[Susi Rial] Non naceu en Leganés, nin en Carabanchel. Manuel Paz Fernández naceu na Illa de Arousa, pero iso nunca foi impedimento para que Manuel, ó que todos coñecen como “Piri”, se convertera nun dos maiores coleccionistas e seguidores da grupo heavy estadounidense Metallica. Manuel é seguidor da banda dende 1983. Dende entón, presenciou uns quince concertos, o último, o celebrado en Lisboa no 2010. A súa gran colección está presidida por uns 85 CDs, 11 vinilos e 22 DVDs, sen incluír dous maxisingles que editou o grupo antes de que saíra á luz o seu primeiro disco, e que constan de gran valor entre os coleccionistas. Pero, de entre toda a colección, o obxecto máis especial para Manuel é unha puga que o propio James Hetfield, líder de Metallica, lle dou na man durante un concerto celebrado no circuíto de Donington Park, en Londres. A afección de Manuel por Metallica débese, segundo nos conta, a que é o grupo que lle produce máis vibracións. E estas non fan máis ca medrar co paso do tempo. Será verdade, entón, iso de que os vellos rockeiros nunca morren.
Cacho estampa!!
ResponderEliminar15 que se acorde,e outros tantos que...save dios!
ResponderEliminarQue grande o Piri, eso si que e pasion por un grupo musical , ainda que eu sei que tamen e moi fan de Michael Jackson.....
ResponderEliminarpois mira que é raro ver un jevi nestes tempos, je,je,je :)
ResponderEliminarmoi ben escabanichos.
ResponderEliminarCompadre,!! Erelo máximo...
ResponderEliminaro piri,que tipo mais legal,un saudiño amigo,e unha aperta.unha boa aficcion a tua.
ResponderEliminar