Sons da Arousa: as 10 da noite

Aquí teñen o primeiro rexistro sonoro dunha colección que agardamos ir ampliando pouco a pouco (e mellorando en calidade), ata conformar un arquivo sonoro da Arousa. Comezamos coa peculiar forma de dar as dez do reloxo público da caixa de aforros. A gravación fíxose o 27 de xuño de 2010, ás 22.00 h, con día claro e os paxariños a piar. Admítense suxerencias sobre posibles escenarios.

Comentarios

  1. Xa voto de menos sons, ou imaxes, da celebración da victoria de ESPAÑA no mundial onte pola noite aquí na Illa, nun pobo no que creía ausente o sentimento patriótico. Xa vos vale!

    ResponderEliminar
  2. Yes, we can. E pudemos.

    ResponderEliminar
  3. Hai moitas imaxes que ver e moitos xeitos de festexar, a min non me molesta ningún, e participo dos que eu quero.

    http://www.youtube.com/watch?v=ahTl_MI9bS4

    ResponderEliminar
  4. Relacionado con campás, creo que serían interesantes os diversos tipos de campanadas da igrexa: repiques da misa do domingo, toque de mortos, chamada á novena, etc.
    Xogo do tute pola tarde, xogándose o café.
    Hai moitas escenas interesantes.
    Subasta na lonxa.
    ¿Non quedará ningún son das brúas das fábricas que se puidera recuperar?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.