Haber si non nos poñen un bloque de pisos na rotonda tamen... Saben qe? Que polo ben da illa chegou a crise, para qe todos espertaramos, sobre todo os qe facian o "changüi" inmobiliario. Polo ben da illa si, porque ninguén sabe como podería estar o noso escaso terreo e amplísima paisaxe oxe..
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
[Redacción] O exalcalde Sito Vázquez vén de iniciar dende o seu blog unha campaña para que o Concello da Illa de Arousa mude o seu nome por 'Concello de Arousa'. Vázquez preparou un modelo de carta de solicitude que os usuarios poden descargar e enviar por correo ao alcalde. Historicamente, tanto os habitantes insulares como os seus veciños se referiron á illa co nome de “Arousa”, unha tendencia que comezou a mudar a partir da constitución dun municipio propio baixo o nome de “Concello da Illa de Arousa”, de xeito que se está impoñendo o nome de “illa” para referirse ao lugar. Vázquez xa ten escrito en varias ocasións sobre a preocupación que lle causa o feito de que a illa estea a perder o seu nome . Máis información sobre a nomenclatura da Arousa: A illa nos mapas antigos: I , II , III (Susi Rial) Concello da Arousa (Sito Vázquez) O nome da Arousa (Ilha de Orjais) Arousa: a illa dá o nome á ría (Xoán Dopico, revista Dorna )
[Redacción. 25/05/09 ] "Fraseoloxía carcamana" naceu co obxectivo de compilar e explicar as expresións típicas carcamanas, unha morea de frases de uso coloquial, difíciles de entender para as persoas alleas á Arousa. - Andar ao chuchuchú : participar en pequenas reunións regulares ou improvisadas onde se propagan e difunden rumores ou pequenas conspiracións. Exemplo de uso: "non te fíes de fulaniña que anda moito ao chuchuchú". -Aparta laxe que te fendo!: expresión para indicarlle a alguén que ten moita fachenda ou que esaxera as súas capacidades. Obviamente, unha laxe non é tan fácil de fender. -A xogar a Testos: expresión usada para dicirlle a alguén que deixe de molestar e marche. Fai referencia ao lugar ao que tradicionalmente ían os rapaces a xogar ao fútbol.
unha dorna antiga, barco ou algo característico da illa estaría moi ben para por!!!
ResponderEliminarFijo que poñen a estatua dos mariñeiros que querian poñer no charco
ResponderEliminarA min gustame a idea do primeiro como hai na rotonda onde se acaba a autovia do barbanza onde hai un barco pesqueiro tradicional.
ResponderEliminarEu estou co primeiro comentario:nada representaria mellor a Arousa que un barco ou unha dorna,pero coido que na rotonda do "mamporro" quedaria mellor.
ResponderEliminaranda xa! mellor o barco de chanquete
ResponderEliminare que se pode facer para que nos fagan caso e poñan algo típico??un escrito o "untamiento"???
ResponderEliminaruntamiento????????????
ResponderEliminarHaber si non nos poñen un bloque de pisos na rotonda tamen... Saben qe? Que polo ben da illa chegou a crise, para qe todos espertaramos, sobre todo os qe facian o "changüi" inmobiliario. Polo ben da illa si, porque ninguén sabe como podería estar o noso escaso terreo e amplísima paisaxe oxe..
ResponderEliminarChegou a censura ó blog? no post Think Tank hai entradas suprimidas, a qué é debido?
ResponderEliminarHome,eu non dijo que se censure,pero a aljun debianlle poñer un filtro pa que non contamine.
ResponderEliminar