como nome de persoa -na Arousa non se usa, claro, pois sería como poñerlle a un fillo algo así como “espantallo”- sen que o seu significado, “nacido en Líbora”, achegue pistas sobre a orixe dos liborios do carnaval arousán. Así as cousas, e até que alguén argumente o contrario, “liborio” é unha palabra nosa, dos arousáns da illa, para definir á xente que no Entroido se camufla baixo unha c...

O galego perde forza entre o alumnado do instituto

Imaxe
  A posición hexemónica da que gozou o galego na Arousa está en claro retroceso, como amosa o Informe de usos lingüísticos elaborado polo Equipo de Dinamización Linguística do IES Illa de Arousa. O estudo presenta unha análise da realidade sociolingüística dos adolescentes arousáns, baseada nos resultados de 190 enquisas realizadas no instituto en novembro de 2020.   Aquí van algúns datos: O galego é a lingua materna do 60% do alumnado.  O alumnado relaciónase coas amizades maioritariamente en castelán.  O galego obtén os peores resultados no eido das redes sociais, que acaparan o tempo de lecer dos adolescentes. O 61% só usa o castelán ou máis o castelán.  Un 12% do alumnado declara que ten dificultades para expresarse en galego. Se hai vinte anos nas aulas da Illa de Arousa había algúns nenos e nenas que podían presentar dificultades para falar o castelán con fluidez pola falta de práctica, esta tendencia inverteuse na actualidade, de xeito que nos ato...

Crítica ao recheo do Portiño

Imaxe
  A primeira imaxe amosa o estado do Portiño en agosto de 2010. Contemplo a foto do antes e apéname pensar na oportunidade que se perdeu en 2017 (as obras que amosa a segunda imaxe) de rehabilitar unha praíña con porto en pleno centro urbano. O que temos agora é unha grande terraza de formigón que se eleva máis dun metro sobre o nivel do mar e cun único acceso á praia mal planificado e deseñado.  O muro debería estar máis retirado para atrás para deixarlle espazo á praia e á súa vexetación costeira. E as escaleiras deberían situarse máis arriba e cara a dereita, para poder acceder ao areal cando sobe a marea. Nas preamares sempre houbo momentos nos que non era posible atravesar o Portiño en seco pero co acceso de agora a cousa complícase. Aínda non chegou o mar arriba e xa non se pode baixar á praia porque as escaleiras xa están somerxidas, tal e como se pode ver na terceir imaxe.Quen deseñou a obra non atravesou nunca a praíña nin sabe que antes a rapazada xogaba nos cons Sa...

As sequeiras reflexionan con Belén Esteban sobre o seu oficio

Imaxe
  As mariscadoras da Illa de Arousa foron convidadas no verán de 2012 a participar nun reality documental conducido por Belén Esteban, unha das personaxes do corazón máis populares do momento.  As sequeiras discutiron a proposta en asemblea e aínda que houbo obxeccións, finalmente entregáronse con entusiasmo á gravación do programa, que lles ofrecía a posibilidade de amosar as condicións do seu traballo nunha cadea de televisión estatal. A experiencia completa relátase no artigo académico 'Autopercepción de las mariscadoras gallegas sobre su representación mediática: estudio de recepción ', elaborado desde a perspectiva dos estudos mediáticos de recepción. As mariscadoras reflexionan sobre a representación do seu oficio nos medios de comunicación e sobre os problemas que enfrontan, como o furtivismo e as desigualdades sociais.

Illa de Arousa, que dormes na Lama

Imaxe
     Despois de 45 anos,  o cantar "Illa de Arousa, que dormes na Lama" segue formando parte do cancioneiro popular dos veciños e veciñas da Arousa; todo un mérito, se temos en conta que a canción naceu  para ser interpretada durante o Entroido pola comparsa O Cano . O seu éxito foi tal que a xente aprendeuna e incorporouna ao repertorio das tabernas. O máis interesante do seu contido é a crítica á xestión institucional da pesca e do marisqueo e a denuncia do estado de abandono no que se atopaba daquela a Arousa -e ao que se refire o título-, en canto a infraestruturas e servizos básicos. A letra ten tamén un tinte machista que hoxe non pasaría o filtro, e que era na súa época un selo identificativo das cancións do Cano , unha comparsa composta exclusivamente por homes. Polo demais, é un pracer escoitar esta canción, tan ben interpretada por Carmen "da Chabola".

Discurso dedicado á Quinta do 77, co gallo do seu 40 aniversario

Imaxe
  Queridos amigos e amigas, Reunímonos hoxe aquí para celebrar que temos xa 40 tacos, e non creo que esaxere se digo que moitos de nós estamos no ecuador da vida. Algúns, desafortunadamente, xa non nos acompañan e quero empezar cun recordo para eles, Juan Jesús O Chasquiño e Miguel Paz, “ M igheliño”. Deu a casualidade que todos e todas nacemos no mesmo ano, o 1977, e iso fíxonos compartir moitos momentos e incluso etapas, especialmente na infancia e na adolescencia. Nalgúns casos forxamos amizades que conservamos ata hoxe, noutros casos somos case descoñecidos, que nos saudamos cun “eh” cando nos cruzamos no camiño. Así e todo , estamos un idos por moitos recordos que merece a pena lembrar. E se todas as quintas da Arousa se xuntan para facer unha cea, por que os do 77 non imos ter a nosa festa! Nós tivemos a sorte de nacer coa democracia e nun tempo de liberdades. Que ben que poidamos pensar distinto e que todos sexamos respectados! Hoxe en día somos conscientes máis ...