A iniciativa veciñal evitou un roubo no Chufre
[Susi Rial] O pasado mes de abril coñecemos a nova de que un grupo de veciños arousáns evitou o roubo de 400 euros que un xubilado afincado na Illa acababa de retirar dunha sucursal bancaria. A nova incluso tivo gran sona a nivel nacional a causa da sorprendente solidariedade veciñal. Dende entón, e en diversas zonas da Illa, viñéronse sucedendo casos similares, que afortunadamente quedaron en intentos de roubos. O patrón sempre é o mesmo: xente nova da Europa do Leste achégase ás persoas maiores e, con calquera escusa, trata de despistalas para poderlles arrincar as xoias ou outros obxectos de valor que nese momento leven enriba. Se ben cómpre tomar as medidas necesarias, non existe motivo para a alarma porque os frustrados ladróns non adoitan ser perigosos e as súas intencións adivíñanse facilmente.
Non son peligrosos hasta que pase algo. Non entendo porque non temos presencia da GC o mais presencia da policia local.
ResponderEliminar