Publicacións

Paixón por Metallica

Imaxe
Manuel Paz, o maior coleccionista de Metallica da Arousa [Susi Rial] Non naceu en Leganés, nin en Carabanchel. Manuel Paz Fernández naceu na Illa de Arousa, pero iso nunca foi impedimento para que Manuel, ó que todos coñecen como “Piri”, se convertera nun dos maiores coleccionistas e seguidores da grupo heavy estadounidense Metallica . Manuel é seguidor da banda dende 1983. Dende entón, presenciou uns quince concertos, o último, o celebrado en Lisboa no 2010 . A súa gran colección está presidida por uns 85 CDs, 11 vinilos e 22 DVDs, sen incluír dous maxisingles que editou o grupo antes de que saíra á luz o seu primeiro disco, e que constan de gran valor entre os coleccionistas. Pero, de entre toda a colección, o obxecto máis especial para Manuel é unha puga que o propio James Hetfield, líder de Metallica, lle dou na man durante un concerto celebrado no circuíto de Donington Park, en Londres. A afección de Manuel por Metallica débese, segundo nos conta, a que é o grupo que lle produce ...

Persil, as pioneiras das comparsas femininas

Imaxe
A comparsa de arousás Persil, de visita no Grove, a finais dos anos 60 [María García] Foi a finais dos anos 60 cando se formou a que cremos que foi a primeira comparsa carnavaleira da Illa formada integramente por mulleres. Un grupo de mozas tomou a idea dun anuncio da televisión no que se ofertaba un deterxente para lavar a roupa, no cal se podía ver  un grupo de majorets resaltando a brancura de “Persil”. As mozas trasladaron o anuncio ás rúas da Illa, de Cambados, do Grove e de todas as vilas veciñas que visitaron, enarborando unha pancarta co lema ”La Isla de Arosa se une al desfile del blanco”. Con letra do señor Juan de Albertina, a comparsa Persil alegrou o Entroido e causou gran expectación, porque o traxe era orixinal, as mozas bonitas e, porque non dicilo, as saias subían do xeonllo, cousa que neses anos non se podía ver a calquera hora.

Aberta a inscrición dos obradoiros de informática e multimedia

Imaxe
 [Susi Rial] En breve comezarán diferentes actividades relacionadas coa Internet e coa informática en xeral no edificio multiusos. Algunhas das actividades están dirixidas ós rapaces, que poderán facer na aula os seus traballos académicos, así como participar nas clases que se impartirán sobre creación de blogs e fotografía dixital, entre outros. Ademais, tamén se realizarán cursos de aprendizaxe básica de Office e de Internet. Estas clases, en concreto, poden resultar moi interesantes para todos aqueles adultos que chegaron tarde á era das telecomunicacións e que precisan aprender dende un nivel básico. O prazo de inscrición xa está aberto. Todos aqueles interesados poden acudir a anotarse ó segundo andar do edificio multiusos, de luns a venres de 17:00 a 21:00 da tarde, e os sábados de 10:30 a 13:30 da mañá.

O Consello do Mexillón presenta unha querela contra unha conserveira por fraude na etiquetaxe

Imaxe
 Descarga de mexillón no porto do Chufre [Redacción] Que algunhas conserveiras están a vender mexillón chileno baixo a etiqueta de galego é unha sospeita que aniña hai tempo no sector produtivo. Pero agora será a Xustiza quen determine definitivamente a magnitude da fraude. O Consello Regulador do Mexillón de Galicia anunciou esta mañá nunha rolda de prensa que vén de interpoñer unha querela criminal contra Conservera de Rianxo , comercializadora da marca Cortizo, por falsear na etiquetaxe a procedencia do mexillón. Para reunir as probas, o Consello mercou de xeito aleatorio nun supermercado, e perante a presenza dun notario, varias latas da mencionada empresa, nas que constaba a indicación “Mejillones de las Rías Gallegas” e se precisaba, ademais, que “los mejillones (mytilus galloprovincialis) proceden de la campaña 2008”. Tras analizar o contido no seu departamento de I+D+i e contrastar logo os datos co grupo de investigación Xenomar , o Consello asegura que 27 das 34 pezas es...

Entrevista a Manuel Vázquez, alcalde da Illa e candidato á reelección polo PSOE

Imaxe
 Manuel Vázquez, candidato socialista á alcadía da Illa de Arousa [Redacción] Manuel Vázquez enfrontarase no mes de maio por cuarta vez consecutiva ás eleccións municipais, co convencemento de que os seus veciños volverán confiar nel para seguir ocupando a cadeira de alcalde. O candidato socialista obtivo 1.632 votos no 2007, o que lle permitiu gobernar en solitario nesta lexislatura con seis dos once concelleiros que lle corresponden ao Concello da Arousa. Coa súa entrevista, na que fai balance da súa xestión, completamos a serie de entrevistas cos alcaldables.

A teima de Vilanova coas luces da ponte

Imaxe
Imaxe da ponte ás escuras, tomada hai unhas semanas [Susi Rial] A mediados de febreiro, comezaba a funcionar o alumeado da ponte na súa totalidade, logo das longas obras de reforma. Era este un momento moi agardado por todos, posto que os farois estaban colocados dende finais do verán. Pero antes de ver unha ponte totalmente alumeada, vimos, unha vez máis, como os farois da metade de Vilanova permanecían apagados. A situación foi criticada incluso por Jeanne Picard, representante de Stop Accidentes en Galicia, porque a escuridade da ponte comprometía seriamente a seguridade dos seus usuarios. O Concello vilanovés fixo responsable do apagamento á empresa construtora, pero esta asegurou ter deixado todo preparado para que se acendera o alumeado. E a Compañía de Electrificación aínda foi máis contundente, ó declarar que só era necesario premer un botón. A imaxe da ponte ás escuras é unha estampa coñecida na Illa. Hai agora unha década, Vilanova xa deixou de acender o alumeado da metade ...

O ex alcalde Sito Vázquez revela como se preparou o 23 F na comarca

Imaxe
[Redacción] Nun relato con datos sorprendentes e ata o de agora inéditos, o ex alcalde  socialista do Concello de Vilanova, Sito Vázquez, mestre xubilado da Illa de Arousa, descobre no seu blog como se preparou na comarca o golpe de Estado do 23-F. Tras conectar varios acontecementos que no seu tempo considerou illados, Vázquez mantén a teoría de que se planificou un levantamento civil, a través dunha trama na que estaban implicados os contrabandistas da época, o xeneral Armada e o cura de Cambados. Segundo explica, sendo alcalde puido saber por unha fonte da súa confianza que en decembro de 1980 se produciu unha descarga no Terrón, pero non de tabaco, como viña sendo habitual, senón de fusiles. Ao parecer, o armamento foi trasladado á casa parroquial de Cambados. Dáse a coincidencia de que o párroco cultivaba amizade co xeneral Armada,  asiduo visitante de Fefiñáns, onde, ademais, o militar tiña parentes. Así, de acordo coa tese de Vázquez, uns meses antes de se produci...