Buscar neste blog

23 de feb. de 2008

Outra planeadora que arde

As augas submarinas do narcotráfico emerxen de cando en vez á superficie e fanse visibles a través de feitos como os desta mañá. Unha planeadora con tres motores fora borda apareceu queimada na praia de Espiñeiro. Parece ser que xa clarexaba o día cando aos presuntos narcotraficantes lles rompeu o remolque co que ían baixar ou subir a embarcación, e ante a imposibilidade de completar a manobra, decidiron prenderlle lume. (As fotos, en Carcamán X)

Os restos dun bidón de tabaco, na Area da Secada


O tráfico de drogas ten o seu antecedente no contrabando de tabaco, actividade que tivo o seu apoxeo nos anos 90, cando chegou a concibirse o termo “winston de batea”. Daquela, non era raro atopar paquetes de tabaco aboiando no mar ou descubrir almacéns soterrados nos montes e nas praias, que servían para agochar a mercadoría.

5 comentarios:

  1. Non sería a primeira ves que me encontro cunha planta de marihuana no medio do monte...

    ResponderEliminar
  2. Ola, Modesto, xa vexo que lle destes un bo repaso ao meu blog, alégrome de contar coa túa opinión
    (e coa de todos os visitantes)!

    ResponderEliminar
  3. Por certo, enhorabuena po lo blog. Esta moi ben.

    ResponderEliminar
  4. Gracias por volverme a facer publicidade do meu blog. CarcamanX

    ResponderEliminar
  5. Sorprendeume a cantidade de gasolina que aínda tiñan os depósitos da lancha, uns 2.000 lts. decían por alí... así é que máis de un veciño se dedicou durante o sábado a acarrexar garrafas cheas combustible...

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.