Haber si non nos poñen un bloque de pisos na rotonda tamen... Saben qe? Que polo ben da illa chegou a crise, para qe todos espertaramos, sobre todo os qe facian o "changüi" inmobiliario. Polo ben da illa si, porque ninguén sabe como podería estar o noso escaso terreo e amplísima paisaxe oxe..
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
[Redacción. 07/07/09 ] Este espazo, aberto á participación de todos os interesados, pretende recompilar e inventariar os alcumes de tradición familiar que se usan na Arousa. Quedan descartados, polo tanto, os sobrenomes particulares de persoas, moi abundantes na Arousa, por certo, que non se transmiten en herdanza. De ser posible, indicarase a orixe do alcume. Poden deixar as súas propostas a través dos comentarios.
[Manuel Suárez Nieto] Cantas veces os militantes do PSOE, PP, BNG e calquera que estivese nunha organización política ou doutro tipo tivemos que defender cousas coas que non estabamos totalmente de acordo? Ou é que acabamos de caer dun carballo agora mesmo? O Bloque, en clave de país, entende a día de hoxe que a alternativa ao PP pasa polo necesario entendemento entre PSOE e BNG, se non, non hai alternativa. Ningunha das forzas ten a masa crítica suficiente para ser alternativa en solitario. Polo tanto, traballar nese camiño é o normal, e ademais é o que se leva facendo durante bastantes anos.
unha dorna antiga, barco ou algo característico da illa estaría moi ben para por!!!
ResponderEliminarFijo que poñen a estatua dos mariñeiros que querian poñer no charco
ResponderEliminarA min gustame a idea do primeiro como hai na rotonda onde se acaba a autovia do barbanza onde hai un barco pesqueiro tradicional.
ResponderEliminarEu estou co primeiro comentario:nada representaria mellor a Arousa que un barco ou unha dorna,pero coido que na rotonda do "mamporro" quedaria mellor.
ResponderEliminaranda xa! mellor o barco de chanquete
ResponderEliminare que se pode facer para que nos fagan caso e poñan algo típico??un escrito o "untamiento"???
ResponderEliminaruntamiento????????????
ResponderEliminarHaber si non nos poñen un bloque de pisos na rotonda tamen... Saben qe? Que polo ben da illa chegou a crise, para qe todos espertaramos, sobre todo os qe facian o "changüi" inmobiliario. Polo ben da illa si, porque ninguén sabe como podería estar o noso escaso terreo e amplísima paisaxe oxe..
ResponderEliminarChegou a censura ó blog? no post Think Tank hai entradas suprimidas, a qué é debido?
ResponderEliminarHome,eu non dijo que se censure,pero a aljun debianlle poñer un filtro pa que non contamine.
ResponderEliminar