Publicacións

A insoportábel levedade do ser

Imaxe
[Manuel Suárez Nieto]  Os resultados electorais na Arousa foron 5-5-1. Agora tócalle aos concelleiros electos a través das súas correspondentes organizacións políticas conformar as maiorías para garantir un goberno estábel durante os próximos catro anos. De momento, non transcendeu máis alá dun 'quítate ti que me poño eu'. Por outro lado, totalmente normal en pleno proceso de negociación. En todo caso, ao meu entender, as forzas políticas da Arousa estanse comportando con madurez democrática e serenidade, o cal non está de máis recordar e recoñecer.

O Céltiga remata a tempada con boas sensacións

Imaxe
 O campo Salvador Otero [Susi Rial] O Céltiga comezaba a tempada 2010-2011 na categoría de Rexional Preferente co marcado obxectivo do ascenso a Terceira División. Pero as cousas non foron como se esperaba e, xa en xaneiro, o equipo que daquela adestraba José María Rial tiña moi difícil o ascenso. A directiva pediu entón, tanto ós xogadores coma ó corpo técnico, un cambio de actitude, pero en febreiro dimitía José María Rial alegando que o que precisaba o equipo eran aires novos. E algo de razón si que tivo, posto que tras o breve paso de “Carducho” polo banco arousán, a chegada de Manolo Núñez dou lugar ó esperado cambio. O Céltiga comezou a encadear vitorias, de tal maneira que chegou á última xornada da liga con opcións ó ascenso. Unha vitoria contra o Arousa, daríalle o pase para xogar o “play-off”, pero finalmente ambos os dous equipos empataron a dous goles. Agardaremos pois, á seguinte tempada, na que unha nova historia comezará a escribirse.

A asociación Dorna xa ten presidente provisional

Imaxe
O Faber, novo presidente da xunta xestora de Dorna [Redacción] Avelino Cores, máis coñecido como Faber, asumiu recentemente a presidencia provisional da asociación cultural Dorna, namentres a xunta xestora traballa na busca dun equipo directivo que desexe tomar as rendas da entidade. Neste período de transición, Cores proponse mellorar a comunicación cos socios e rescatar as artes escénicas para a programación da entidade, pero, ademais, deberá facer fronte a outros compromisos inmediatos, como a organización da Festa do Mexillón, prevista para a primeira fin de semana de agosto. O Faber é un bo coñecedor de Dorna, colectivo no que está implicado desde que era un rapaz. Con once anos, pertenceu ao extinto club xuvenil Os Bufos e con dezaseis xa era membro da xunta directiva de Dorna, encabezada daquela por José Manuel Cousido, “O Petote”.

Ugia Pedreira, fuxindo das présas na Arousa

Imaxe
[Redacción] Desde que a cantante Ugia Pedreira estableceu veciñanza na Arousa, a pegada emocional da illa déixase sentir de cando en cando na súa obra. No seu día, fixemos referencia á mención aparecida no seu Pasodobre Universal. E agora acabamos de coñecer o “concerto de peto” que gravou na Abilleira, acompañada do brasileiro Fred Martins. O tema que interpretan titúlase "De pressa a vida passa", mais a sensación que transmiten é máis ben de calma...

A Illa nos mapas antigos (III): o mapa de Nicolás de Fer

Imaxe
[Susi Rial] O último dos mapas que conforman esta serie é o mapa do cartógrafo e xeógrafo francés Nicolás De Fer, “Le Royaume de Galice”. De Fer (1646-1720) é continuador do traballo do seu pai, Antoine. Este mapa en concreto data do ano 1708.

Namorados doutros tempos

Imaxe
[María García] Facendo un pouco de memoria dos costumes e da forma de vida dos nosos antergos, podemos darnos conta da evolución da vida social na Illa, sobor de todo, a das mulleres. Recordemos, por exemplo, as relacións entre noivos de antes. A muller nunca tomaba a iniciativa, e de ningunha maneira entraba na casa do mozo; nin ó revés, el tampouco entraba na casa dela. Os encontros adoitaban ser de noite, no camiño, cerca da casa da moza ou mesmo á porta da casa. “Falan á porta” dicíase. Tendo en conta que os puntos de luz na rúa eran débiles e moi escasos, a cousa non pintaba mal. Cando se formalizaba o que podíamos chamar a petición de man, eran os pais do mozo os que ían á casa da moza a pedila. Entón, dicíase: “xa falan dentro”. Aquí xa podían entrar un na casa do outro, isto xa era para casar de inmediato. En moitas ocasións, o mozo marchaba para navegar e deixaba a moza pedida. Así, ela, na súa ausencia, non saía nin ó baile nin ó cine coas amigas, ata que el regresaba cuns...

Vaga de intentos de roubos na Illa

Imaxe
  A iniciativa veciñal evitou un roubo no Chufre [Susi Rial] O pasado mes de abril coñecemos a nova de que un grupo de veciños arousáns evitou o roubo de 400 euros que un xubilado afincado na Illa acababa de retirar dunha sucursal bancaria. A nova incluso tivo gran sona a nivel nacional a causa da sorprendente solidariedade veciñal. Dende entón, e en diversas zonas da Illa, viñéronse sucedendo casos similares, que afortunadamente quedaron en intentos de roubos. O patrón sempre é o mesmo: xente nova da Europa do Leste achégase ás persoas maiores e, con calquera escusa, trata de despistalas para poderlles arrincar as xoias ou outros obxectos de valor que nese momento leven enriba. Se ben cómpre tomar as medidas necesarias, non existe motivo para a alarma porque os frustrados ladróns non adoitan ser perigosos e as súas intencións adivíñanse facilmente.