27 de maio de 2011

A Illa nos mapas antigos (III): o mapa de Nicolás de Fer


[Susi Rial] O último dos mapas que conforman esta serie é o mapa do cartógrafo e xeógrafo francés Nicolás De Fer, “Le Royaume de Galice”. De Fer (1646-1720) é continuador do traballo do seu pai, Antoine. Este mapa en concreto data do ano 1708.
Como vemos na fotografía de detalle, a Illa aparece encerrada na ría, pero non se nomea, e nin sequera aparece o topónimo “Arousa”. E é que mapa de De Fer caracterízase pola alta definición dos detalles topográficos montañosos galegos.


A través de distintas documentacións, coñécese que a Illa nestes anos viviu un aumento da actividade comercial pesqueira. Isto provoca, entre outros factores, unha maior riqueza e un alto benestar social en xeral.

2 comentarios:

  1. que pasou estes dias que non puiden acceder a este bliog

    ResponderEliminar
  2. J, o blog estivo desactivado durante 24 horas por decisión miña. Desculpade as molestias.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.