Discurso dedicado á Quinta do 77, co gallo do seu 40 aniversario

Queridos amigos e amigas, Reunímonos hoxe aquí para celebrar que temos xa 40 tacos, e non creo que esaxere se digo que moitos de nós estamos no ecuador da vida. Algúns, desafortunadamente, xa non nos acompañan e quero empezar cun recordo para eles, Juan Jesús O Chasquiño e Miguel Paz, “ M igheliño”. Deu a casualidade que todos e todas nacemos no mesmo ano, o 1977, e iso fíxonos compartir moitos momentos e incluso etapas, especialmente na infancia e na adolescencia. Nalgúns casos forxamos amizades que conservamos ata hoxe, noutros casos somos case descoñecidos, que nos saudamos cun “eh” cando nos cruzamos no camiño. Así e todo , estamos un idos por moitos recordos que merece a pena lembrar. E se todas as quintas da Arousa se xuntan para facer unha cea, por que os do 77 non imos ter a nosa festa! Nós tivemos a sorte de nacer coa democracia e nun tempo de liberdades. Que ben que poidamos pensar distinto e que todos sexamos respectados! Hoxe en día somos conscientes máis ...