[María García] Facendo un pouco de memoria dos costumes e da forma de vida dos nosos antergos, podemos darnos conta da evolución da vida social na Illa, sobor de todo, a das mulleres. Recordemos, por exemplo, as relacións entre noivos de antes. A muller nunca tomaba a iniciativa, e de ningunha maneira entraba na casa do mozo; nin ó revés, el tampouco entraba na casa dela. Os encontros adoitaban ser de noite, no camiño, cerca da casa da moza ou mesmo á porta da casa. “Falan á porta” dicíase. Tendo en conta que os puntos de luz na rúa eran débiles e moi escasos, a cousa non pintaba mal. Cando se formalizaba o que podíamos chamar a petición de man, eran os pais do mozo os que ían á casa da moza a pedila. Entón, dicíase: “xa falan dentro”. Aquí xa podían entrar un na casa do outro, isto xa era para casar de inmediato. En moitas ocasións, o mozo marchaba para navegar e deixaba a moza pedida. Así, ela, na súa ausencia, non saía nin ó baile nin ó cine coas amigas, ata que el regresaba cuns cartiños para facer unha casa e casar. Falta saber se o mozo tamén lle gardaba ausencia á moza.
Gardaba, gardaba, no barco se non habia mulleres abordo.
ResponderEliminarseee... e nas recaladas?? tamén gardaba?? non creo...
ResponderEliminarQue típico!! miña abuela aínda nos pregunta, Falas con un rapas, suelo decirlle que falo con bastantes. Ela riese.
ResponderEliminarIr navegar dous ou tres anos e facer unha casiña. Os temos cambiaron en moitas cousas para mellor pero noutras desgraciadamente fomos moito a peor.
ResponderEliminarEran ben bichos deixabanas``amarradas`` e ahi case se lle acababa o mundo
ResponderEliminar