Publicacións

De cando Fontán atravesou o Vao

Imaxe
[Helena Domínguez] Cada vez que observo o mapa da ría de Arousa de Fontán (1845) non podo evitar viaxar a finais do século XIX e imaxinar o ilustre cartógrafo atravesando a cabalo os case dous quilómetros que separan a Illa de Arousa da veciña praia do Terrón, xa en terras de Vilanova. Non é máis ca unha fantasía, pois non existen evidencias do medio de transporte escollido por Fontán no seu traballo de campo por estas terras. O máis probable é que arribase á ínsula arousá en barco, se é que chegou a desembarcar nela algunha vez. Domingo Fontán, nado en Portas, investiu 17 anos da súa vida, entre 1817 e 1834, en confeccionar o que sería o primeiro mapa de Galicia deseñado con métodos científicos, denominado Carta Geométrica de Galicia ("domingo fontán", 2023). A fazaña non só requiriu botar man dos últimos adiantos tecnolóxicos, senón tambén percorrer Galicia de norte a sur para facer as oportunas mediçóns. Polo tempo que Fontán acudiu á Arousa, aínda se podía atravesa...

As partes da dorna

Imaxe
Con este vídeo sobre a dorna, a rapazada da Illa de Arousa gañou o terceiro premio dos Premios 'Dígocho Eu' dirixidos aos centros de ensino. A montaxe pón en valor a riqueza cultural que rodea a esta embarcación tradicional de orixe normanda. Só no campo do léxico, podemos falar de máis dun cento de nomes para designar as distintas partes da dorna (escora, cadeira, banco de popa, drisa, cofiño...). Se non fose importante, non teríamos inventado tantos nomes para identificar ata a máis pequena peza da madeira!

Alfabeto carcamán

Imaxe
Do A ao Z, presentamos 23 conceptos que todo carcamán ou carcamana debería ter claros: apodo, batea, carcamáns, dornas, especulación, faro, gheada, historias, illa, kaiak, liborio, mallante, nécora, oooh, ponte, Quilma, Regueiro, seseo, turismo, u-lo, ventos, Xulián, zampallada. Eis o exemplo coa C:  Descarga o arquivo pdf para obter a serie completa, publicada orixinalmente na revista Dorna nº11.

Guerra de tutelos na noite de Defuntos

Imaxe
  [Helena Domínguez] Ata os anos noventa, era habitual que os rapaces da Arousa organizaran guerras de tutelos na noite de Defuntos. Normalmente, as cuadrillas organizábanse por barrios: os do Monte, os das Laxes, os de Pedraserrada, os das Aceñas... e enfrontábanse todos contra todos, nunha emocionante batalla campal que tiña por escenario o cemiterio e as leiras próximas.    O tutelo é un instrumento construído con canela, que se utilizaba a modo de canón para disparar. Introducíase dentro a semente das hedras ou dos loureiros e, ao soprar, saían as boliñas disparadas. Non había que ir moi lonxe para obter a munición, xa que no propio Agro da Torre medraban abundantes arbustos. O impacto dos balotes, por certo, revestía certo perigo e había que ter moito coidado de que a un non lle acadaran nun ollo. O tutelo de canela rematou sendo substituído por tubos de plástico ou de metal, que se obtiñan de material de refugallo. Neste caso, a munición consistía en “carteruchos”...

Etnografía do liborio

Imaxe
                                           Liborios no Entroido da Illa de Arousa   [Helena Domínguez] Un dos trazos característicos do Entroido da Arousa e único no seu contorno é a existencia dos liborios. A propia orixe da palabra é, a día de hoxe, unha incógnita. O termo liborio non vén recollido nin no dicionario de galego, nin no de castelán, nin no de portugués. Si que aparece documentado como nome de persoa -na Arousa non se usa, claro, pois sería como poñerlle a un fillo algo así como “espantallo”- sen que o seu significado, “nacido en Líbora”, achegue pistas sobre a orixe dos liborios do carnaval arousán. Así as cousas, e até que alguén argumente o contrario, “liborio” é unha palabra nosa, dos arousáns da illa, para definir á xente que no Entroido se camufla baixo unha c...

O galego perde forza entre o alumnado do instituto

Imaxe
  A posición hexemónica da que gozou o galego na Arousa está en claro retroceso, como amosa o Informe de usos lingüísticos elaborado polo Equipo de Dinamización Linguística do IES Illa de Arousa. O estudo presenta unha análise da realidade sociolingüística dos adolescentes arousáns, baseada nos resultados de 190 enquisas realizadas no instituto en novembro de 2020.   Aquí van algúns datos: O galego é a lingua materna do 60% do alumnado.  O alumnado relaciónase coas amizades maioritariamente en castelán.  O galego obtén os peores resultados no eido das redes sociais, que acaparan o tempo de lecer dos adolescentes. O 61% só usa o castelán ou máis o castelán.  Un 12% do alumnado declara que ten dificultades para expresarse en galego. Se hai vinte anos nas aulas da Illa de Arousa había algúns nenos e nenas que podían presentar dificultades para falar o castelán con fluidez pola falta de práctica, esta tendencia inverteuse na actualidade, de xeito que nos ato...

Crítica ao recheo do Portiño

Imaxe
  A primeira imaxe amosa o estado do Portiño en agosto de 2010. Contemplo a foto do antes e apéname pensar na oportunidade que se perdeu en 2017 (as obras que amosa a segunda imaxe) de rehabilitar unha praíña con porto en pleno centro urbano. O que temos agora é unha grande terraza de formigón que se eleva máis dun metro sobre o nivel do mar e cun único acceso á praia mal planificado e deseñado.  O muro debería estar máis retirado para atrás para deixarlle espazo á praia e á súa vexetación costeira. E as escaleiras deberían situarse máis arriba e cara a dereita, para poder acceder ao areal cando sobe a marea. Nas preamares sempre houbo momentos nos que non era posible atravesar o Portiño en seco pero co acceso de agora a cousa complícase. Aínda non chegou o mar arriba e xa non se pode baixar á praia porque as escaleiras xa están somerxidas, tal e como se pode ver na terceir imaxe.Quen deseñou a obra non atravesou nunca a praíña nin sabe que antes a rapazada xogaba nos cons Sa...