As mariscadoras da Illa de Arousa foron convidadas no verán de 2012 a participar nun reality documental conducido por Belén Esteban, unha das personaxes do corazón máis populares do momento. As sequeiras discutiron a proposta en asemblea e aínda que houbo obxeccións, finalmente entregáronse con entusiasmo á gravación do programa, que lles ofrecía a posibilidade de amosar as condicións do seu traballo nunha cadea de televisión estatal.
A experiencia completa relátase no artigo académico 'Autopercepción de las mariscadoras gallegas sobre su representación mediática: estudio de recepción', elaborado desde a perspectiva dos estudos mediáticos de recepción. As mariscadoras reflexionan sobre a representación do seu oficio nos medios de comunicación e sobre os problemas que enfrontan, como o furtivismo e as desigualdades sociais.
Comentarios
Publicar un comentario
A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.